CASTROS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DE LUGO)

A Idade do Ferro é unha das etapas máis emblemáticas e mellor estudadas da arqueoloxía galega, onde se documenta unha forma de asentamento que deu nome á coñecida como Cultura Castrexa, denominación que non aprace a todos por igual. Malia que se contan por milleiros (aquí achego 4.000), só pouco máis de medio cento foron escavados e estudados. É precisamente este período o que deu lugar á controvertida cuestión celta que, lonxe de aproximar os encontrados posicionamentos dos últimos tempos, semella agrandar as distancias entre os investigadores.

 
CASTROS DA PROVINCIA DE LUGO

ABADÍN
Abeledo e Curro do Castrexo (Abeledo); Pena (Aldixe); Baroncelle (Baroncelle); Os Castros (Candia); Castromaior (Castromaior); Os Castros e Castelo de Portela (Fanoi); Os Castros (Fraiás); Moncelos ou Monte das Cargas (Moncelos); Tarraxís (Os Tarraxís-Moncelos); Romariz (Romariz); Seivane (Seivane de Vilarente). 
Castro de Abeledo: Sobre o castro levantaron a igrexa.   
Castro de Baroncelle: Segundo a lenda foi construído polos mouros. 
Castelo de Portela: Había un castelo que pertenceu ao bispado de Mondoñedo. Hai quen sitúa aquí un altar de sacrificios prehistórico, disque celta. 
Castro de Castromaior: Di a lenda no castro hai soterrada unha igrexa. Segundo información achegada por Manuel Rivas Cortiñas, nos anos setenta do pasado século foi expoliado por mun mestre de Vilalba. Obsérvanse restos dunha fortaleza medieval; nunha rocha hai un "alquerque de tres". 
Castro de Moncelos: Segundo a lenda, atribúese a Santiago o nome do lugar canto dixo: "Este é o monte do ceo". 
Castro de Penas do Castro (Labrada): Manuel Rivas Cortiñas achegoume este topónimo onde, en principio, descoñezo se houbo un asentamento castrexo. Con independeza da súa existencia, o certo é que pola información achegada por Manuel o lugar semella moi interesante. Trátase dun promontorio rochoso onde se poden ver varias rochas graníticas con gravuras de pías e coviñas que, en principio, semellan feitas pola man do home. 
Castro de Tarraxís: A igrexa parroquial, do século XVI, asenta sobre o antigo asentamento castrexo. De forma ovalada, consérvase un potente foxo polo S-L. Ademais da igrexa, o xacemento está alterado por infraestruturas e polos terreos adicados a pasto e cultivo. 
Machado de Gontán de Abaixo: No ano 1871 apareceu un machado de tope; citado por Villamil que o inclúe no apartado de obxectos atopados en castros. 

 

ALFOZ 
Castro de Ouro (O Castro de Ouro); Carballido (Carballido); Bacoi, Coto de Montoxo e Lagoa (Lagoa); Coto da Croa (Pereiro); Santa Mariña (San Pedro de Mor).
Castro de Ouro: Dominando o val, ocupaba o lugar onde no século XV se levantou o castelo

 

ANTAS DE ULLA
Monxa (Amoexa); Outeiro (Outeiro de Amoexa-Amoexa); Seoane (Antas de Ulla); O Castro e Somoza (Areas); Aboi (Casa de Naia); O Pazo e Xerdimil (A Cervela); Pena Escachelada (Cibreiro); Morgade (Cutián); Os Carreiros (Dorra); Castro Redondo (Queixeiro); Edra (Casteda-Queixeiro); Martín (Reboredo); Vilasión (San Fiz de Amarante); San Martiño (San Martiño de Castro de Amarante); San Lucas (Santa Mariña de Castro de Amarante); Orela (O Castro-Santo Estevo do Castro de Amarante); Castrillón (Vilapoupre).
Castro dos Carreiros: Castro de tipoloxía agrícola estragado polas obras da estrada entre Antas e Monterroso e pola construción dunha casa. Presenta planta tirando a circular con parapeitos e terrapléns.  Segundo me contou a dona da casa que hai xunto o castro, apareceron restos cerámicos, "azulexos pintados" e un morteiro (que conserva). Nas escavacións de urxencia saíron á luz estruturas habitacionais de planta redonda. 
Castro de Santa Mariña: Sobre o castro levantaron a igrexa.


 

BALEIRA
Albaredo e Antiguallas (Córneas); Castrelo (Cubilledo); Pena dos Mouros (O Real de San Paio-Cubilledo); Degolada (A Degolada); Esperela, Valdería, Vilar e Vilasalle (A Esperela); Pena do Castro (Vilar de Adrios-A Fontaneira); Pereira (A Pereira-Librán); O Coroto (Martín); O Tesouro (A Cortevella-Martín); Airexe (Airexe-Pousada); Quintá (Pousada); Vilar (Vilar-Pousada); Os Castros (Retizós).
Castro de Albaredo: A simple vista no se constatan evidencias dun asentamento, mais si lendas de mouros e túneles que levan a outros castros.
Castro de Antiguallas: Ocupa a totalidade dun outeiro sobre os ríos Cabozo e Córneas. O espazo ocupacional está definido por unha croa achandada protexida por un terraplén que remata nun parapeito de pedra. A unha cota inferior ábrese hai unha terraza separada da croa por un terraplén e protexida a un tempo polo propio terraplén do castro. Completan o sistema defensivo un foxo, precedido dun parapeito, que circunda o xacemento. Na zona onde se localiza a entrada hai un segundo foxo separado do primeiro por un contrafoxo. Diante mesmo da entrada hai outro foxo e un parapeito.
Castro de Cubilledo: Non se conservan restos xa que a aldea ergueuse sobre o primitivo asentamento castrexo. Segundo a tradición había un burato onde vivían os mouros.
Castro de Degolada: Ocupa un esporón xistoso sobre o rego da Pasadiña. Parte do espazo ocupacional está aproveitado por muros de socalco. Na croa hai unha muralla tirando a circular que limita o espazo a xeito de torre. A croa estaba separada do resto por un foxo e un terraplén. Completan as defensas un foxo e un contrafoxo tras do que se levanta un terraplén que circunda todo o esporón, e o desnivel do terreo. 
Pena do Castro: Dun único recinto, ocupa a totalidade dun afloramento de cuarcita. A pena foi cortada e adaptada para gañar espazo e definir o perímetro do castro pasando a estar integrada na muralla pétrea que o defendía.
Castro de Pereira: Situado nun pequeno promontorio dende o que se divisa todo o val. Incluído, posiblemente, dentro dos castros denominados de tipoloxía agrícola. A pesares de estar totalmente cuberto pola matogueira, semella que ten unha planta elítptica cunha muralla de terra e pedras e un ancho foxo que o arrodea en todo o seu perímetro. O único veciño co que me atopei contoume que o castro fora expropiado, non recibindo o dono ningún tipo de indemnización. Díxome que antes da expropiación destacaba na paisaxe xa que o seu propietario o mantiña limpo de maleza.
Castro de Valdería: Ocupa un outeiro sobre o rego de Vilanova. Presenta unha cora achaiada tras da que se abre unha terraza inferior. O sistema defensivo consta de dous foxos con cadanseu contrafoxo e un terraplén. A croa está defendida por un parapeito.
Castro de Vilar: Xacemento en chaira defendido por un único recinto circular protexido por un parapeito. 


 

BARALLA
Pontón (Aranza); Os Castros (Quintela-Arroxo); Baralla (Baralla); Berselos (Berselos); As Croas (Gundián-Constantín); Traspena (Traspena-Covas); Vilasantán (Vilasantán-Covas); O Castro (Calvela-Ferreiros); Os Castros e Ferreiros (Ferreiros); Laxes (Laxes); O Castro (O Castro-Lebruxo); Igrexa (Igrexa-Lebruxo); Lebruxo (Lebruxo); O Castro de Lexo (O Castro de Lexo-Lexo); O Castro (Espiña-Pacios); As Croas, Lamas ou Mazaílle (Pacios); As Croas (Mazaílle-Pacios); O Castro (Pedrafita de Camporredondo); Vilachá (Vilachá-Pedrafita de Camporredondo); O Castro (Carballedo-Penarrubia); O Castro (Castrolanzán-Penarrubia); O Castro (A Pena-Penarrubia); A Cortiña da Igrexa (Piñeira); Pol (Pol); O Castro (Pousada); Recesende (Recesende); O Castro (A Condomiña-San Martiño de Neira de Rei); O Castro (San Martiño de Neira de Rei); San Miguel (San Miguel de Neira de Rei); Sixirei (Sixirei); As Croas (Santa Cruz-Sobrado de Picato); O Castro (Vale); O Castro (O Reguengo-Vilachambre); O Castro (Vilachambre); Os Castros (Santa Marta-Vilarpunteiro); A Mocha (Vilartelín).
Castro de A Condomiña: Apareceron restos de construcións, tégulas, cerámicas e moedas de ouro e prata de época romana.
Castro de Lexo: Vázquez Saco, no Boletín de la Comisión de Monumento de Lugo (1948), deu a coñecer unha lápida funeraria, custodiada no Museo de Lugo, cunha inscrición bastante deteriorada polo paso do tempo que logo reproduciron outros autores (Vázquez Seijas entre eles) que coinciden en presentar a súa lectura como moi problemática. Malia os atrancos, Nicandro Ares Vázquez, no Boletín do Museo Provincial de Lugo, di que pode tratarse dunha estela adicada polo pai dunha familia de escravos, provenientes dun castro, a tres nenos defuntos que levan nome latino. O nome do castro, Laedies, pode facer alusión ao Castro Laediense, quizais identificado co castro de Lexo. O castro érguese preto da aldea do Castro de Lexo, nun outeiro coñecido como Chao do Castelo. Segundo os máis vellos, no lugar había unha ermida, hoxe en día desaparecida.
Castro da Igrexa (Lebruxo): A igrexa parroquial ergueuse sobre o castro. Está protexido por unha muralla terreira na parte máis vulnerable e polo desnivel do terreo. 
Castro de Mazaílle: Coñecido tamén como das Croas ou de Lamas. Posúe un recinto circular defendido por unha muralla de terra e pedras e foxo. Apareceron restos cerámicos, muíños circulares de man e unha punta de lanza de bronce que o día 12 de marzo de 2017 documentamos os do Colectivo Patrimonio dos Ancares. 
Castro de Recesende: Documentado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares o día 20 de xuño de 2016.   
Castro de San Miguel: Sobre o primitivo asentamento castrexo levantouse un posible castelo e a igrexa románica. Moi humanizado pola devandita igrexa, o cemiterio, a casa reitoral e outras construcións. 
Castro de Sixirei: Na cara oeste do monte onde se levanta o castro abriuse unha canteira. Excelente comunicación visual co castro de Lexo. 
Castro de Sobrado: Situado nunha chaira, pertence á fase final da Cultura Castrexa. 
Castro de Vilasantán: Lindeiro co concello de Láncara e próximo ao regueiro do Cocho. 
Para saber máis sobre os castros de Baralla, pódese consultar o blogue do noso Colectivo Patrimonio dos Ancares: Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares. 

 

 

BARREIROS
Cabarcos, A Rilleira (Cabarcos); San Caetano ou Os Castros (Celeiro de Mariñaos); A Roda da Barrosa (Reinante); San Bartolo (San Cosme de Barreiros); Punta do Castro (San Miguel de Reinante); Punta do Castro (Sindín-San Pedro de Benquerencia); Os Castros (Vilamar-San Xusto de Cabarcos). 
A Roda (Reinante): Se inclúo aquí este xacemento é porque durante moitos anos estivo catalogado coma un castro. O sitio estaba mal localizado, descubríndose cando as escavadoras que traballaban na autostrada do Cantábrico no ano 2008 toparon cos seus muros. Presenta forma circular duns trinta metros de diámetro, con foxo e muro de pedra e con forma de túmulo. Durante as escavacións saíron á luz uns poucos anacos cerámicos de difícil datación, instrumentos líticos e unha moeda portuguesa do século XV e... nada máis. Segundo algúns veciños, foi utilizado como secadoiro de liño. Para máis información, ver a entrada Petroglifos da provincia de Lugo, onde tamén achego algúns xácigos da Idade do Bronce. 
Castro de San Bartolo: Situado nunha pequena península. Protexido por un foxo e un parapeito.     
Castro de San Caetano: Como consecuencia da tala e repoboación, houbo remocións de terra con maquinaria pesada que abriu numerosos furados nun sector do parapeito, feito que foi denunciado por Mariña Patrimonio. 
Castro da Rilleira: No mes de abril de 2017, Mariña Patrimonio e ADEGA presentaron unha denuncia polos danos ocasionados ao castro pola realización de traballos forestais con maquinaria pesada para a plantación de eucaliptos, afectando gravemente á croa, os foxos, o parapeito e a muralla pétrea, deixando á vista en superficie abundantes restos arqueolóxicos. Unha pista cortou o parapeito. Para algúns investigadores, o castro da Rilleira tería unha gran significacón histórica xa que sería o lugar onde asentaron os cibarcos citados por Plinio o Vello. O castro conta cun impresionante sistema defensivo, con tres foxos escavados na rocha. 
Punta do Castro (San Miguel de Reinante): Os golpes de mar e as ondas rompendo con forza conta a costa nos primeiros meses do ano 2016 estragaron parte dun muro.

 

 

 

BECERREÁ
O Castro (A Horta-Agüeira); O Castro (Becerreá); O Castelo, e Saa (Cadoalla); O Castro (Toldón de Baixo-Cascallá); Cereixal (O Cereixal); Os Castros (Vilar de Ousón-Cruzul); O Castro e Ferreiros (Ferreiros de Valboa); Fontarón (Fontarón); Casar ou O Castro, Fontes, A Serra e A Torre (Furco); O Castro (Guilfrei); Fonte do Lobo (Guillén); O Castro (A Golada-Liber); A Coroa, Montaña da Agra, Pico do Castro e Vilar de Frades (Ouselle); Castelmaría e Quintá (Quintá); O Castro (Donín-Sevane); O Castro ou Eixibrón (Tortes); Cantiz, Monel e Vilar de Cancelada (Vilachá); O Castrillón (Pumarín de Riba-Vilachá); O Castro (Casares-Vilaiz); Vilaiz (Vilaiz); O Castro e Cantíns (Vilamane); Vilouta de Abaixo e Vilouta de Riba (Vilouta).
O Castrillón (Pumarín): Documentado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares no mes de xuño de 2016.  
Os Castros (Vilar de Ousón): Duns 100 metros de diámetro, consérvanse restos das primitivas defensas. 
Castro de A Coroa: Hai quen sitúa en Ouselle, erradamente, o Ocellum Gallaicorum, a capital dos zoelas. 
Cova de Furco: Apareceu un puñal de entenas (López Cuevillas), mais non sabemos en que condicións. 
Cova dos Penedos (Furco): Atopouse un puñal de entenas de bronce, probablemente da primeira Idade do Ferro. 
Para máis información sobre os castros de Becerreá, consultar o meu blogue Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares. 

 

BEGONTE
Santalla (Bóveda); O Castro (O Castro); Tra do Castro (Tras do Castro-Donalbai); Raxal (Senande-Donalbai); Carpaceira (Carpaceira-Gaibor); FonfríaGaibor (Gaibor); Torre (Illán); Os Castros (Ponte Darriba-Pacios); Pacios (Pacios); Monte do Castro (Pena); Os Castros (San Martiño de Pacios); Eirexe e Trascastro (Santalla de Pena); Trobo (Trobo); O Castriño (Virís); Finca do Castro (Eirexe-Virís).
O Castro (O Castro): Unha igrexa ergueuse sobre o antigo asentamento castrexo.
Castro da Eirexe: A igrexa e o cemiteiro construíronse sobre o castro.
Castro de Illán: Situado xunto a igrexa parroquial. Apareceron algúns restos, entre eles un muíño de man. 

 

BÓVEDA 
Freituxe e Ramos (Freituxe); Bustelo e A Lomba (Martín); A Roda e Agrón (Rubián); Agroi (San Fiz); Sucastro (Ver); Vilalpape (Vilalpape); Vilarbuxán (Vilarbuxán).
Castro de A Roda: Sobre un outeiro. Presenta un recinto circular duns 60 metros de diámetro. Aos pés do recinto esténdese unha pequena superficie aterrazada a modo de antecastro duns 20 metros de lonxitude. Cara o norte un posible foxo dun cinco metros de ancho que transcorre paralelo ao recinto. Cara o leste obsérvase unha superficie aterrazada posiblemente vencellada ao castro, defendida por un cavorco. O interior está adicado a prado que se roturou e afectou ás estruturas. Un camiño, na actualidade cuberto por mesta matogueira, circunda case todo o perímetro da croa, aproveitando en ocasións o treito do foxo. Algúns accesos que presentan foron causados por maquinaria adicada ás tarefas agrícolas. Unha pequena canteira localízase na periferia norte do xacemento.
Castro de Freituxe: Localizado nun outeiro. Recinto tirando a circular con restos dun parapeito. A croa deféndea unha muralla terreira duns cinco metros de altura. Segundo referencias orais, tivo un muro de pedra que se derrubou. Sobre o xacemento medran xestas e carballos. Varios camiños circundan o recinto chegando a cortalo polo leste. Apareceu cerámica castrexa. Unha veciña contoume que aínda lembraba, cando era nena, como a xente ía ao mencer xunto o regato que discorre xunto o castro xa que era a hora de atopar pebidas de ouro. 
Sucastro: Situado sobre un outeiro, nas inmediacións da igrexa parroquial de Ver. Recinto circular duns 50 metros de diámetro, cun aterramento a xeito de antecastro rematado nunha muralla terreira que nalgún tramo acada os seis metros de altura. Cabe a posibilidade de que n pequeno cordón de terra que se levanta nos límites do antecastro sexan os restos dun parapeito que reforzase o poboado. Apareceu cerámica castrexa e muíños barquiformes.

 

BURELA 
Cabo Burela, Castelo, Chan do Castro (Cabo de Burela-Burela).
Castro do Cabo Burela: Castro costeiro que aproveitou un pequeno outeiro. O sistema defensivo está constituído por un parapeito que o circunda na súa totalidade. As rochas de granito, con pías naturais e algunhas coviñas artificiais, inzan o lugar.
O Castrelo: Moi alterado por vivendas e hortas, a única evidencia da súa existencia está na toponimia e no esporón sobre o que se ergueu.
Chan do Castro: Aprécianse restos do terraplén que o circundaba. Sobre a croa construíronse vivendas polo que está moi alterado.
Torque de Burela: Torque de ouro, datado entre os séculos III e II a.C., atopado no ano 1945 na Chan do Castro. É o de maiores dimensións dos atopados en Galiza. Tamén se atopou unha arracada de ouro. Ambas as pezas estiveron depositadas no Museo de Lugo ata o mes de outubro de 2013 dende o ano 1976, e que por un contenciosos coa Deputación Provincial volveu a mans dos herdeiros de Álvaro Gil Varela. No mes de xuño de 2014, a Deputación chegou a un acordo coa familia de Gil Varela para mercarlle, entre outras, esta peza.

 

CARBALLEDO   
Quintela (Aguada); Buciños e Trasar de Sabugueiro (Buciños); Morgade (Morgade-Carballedo); San Cristovo (Castro); Monte do Castro e Papelle (Cova); Rañadoiro (Furco); Vilar de Mulleres (Lobelle); Pena do Castro (Milleirós); A Touza (Oleiros); Quintá (Pradeda); San Romao e Roda (San Romao de Campos); Fente (Santa Cristina de Asma); Santa Mariña (Santa Mariña do Castro); Igrexa (Veascós); Vilaquinte (Vilaquinte). Toldavia. 
Castro de Carballedo: Situado na parte alta do val do Búbal, presenta un perfil cónico, está protexido de maneira natural e por dúas liñas de foxos e terrapléns.  
Castro da Igrexa (Veascós): Moi alterado pola igrexa, o cemiterio, unha pista asfaltada e terras de labor 
Castro de Morgade: Saíron á luz muíños de pedras labradas. Segundo a lenda hai un tesouro custodiado polos mouros.
Castro de A Roda: Forma circular. Alterado pola actividade agrícola. 
Castro de San Xoán: Preto do castro de Papelle. Impresionantes vista sobre o río Miño. Dise que unha gran serpe se ocultaba na chamada Cova da Serpe. Un día unha tecedeira de Vilaquinte que baixaba cara Papelle atopouse de fronte co réptil. Medoñenta e sen saber moi ben que facer, ocorréuselle tirarlle os novelos de la quedándose coas puntas na man. Morta de medo e como a serpe continuaba a avanzar cara ela, tirou dos fíos e afogouna. Outra lenda conta que un día que un veciño ía á feira atopouse cun descoñecido que o acompañou durante o traxecto; comeron xuntos e tamén volveron xuntos polo camiño. Pero o veciño viña algo temeroso xa que o misterioso acompañante non coñecera a ningún na feira, cousa rara, pero non se atrevía a dicírllelo. Tanto se ensimesmou, que cando se decatou o seu acompañante desaparecera. Ao chegar á casa contoullo á muller, contestándolle esta qeu de seguro era un mouro que habitaba no castro. (Fonte: Javier Gómez Vila).  
Castro de Santa Mariña: Alterado por un camiño de acceso, labores agrícolas e dúas construcións que se ergueron no interior do recinto. Protexido en gran parte polo desnivel do terreo, está arrodeado por un parapeito e foxo na parte máis vulnerable. 
Castro de Temes: Segundo a tradición, a igrexa de Santa María asenta sobre un primitivo poboado castrexo e sobre unha torre medieval. O lugar conserva varios elementos paleocristiáns, entre outros unha tampa en mármore dun sepulcro do século IV. 

 

CASTRO DE REI
Azúmara (A Azúmara); Rodela (Balmonte); Campo do Castro (Bazar); Mudia (A Mudia-Bazar); O Castro (Castro de Rei); Acó e Aló (Duarría); Lugar do Castro (Dumpín); Ameixende e A Croa de Goberno (Goberno); Croas da Rodela (Loentia); Ludrio (Ludrio); Outeiro (Outeiro); Piñeiros (Prevesos); Ramil (Ramil); Castrillón e Farola (Ribeiras de Lea); Abaixo, Arriba, Orizón e Reas do Castro (Santa Comba de Orizón); A Escrita e Santa Locaia (Santa Locaia); Triabá (Triabá); Castrelo e Viladonga (Viladonga).
Castro de Ameixende: Segundo a lenda foi construído polos mouros. 
O Castro: A aparición de muíños de man e outros restos apuntan a que no lugar onde se ergueu o desaparecido castelo había un asentamento castrexo. 
Castro de Duarría: Con muralla e foxo que circunda unha croa circular. Atopáronse uns auréos de época xulio-claudia (s. I d.C.). Segundo a lenda hai unhas covas con tesouros custodiadas polos mouros.  
Castro de Outeiro: Sobre o castro érguese a igrexa.   
Castro de Viladonga: Situado a 560 metros de altitude, domina o curso alto do río Miño e a Terra Chá. Trátase dun recinto case circular arrodeado por foxos, murallas e antecastros. A muralla, de terra duns dez metros de altura, ofrece na súa cara interior un muro formado por grandes laxes. O primeiro achado foi un torque de ouro, datado entre os séculos II-I a.C., atopado no ano 1911 por un labrego que o enganchou co arado. As escavacións iniciáronse no ano 1971 baixo a dirección de Chamoso Lamas descubríndose, ademais da muralla, construcións circulares, ovaladas e rectangulares adicadas a vivendas, almacéns, etc. Tamén saíu á luz outro torque. Ocupado dende o século II a.C., acadou a máxima importancia entre os séculos III e V d.C. Entre o 1982 e o 2004 dirixiu os traballos Felipe Arias Vilas. Foi neste tempo cando se creou o Museo do Castro (1983), distribuído en cinco salas: Medio Natural e Hábitat, Cultura Material 1, Cultura Material 2 e Crenzas, Sala de Información e Sala de Actos. Nunha gruta situada no antecastro medra unha especie de carriza cuxos filamentos reflecten unha luz verdosa. Segundo a lenda, habitáronno os mouros ata que foron expulsados polo Apósolo Santiago, non sen antes deixaren agochados fabulosos tesouros. Declarado Ben de Interese Cultural. 
Amor Meilán, na súa Geografía General del Reino de Galicia, e Vázquez Seijas en Lugo bajo el Imperio Romano, din que no municipio de Castro de Rei ha de buscarse o lendario Monte Medulio. Asegura Vázquez Seijas que cando en Castro de Ribeiras de Lea se levaron a cabo os desmontes para a construción do hospital psiquiátrico descubríronse enterrados e fosilizados algúns troncos de árbores de carballo e teixo. 

 

CASTROVERDE  
Barredo, Croa de Mouriz e Francelos (Barredo); Croa de Xivil (Bolaño); Cellán e Vilar (Cellán de Calvos); Marrondo (Covelas); Espasande (Espasande); Frairía (A Frairía); Furís, Croa do Monte Casiña e Pereiro (Furís); Goi (Goi); Masoucos (Masoucos); Agra do Foxo e A Croa (A Meda); Miranda (Miranda); Croa dos Mouros, Maxide e Sarceda (Montecubeiro); Paderne e Pallota (Paderne); Airexe e Arrubial (Páramo); A Croa (Pereiramá); Pumarega (A Pumarega); Rebordaos (Rebordaos); Recesende (Recesende); Riomol (Riomol); A Croa (Serés); Souto de Torres (Souto de Torres); Soutomerille (Soutomerille); Uriz (Uriz); Vilalle (Vilalle); Monte Castelo (Vilariño). 
Castro da Airexe: Sobre a croa levantouse a igrexa, o cemiterio e a casa reitoral. 
Castro de Arrubial: Recinto de planta elíptica defendida por un parapeito. 
Castro da Croa de Xivil: Dise que os mouros tiñan unha capela no castro.  
Castro de Furís: Preto está o coñecido como Castro da Casiña onde no ano 1978 apareceu unha cabeza granítica. 
Castro de Goi: Con coroa central arredondada, duns 70 metros de diámetro. Fortes noiros defensivos polo norte e leste. Polo leste apréciase un foxo duns 12 metros de ancho que arrodearía o castro. A entrada actual corta a defensa orixinal do xacemento; a entrada primitiva estaría polo N-L, onde se acusa unha valgada. Sobre o castro construíuse a igrexa e o cemiterio. Tamén están á vista tres sártegos antropomorfos, de dous adultos e un neno, posiblemente altomedievais. 
Castro de Masoucos: Presenta un só recinto de forma ovalada, defendido por un terraplén que nalgúns tramos acada os seis metros de altura, e foxo polo sur. A croa adicouse a cultivo. No recinto apareceron varios sártegos que foron reaproveitados nas reformas da tapia do adro da igrexa que se ergueu, xunto co cemiterio, na cara norte do castro. 
Castro de Maxide: Forma elíptica, cun recinto defendido por un foxo e un parapeito moi alterado. 
Castro de Paderne: Forma ovoidal, defendido por un terraplén perimetral. 
Castro de Pereiro: Planta circular defendido por un terraplén e un foxo ben conservado.  
Castro de Pumarega: Xunto o castro érguese a ermida de Santa Cristina. 
Castro de Soutomerille: Aprécianse foxos e parapeitos. Apareceron muíños de man e pedras talladas e pulimentadas que na actualidade se atopan no Museo da Fonsagrada. Un afloramento rochoso que hai no castro coñécese como "Os asentos dos Mouros". Hai un petroglifo con cazoletas. 
Castro de Uriz: Ovoidal. Domina un amplo territorio. 

 

 

CERVANTES
Castro de Santa María de Castro (O Castro); Cela (Cereixedo); Río de Cereixedo (Río de Cereixedo-Cereixedo); Teso do Castro (O Chao-Dorna); Vilartatín (A Ribeira); Croa de San Miguel (San Miguel-Vilarello); Pena Tallada (O Fabal-Vilasante). 
Teso do Castro: Situado na aldea de O Chao, na parroquia de Dorna, sobre o río Quindous. De forma ovalada, obsévanse dous parapeitos e un foxo. Dei con este castro o día 31 de marzo de 2013, aínda que sen catalogar chamoume a atención o topónimo de aí que visitara o lugar. 
Castro de Pena Tallada: Situado a 628 metros de altitude sobre o nivel do mar. O castro, con restos de murallas, foi cristianizado coa construción dunha capela posta baixo a advocación de Santa Catarina, imaxe logo trasladada ao Pazo do Fabal no ano 1726, ao seren derrubada a primitiva ermida. Recibe o nome por unha gran pena que se atopa nas inmediacións que presenta unha fenda de máis de quince metros. 
Santa María do Castro: Séculos I a.C.-II d.C. Orientado cara a explotación mineira de Roma. Presenta un recinto de forma ovalada que ocupa o cume dun outeiro. Pola parte máis vulnerable presenta muralla, parapeito e tres foxos. A maior parte das construcións situadas no interior son de planta redonda, separadas por pequenas rúas enlousadas e canles de desaugue entre as vivendas. No castro construíuse unha igrexa e un cemiterio o que provocou a alteración do asentamento dende a Idade Media. Proposto como Ben de Interese Cultural.
Para saber máis sobre os castros de Cervantes, pódese consultar o meu blogue Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares.

 

CERVO
O Cabo (O Castro-Castelo); Os Castros (A Rueta-Cervo); A Atalaia (San Cibrao); O Coído (xunto o Polígono Industrial-San Cibrao). 
Castro de A Atalaia: Logo dunha longa loita, a Asociación Mariña Patrimonio, xunto co apoio doutros colectivos, conseguiu paralizar a urbanización que se estaba a levantar sobre o castro costeiro (coa beizón do Concello de Cervo que sabía, o mesmo que o promotor, da existencia dun importante xacemento arqueolóxico), paralización que non evitou que quedara gravemente afectado. O castro conta cunha sauna (monumento con forno) que aínda conserva a falsa bóveda e o forno. Nas inmediacións atopouse tamén un petroglifo da Idade do Bronce. Recentemente (xullo de 2010), a Dirección Xeral do Patrimonio ordenou conservar os restos do castro, aclarando que a súa conservación é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban sobre esta área. No mes de outubro de 2014 visiteino de novo e continúa á espera a súa posta en valor.
O 29 de maio de 2010, a Asociación Mariña Patrimonio deu a coñecer o achado dun novo castro costeiro en San Cibrán, O Coído, nos terreos onde se levanta o Polígono Industrial cuxa ampliación danou 4000 metros cadrados do asentamento, afectando ao antecastro e destrozando dous parapeitos. No lugar apareceron restos cerámicos.
 

O CORGO 
Vigo (A Eirexe-O Alto); A Croa de Vilanova (Vilanova-O Alto); Anseán (Anseán); Agra dos Castros e Os Castros (Arxemil); Bergazo (xunto a igrexa de Bergazo); Castrillón (Castrillón); A Croa (Chamoso); Poboado do Castro ou Farnadeiros (Farnadeiros); Croa de Folgosa (Folgosa); Vilacorbe (Vilacorbe-Folgosa);O Barrio e O Noviño (Fonteita); Castrillón e Gomeán ou A Croa e As Croas (Gomeán); Novás, Ramil e Tras da Zorra (Laxosa); Maceda (Maceda); A Croa de San Cosme (Manán); Os Castros de Lence ou As Croas (Lence-Marei); A Cerdeiriña, A Grova e Reveirao (Vilanova-Paradela); Queizán (Queizán de Abaixo-Queizán); Mondín (San Bartolomeu de Chamoso); Margarida (Vilachá).
Castrillón: Practicamente circular, ten unhas medidas duns 375 metros de diámetro. Trátase dun castro agrícola, dun só recinto, protexido en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras, cun forte desnivel polo S-L. No interior, plantado de carballos, érguese a capela románica do San Bernabé en cuxo adro pódese ver un miliario anepígrado de época romana que fai as veces de altar exterior; xunto a porta hai unha pedra de granito adpatada como pía de auga bendita que puídos pertencer a unha ara ou un miliario. O castro está afectado parcialmente por unha estrada local polo oeste e un alpendre polo S-O. Todo o xacemento atópase limpo de matogueira. Bo estado de conservación. Cóntase que no castro habitaban os mouros, e que foi o propio San Bernabé quen os expulsou. E que dende o castro vai un túnel ata a horta do cura de Folgoso. Dise tamén que hai agochada unha hucha de ouro e outra de pólvora; se se escolle esta última estoupa. 
Castro da Agra dos Castros: Nun pequeno outeiro rochoso. Cuberto pola vexetación, non se observan restos de estruturas defensivas. 
Castro de Anseán: Totalmente alterado por terreos de pasto e cultivos.  
Castro de Bergazo: Situado no cumio dun pequeno outeiro de forma circular. Restos de muralla polo leste e sur, complementada por un foxo defensivo. Sobre el levantouse a igrexa e o cemiterio.  
Castro da Croa de Folgosa: Nun esporón. Presenta un recinto amurallado de boa altura. 
Castro da Croa de San Cosme: Forma oval cun único recinto. 
Castro da Croa de Vilanova: Situado nun outeiro por riba da aldea. Vese unha muralla perimetral.  
Castro de Farnadeiros: Situado nun outeiro a 443 metros de altitude. Presenta un recinto con muralla perimetral. 
Castro de Gomeán: Situado a poucos metros da N-VI, xunto a poboación de Gomeán. De forma case circular, presenta unhas medidas aproximadas de 90x80 metros. Trátase dun castro agrícola situado nunha chaira, protexido por unha muralla terreira e curtos terrapléns. O interior, antano utilizado para labores agrícolas, atópase plantado de árbores. Afectado na súa contorna por terras adicadas ao cultivo. Aceptable estado de conservación. 
Castro de Margarida: O día 19 de setembro de 2016 entereime de que este castro, moi evidente, non figura no Pxom do Corgo aprobado definitivamente no mes de maio do pasado ano polo que ao día seguinte comuniqueillo ao propio Concello e ao Servizo do Patrimonio Cultural. Trátase dun castro de chaira situado a unha altitude de 470 metros. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 120 x 90 metros, arrodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras que nalgúns tramos acada máis de dous metros de altura, arrodeada por un ancho foxo duns sete metros de ancho. Foi plantado con piñeiros e recentemente con eucaliptos o que lle produciu profundas gabias.  
Castro de Queizán: Nun outeiro. Recinto superior arrodeado por muralla e terrapléns. Polo leste está defendido por tres terrapléns concéntricos a xeito de terrazas. 
Catro de Ramil: No cumio dun outeiro que domina o río Chamoso. Presenta un recinto central de forma ovalada defendido por un terraplén. Antecastro por diante da entrada. 
Castro de Reveirao: Presenta un triple anel defensivo, reforzado con muralla e foxos intermedios. Próximo ao castro da Cerdeiriña.   
Castro de Tras da Zorra: Preenta un recinto oval defendido por unhamuralla). 
Os Castros (Arxemil): Consta dun recinto principal e unha terraza. Presenta un terraplén polo NL. 
Pés descalzos de Bergazo: Descubertos no ano 1951 no castro de Bergazo. Existen dúbidas canto á súa adscrición á Cultura Castrexa. 
Sobre os castros de Alto, Bergazo, Castrillón e Maceda construíronse igrexas.
 

 

 

 

COSPEITO 
O Castelo (Pumares-Arcillá); Os Castros (Bestar); O Pacio (Bexán); Pena do Castro (Cospeito); O Castro e Freires (Goá); Lamas (Lamas); San Vicente e Teixeiro (Pino); Vilar do Castro (Santa Cristina); Seixas (Vilasuso-Seixas); As Engrobias e Seixas (Seixas); San Paio (Sistaio); Torrillón (Támoga); Vilapene (xunto á igrexa-Vilapene); Alto do Castro (Xermar). 
Castro de San Paio: Sobre o castro hai unha capela. Dise que había uns bois de ouro enterrados, e no foxo unha cova dos mouros. 
Castro de Teixeiro: Situado a 531 metros de altitude, cun amplo dominio visual sobre a contorna. Practicamente circular, ten un diámetro duns 140 metros. Defendido en todo o seu perímetro por unha sucesión de foxo-parapeito-foxo-parapeito. 
Castro de O Torrillón: Sobre o castro levantouse a Torre de Támoga ou do Torrillón, destruída no século XV polos Irmandiños. 
Vilar do Castro: Castro de chaira. 
Torques de A Medorra (Pumares-Arcillá): Cinco torques de ouro dos que se desbota que pertenceran ao enxoval dunha mámoa; poden proceder do cercano castro do Castelo. Século II-I a.C. No Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.
 


 

CHANTADA 
Abeleda (A Grade); Arcos (Arcos); Argozón (Argozón); Bermún (Bermún); Brigos e San Sebastián (Brigos); Cabreiros (Camporramiro); Agros do Castro (Esmoriz); Fornas (Fornas); Quintela,  Vilaseco e Xoanín (A Laxe); Líncora (Líncora); Vigo (Mariz); San Amaro (Mato); Pumar (Merlán); Paderne (Muradelle); Nogueira (Lagariza-Nogueira de Miño); Candaz (Pedrafita); Airoá (Pesqueiras); O Pacio (Requeixo); San Fiz (San Fiz de Asma); Santa Uxía (Santa Uxía de Asma); Centulle (San Xurxo de Asma); Sitio do Castro e Vilaúxe (Vilaúxe). Arosa, Cancela do Castro, Coto de San Andrés, Mondín, Noxilde, A Ribada, A Roda.
Castro de Abeleda: Na Serra do Faro, lindeiro co concello de Carballedo. Apareceu un torque de ouro, custodiado no Museo de Pontevedra.
Castro Candaz: Asulagado polo encoro de Belesar, só se pode ver cando baixan as augas. Situado nunha pequena península delimitada polo río Miño e o seu afluente o regueiro Enviande.
Castro de Centulle: Sobre el ergueuse a ermida adicada á Nosa Señora de Fátima. Ao seu carón tamén se construíu un edicio e un depósito de auga. A croa estaba defendida por un terraplén e todo o seu perímetro, e restos dun parapeito cara o norte. 
Castro de Esmoriz: De difícil acceso pola mesta vexetación que o cubre. Aquí apareceu un torque de ouro que foi vendido en dúas metades a un anticuario. 
Castro de San Amaro: Hai unha ermida posta baixo a advocación do San Amaro.  
Castro de San Sebastián: A 745 metros de altitude sobre o nivel do mar. A comezos do século XX aínda conservaba restos da muralla pétrea, un foxo e un contrafoxo. Atopáronse muíños de man, escouras de ferro e dúas liminiñas de cobre.
 

 

FOLGOSO DO COUREL   
Monte Cido ou Torre de Cabreira (O Carbedo-Esperante); O Carbedo e Romeor (Esperante); Torre de Millares (Millares-Esperante); Castro do Lago ou Devesa do Rei (Esperante); Foz (Folgoso); O Santo (Eiriz-Folgoso); A Coroa ou Teso do Castro (Ferreiros de Arriba-Folgoso); Mogoxe (Ferreiros de Abaixo-Folgoso); Forcellas ou Fouciños (Folgoso); Fouciños e A Torre do Castro ou Sobredo (Sobredo-Folgoso); Aló Abaixo, Ferramulín e A Roda (Ferramulín-Hórreos); Cerca de Sucastro ou Cotorro do Castro (Miraz de Arriba-Meiraos); Miraz (Miraz de Abaixo-Meiraos); Santo Estevo (Meiraos); Miraz, Pena do Castro (Meiraos); Modorro das Torres ou Paderne (Paderne-Meiraos); Vilela (Vilela-Noceda); O Santiago (Noceda); Castrelín e Penas do Castro (Seceda); Chao da Balsa e Coroa do Castro (Ferrería- Seoane); Brío e Mercurín (Mercurín-Seoane); Igresario ou San Román e Parada (Parada-Seoane); Piñeira ou Couseliños (Piñeira-Seoane); Santo Estevo (Seoane); Pena do Castro (Vilamor); Portela (Castro Portela-Vilamor), Vilamor (Vilamor); Vilar (Vilar-Vilamor); Farria da Silveira (Rendar-Vilamor); Torexe e Santa Eufemia (Visuña).
Tabulae do Courel: Pacto de hospitalidade (acordo de amizade), atopado no ano 1959 na Torre de Cabreira (O Carbedo-Esperante), celebrado no ano 28 d.C. entre os Susarros, do castro Aiobaigiaeco, e os Lougei, do castellum de Toletum. Trátase dunha prancha enmarcada por columnas estriadas que soportan un frontón triangular no que asoma unha cabeza de guerreiro tocado cun helmo. Cómpre lembrar que non se deben confundir as tesserae coas tabulae, as primeiras son de pequeno tamaño e formas variadas (xabaril, peixe, mans entrenzadas...), mentres que as segundas teñen forma laminar e rectangular. 
Castro de Aló de Abaixo: situado nun esporón que domina un dos meandros do río Selmo. Consta dun só recinto relacionado directamente coa explotación aurífera que hai aos seus pés. Delimitado polo escarpe natural do terreo e pequenos muros de contención e por un foxo. Moi alterado. 
Castro de Brio: Con muros construídos con grandes bloques calcarios, delimitado polo norte cun gran corte case vertical e practicamente inaccesible.    
Castro de Carbedo: Situado nun promontorio calizo que domina o regato de Carbedo. sobre el contruíuse un castelo na Idade Media polo seu valor estratéxico. Moi alterado. 
Castro do Cotorro do Castro: Idade do Ferro e época romana. Moi alterado. Situado no Alto de Leguelas. De grandes dimensións, conta cun aterrazamento onde está a zona habitable. Moi alterado polo trazado de varias pistas.  
Castro de Farria da Silveira: Na parte baixa dunha ladeira, arrodeado por un meandro do río Lor, preto do límite co concello da Pobra do Brollón. Bastante alterado pola súa situación dentro da localidade de Rendar. Na súa cima hai unha capela. 
Castro de Ferramulín: Situado na parte baixa dunha ladeira do monte da gudiña, case ao nivel do río Selmo. Consta dun recinto moi transformado pola aldea de Ferramulín. Só se aprecia un parapeito pola parte norte. 
Castro de Folgoso: Situado na parte baixa dunha ladeira do Pico do Couto, entre dous regatos tributarios do Carballido. Está delimitado por un gran foxo realizado por medio de forza hidráulica e por talude artificial na súa parte máis baixa. Tras deste talude adósase ao recinto principal outro de maiores dimensións delimitado por outro talude onde salienta a presenza dunha estrutura a modo de gran muro que separa o recinto ao longo do seu eixo maior e a existencia dunha fonte.    
Castro de Forcellas ou Fouciños: Separado da ladeira e realizado mediante un profundo foxo que corta o esporón onde radica a través do cal transcorre o acceso. Fixéronse terrazas artificiais a fin de conseguir un espazo para a construción de vivendas. 
Castro de Foz: Idade do Ferro, época romana. Moi alterado. Fortificado mediante seis foxos e un muro cunha torre de grandes dimensións. Na zona habitable só se conservan restos de dous aterrazamentos. As pedras do castro foron reutilizadas na construción de albarizas. 
Castro do Igresario ou San Román: Situado nun suave esporón. Consta dun único recinto delimitado no seu contorno por un talude de terra acompañado en ocasións dunha parede de contención. Na súa cima construíuse unha capela da que non quedan restos.      
Castro de Miraz: Situado nun outeiro dende onde se domina o val do río Pequeno. Con murallas de grande altura. Parte da muralla foi cortada pola pista de Seoane a Paderne. Nel atopouse unha necrópole. 
Castro de Mogoxe: Situado nun pequeno outeiro moi marcado pola erosión do río Lor. Perfectamente delimitado polo propio talude natural do terreo realizado mediante un muro de retención visible en parte. Na superfice salienta o acondicionamento dun manancial para o abastecemento de auga.  
Castro do Monte Cido: Castro de máis de tres quilómetros de perímetro protexido por defensas naturaise e ao menos tres foxos. Xunto o primeiro foxo aínda se lembran os alicerces da coñecida como Torre da Cabreira. Hai un alxibe ou pozo de boca ovalada de 1,65 metros de diámetro e 2,20 de profundidade. A maior parte das construcións sitúanse na ladeira meridional onde se ven restos de muros. Na explanada da parte máis baixa do foxo central existe unha necrópole de inhumación na que se ven os restos de dúas sepulturas que foron saqueadas. No ano 1959 os veciños do Carbedo atoparon a coñecida Tessera Hospitalis e unha aguia de bronce dun estandarte romano. Hai quen sitúa aquí o mítico Monte Medulio.
Castro de Paderne: Nunha ladeira do mone. Consta de dous recintos principais. A parte alta é unha explanada reforzada por un foxo con forma lixeiramente romboidal. O segundo recinto ten un ensachamento a xeito de torre e un muro que corre dende esta ata a ladeira sur. 
Castro de Parada: Situado no val da Rogueira dende o que se domina o río Lor e o rego da Brancha. Defendido por un foxo e polo corte natural da pena.    
Castro Portela: Nun meandro do río Lor. Alterado pola aldea de Castro Portela, atópase na zona chaira dunha dorsal. Salienta a presenza dun gran muro de dous metros de espesor. 
Castro da Roda: Na parte baixa dunha ladeira a carón do río Selmo. Consta dun recinto delimitado por un talude natural que o separa do río.   
Castro de Romeor: Situado nun pequeno saínte do terreo, separado da ladeira polas obras hidráulicas dunha explotación mineira que actuaba como foxo. Detras do foxo presenta un forte parapeito. Domina a parte alta do río Romeor.  
Castro do Santo: Atópase na parte baixa dunha ladeira do Alto de Mergonciños, a unha altura de 250 metros sobre o nivel do río Lóuzara. A súa delimitación está relacionada coa explotación mineira. No sector oeste está delimitado por un foxo de considerables dimensións. Plo leste delimítase mediante un talude natural do terreo. O espazo habitable está baseado no sistema de aterrazamento.    
Castro de Seceda: Delimitado por foxos e parapeitos. A distribución do seu espazo habitable da lugar a cinco zonas diferentes e está baseado no sistema de aterrazamento.  Moi alterado. 
Castro do Santiago: Situado no final dunha ladeira que domina a confluenza dos regatos barxa e Arroxos. Sepárase da ladeira mediante un corte na pena por onde pasa un camiño. sobre el construíuse unha capela.   
Castro de Torexe: No Castastro de Ensenada dise que era o lugar onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca (Xuíz, Rexedor e Procurador).      
Castro de A Torre: Situado a uns trinta metros de altura sobre o terreo circundante, foi erixido cara o século III d.C. Para a súa construción foi preciso achandar o curuto pizarroso e levantar uns muros de contención. Conserva restos dunha torre de vixiancia e vivendas feitas con laxas de lousa, unha escaleira, un alxibe de dous metros de profundidade escavado na rocha e un foxo. Proposto como Ben de Interese Cultural.      
Castro de Vilar: Século IV a.C.-I d.C. Colgado literalmente sobre un meandro do Lor, a 100 metros sobre o río. Conserva parte das defensas e das vivendas que, aínda que de planta irregular tendente a circular, semella ter a orixe en época romana. Tivo varias reocupacións ata ben entrada a Idade Media. Defendido por tres foxos nas partes máis vulnerables, chama a atención unha muralla, a simple vista innecesaria, construída nun lugar que non precisa defensa. O seu estado de conservación é moi deficiente. 
Castro de Vilamor: Coñecido tamén como a Perna do Castro ou Sucastro, vinculado ao control da minería do ouro e das vías de acceso durante época romana. Posuía un complexo sistema defensivo con tres foxos consecutivos, e entre eles colocáronse pedras fincadas a modo de barreira defensiva. Os veciños contan que apareceu una pedra cons inscricións e debuxos, a xeito de mapa, e unha punta de frecha. Hai unha especie de cova asociada e lendas de mouros, coñecida como O Cuartiño dos Mouros. 
Castro de Vilela: Situado no extremo máis alto dunha dorsal que separa as augas do regato de Vilela e do regato da Barxa. Consta dun pequeno recinto ou antecastro e un recinto principal no que se distribúe o espazo en distintos niveis, cunha pequena explanada no seu cume e un segundo nivel de dimensións máis amplas que se adpata á morfoloxía do terreo. Delimitado por unha serie de foxos realizados mediante a forza hidráulica.       
Castro de Cova: Na entrada dunha cova caliza do concello (cuxa localización permanece agochada polo de agora) apareceron restos cerámicos, unha especie de caixiña de óso con gravuras xeométricas, unha fibela e restos cerámicos. Todo apunta a súa pertenza á Idade do Ferro, probablemente ao século II a.C. 
 

 

 

 

 

A FONSAGRADA 
Ferreirúas e Penas do Castro (A Allonca); O Castrín (Vilarello (A Allonca); Castrín, A Coroa de Baixo e A Coroa de Riba (Queixoiro-A Bastida); Xestoso (Xestoso de Riba-A Bastida); Castrón e Castro Vello (Sequeiro-Carballido); Os Castros (Carballido); Cereixido (Cereixido); O Castro (Souto-Cereixido); Cuíñas (Cuíñas); O Castro (Aldomán-Cuíñas); Arqueira (Arqueira-Cuíñas); O Castro (Fonfría); A Croa do Arco (Arco-Freixo); O Castrón e Durán (Carballoguidín-Freixo); Coroa do Castro (Ferreira-Freixo); Pereirúa (A Pereirúa-Freixo); Penas do Castro e Travesas (Freixo); O Castelo (Tronceda-Lamas de Campos); O Medio e Penas do Castro (Lamas de Campos); Monte da Croa (Castro-Lamas de Moreira); Castro do Medio (Formigueiro-Lamas de Moreira); A Coroa (Moreira-Lamas de Moreira); Engrovas de López (Seoane-Lamas de Moreira); O Castelón (Castañoso-Maderne); O Castro e Mina do Foxo (Liñares de Maderne-Maderne); O Castelo (Silvachá-Maderne); Castelo (Monteseiro); Leituego (Pacios); O Castro (Teixeira-Pacios); Chaín (Paradavella); O Castro (A Calzada-Paradavella); Pico dos Castros e O Tesouro (Castañosín-Piñeira); Goxe (Piñeira); Os Cotos e A Palloza da Cruz da Vella (A Pobra do Burón); Os Cotos (Milladoiro-A Pobra do Burón); Brancio (San Martiño de Arroxo); O Castro (Vilamaior-San Martiño de Arroxo); O Castro (Llencias-San Martiño de Suarna); Castelo (Vilarín de Riba-San Martiño de Suarna); Mazo das Lagúas (Lagúas-San Pedro de Neiro); Llán de Castro (Mazaeda-San Pedro de Neiro); A Coroa (Xestoso-San Pedro de Neiro); Antonia (San Pedro de Río); A Croa (Aguiar-San Pedro de Río); Castrín (Aguiar-San Pedro de Río); As Cancelas (Cancelas-Santo André de Logares); Cerdeira e Logares (Santo André de Logares); A Coroa do Castro (Trobo); O Castro (Noceda-O Trobo); A Croa (Vilaframil-O Trobo); O Castro (Vilar de Vela-O Trobo); Gallón (O Trobo); Castrillón e As Murolas (Louteiro-A Veiga de Logares); San Martiño (Robledo-A Veiga de Logares); San Martiño (Robledo-A Veiga de Logares); Romeán (A Veiga de Logares); Castelo (Vilardíaz-A Veiga de Logares); O Castro (Vilabol-Vilabol de Suarna); O Castro (Xegunde-Vilabol de Suarna); Espiñeira (O Castro de Espiñeira-Vilar de Cuíña). 
Castro de O Castelón ou Castañoso (Castañoso-Maderne): O castro está situado nun esporón formado polo regueiro do Val de Barreiro e o río Covas. Dispoñía de profundos foxos que o facían case inexpugnable, auns 500 metros de altitude sobre o nivel do mar.  
Sauna do castro de Castañoso: No mes de setembro de 2015 comezaron os traballos para preservar a estrutura abovedada, identificada cunha sauna, e os muros dalgunhas vivendas do castro. O achado dunha pía escavada na rocha completa a sauna, confirmándose que se trata dun espazo de uso comunitario, clave na vida social, posiblemente para cerimonias con vapor. No mes de decembro do 2011, MariñaPatrimonio xa denunciara o mal estado de conservación do forno. O Concello comprometeuse a habilitar unha ruta para poder ser visitado. 
O Castro de Xegunde: A 536 metros de altitude sobre o nivel do mar. Pódense apreciar restos de tres recintos separados por foxos. Hai autores que sitúan a súa antigüidade nos séculos X-IX a.C. 
Castro da Coroa (Moreira): Situado nun outeiro a 630 metros de altitude. Dende el dívísanse outros castros da contorna (Arroxo, Cuíñas, Cereixido, Brancio...). Relacionado cos castros da comarca oriental da Fronsagrada, tal e como o trestemuña un vaso de cerámica do s. I d.C. que amosa un grafito no que se inscrebe "os buroflavenses desexan sorte en abundancia aos de Ocela", que remite á Pobra do Burón e ao Chao de San Martín (Grandas de Salime-Asturias). Cunha croa de 75 metros de diámetro, o castro conserva restos da súas estruturas defensivas (foxos e parapeitos). 
Castro de Santo André de Logares: Presenta un recinto ovoidal. Polo NO, lambido polo río da Veiga, está defendido por terrapléns e o desnivel do terreo. Polo oeste aprécianse restos dun parapeito. Moi alterado pola igrexa parroquial, o cemiterio, camiño de acceso con muros de construción moderna e por casas no noroeste e norte do asentamento.
 

 

 

 

 

 

FOZ 
Punta dos Castros (Cangas); Fazouro (Punta do Castro-Fazouro); Llas (Praia de Llas-Foz); Carreiro e Marzán (Foz); Cú do Castro e Pena do Altar (Foz); As Engrobias, Lelle e Río (San Martiño de Mondoñedo); San Acisclo (San Acisclo do Valadouro); Coto da Croa (Santa Cilla do Valadouro). 
Castro de As Engrobias: ADEGA e MariñaPatrimonio denunciaron os posibles danos ocasionados pola tala do monte con eucaliptos onde se utilizou maquinaria pesada, efectuándose remocións nun sector do parapeito. 
Castro de Fazouro: Ocupado entre os séculos I e IV d.C. Está situado na Punta do Castro, unha pequena península. A parte peor defendida está protexida por un foxo escavado no itsmo que o une a terra e un parapeito. Na primeira escavación, levada a cabo na primeira metade dos anos sesenta do pasado século XX, saíron á luz nove construcións realizadas en cachotaría de xisto, a maioría de planta cadrada coas esquinas arredondadas con fogares e bancos corridos apegados aos muros. Parece que algunha vivenda puido ter unha segunda planta con escaleiras que conducirían ata ela. A construción dunha casa na península do castro supuxo a destrución dalgunhas estruturas. A última intervención arqueolóxica data do ano 1988. O grao de degradación semella imparable, a proximidade dunha praia, situada ao pé, fai que no verán aumente o risco de espolio. Proposto como Ben de Interese Cultural. 
Castro de Lelle: A raíz dunha tala de eucaliptos no ano 2012 saíron á luz varias estruturas do castro, entre outras os restos dunha muralla pétrea. O castro, inventariado, pode ser o de maior extensión do municipio. O Concello xa amosou a súa intención de chegar a un acordo co propietario do terreo para mercalo. 
Castro de Marzán: No Cú do Castro, na Punta de Marzán, atopouse un torque de ouro datado entre os séculos III-I a.C., custodiado no Museo de Lugo. 
Castro de San Acisclo: Citado por Villaamil y Castro no ano 1876, estaba sen inventariar. Foi redescuberto pola asociación MariñaPatrimonio. 
 

 

 

FRIOL 
Bra e Enxeito (Bra); Guntín (Carballo); Lagouzos e Silvarredonda (Cotá); Friol (Friol); Guldriz e A Rodela (Guldriz); Robellós (Guldriz); Seixalbo (Seixalbo-Guldriz); Lamas ou Castronela de Lanchón (Lamas); O Castriño (Lea); Monte Cotón (Madelos); Miraz (Miraz); Agro do Castro (Cima de Vila-Narla); Mandín (Nodar); A Castronela (Mazcarelle-Ousá); O Castelo (Prado); Carregal ou Rocha (Rocha); O Castro e Gudín (Roimil); Santalla (Santalla de Devesa); Castronelas (O Castro-San Martiño de Condes); Lobengo (Casa do Monte-San Martiño de Condes); O Castro, Macedo e Xul (San Martiño dos Condes); Seixón (xunto á igrexa de Seixón); Seoane (Seoane); Paradela (Monte do Carril-Serén); Silvela (Silvela); Agro do Castro (Trasmonte); Corbazal, Fondemera, Outeiro e Romá (Vilafiz); Costa de Lobios (Gonce-Vilafiz); Castrodá, Cerracín e Vilalvite (Vilalvite). 
Agro do Castro (Trasmonte): O recinto principal e as murallas foron plantadas con piñeiros e algúns eucaliptos utilizando maquinaria pesada para abrir as gabias.  
Castro da Castronela (Mazcarelle): No lugar coñecido como As Lamelas. Totalmente desfigurado por un camiño, plantacións forestais, etc.  
Castro de As Castronelas (San Martiño de Condes): Castro moi achandado polos labores agrícolas. Atopáronse muíños de man. 
Castro de Guldriz: Contase que ata mediados do século XX aínda se podían ver restos das vivendas e muros cuxas pedras foron reutilizadas para a construción de casas e valados. 
Castro de Narla: Citado por Blanco Freijeiro no 1956, ao falar dunha cabeza atopada nel. Atópase no lugar da Eirexe. Posúe un gran recinto principal de forma ovalada defendido por potentes murallas de terra e pedra.  
Cabeza de Narla: Antonio Blanco Freijeiro, no Caderno de Estudos Galegos (1956), achega unha cabeza que lle foi comunicada por Amable Veiga Arias, daquelas alumno da Facultade de Filosofía e Letras de Madrid. Di que o representado é, en rigor, unha cara adosada a un piar cilíndrico, reducindo o escultor os detalles do rostro ao mínimo: os ollos son cavidades relativamente profundas, un ancho suco por baixo do nariz (algo mutilado) serve para sinalar este e a boca, e a fronte é lixeiramente abombada; polos laterais e por baixo corre unha liña continua indicando o remate das queixadas. Abandona a tese das cabezas cortadas, inclinándose por representacións de deuses. Na actualidade descoñécese o seu paradoiro. Pouco máis se sabe, unha peza tan sinxela ben podería ser de época castrexa coma moi posterior, por saber nin se coñece cando apareceu nin onde.
 

 


 
 

 

GUITIRIZ 
Recimil (Becín); Abeleira, As Mezoiras e As Quenllas do Forno (O Buriz); Fontauro, e As Penas (Labrada); Margá (Margá-Labrada); A Torre (A Torre de Labrada-Labrada); Belote (Lagostelle); Cuíña (Mariz); Aurela (O Campizo-Mariz); Pedrafita (Pedrafita); Fraga do Pazo (O Pazo-Pígara); Quintán (Quintán-Roca); San Salvador (Vigo-San Salvador de Parga); O Candorco (O Candorco-Santa Cruz de Parga); Pedrasos (Ferreiros-Santa Cruz de Parga); Santo Estevo (Santo Estevo de Parga); Reixas (As Reixas-Os Vilares). 
Castro de Belote: Castro de planta case circular, con muralla e foxo. 
Castro Quenllas do Forno: Ten planta totalmente circular, con tres murallas e foxos. Bouza Brey e López Cuevillas din que no ano 1897 apareceu un machado de bronce, doado no 1926 á Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago por Santiago de la Iglesia. 
Castro de San Salvador (Vigo): Atopáronse varios anacos de recipientes cerámicos.
Castro de Santo Estevo de Parga: Sobre o castro edificouse un castelo, a igrexa románica, o cemiterio e varias vivendas. Totalmente alterado.
 

 

GUNTÍN DE PALLARES
Castelo Grande e Castelo Pequeno (Castelo de Pallares); Francos (Francos); Castro (Longalai-Ferroi); Grolos (Grolos); Guntín (Guntín); Lamela (Lamela); Cimadevila (Lousada); Alemparte (Pradeda); Picato (San Martiño de Picato-Monte de Meda); Mosteiro (lugar da igrexa-Mosteiro); Mougán (Mougán), Piñeiras (Piñeiras); San Mamede (San Mamede de Lousada); Rebordelo e Retorta (San Romao da Retorta); San Vicente (Vilamerelle); Amedo (Vilarmao), Zaide (Zaide-Zolle); Eirexe. 
Castro de Guntín: Na costa de Segade, a carón da N-540, por riba do núcleo de poboación. Está plantado de carballos. A croa está moi alterada por un depósito de auga. González Reboredo (1972) fala do achado dun vaso cerámico que estaba en posesión de D. Brulio García Zamorano, atopado por un labrego; tiña forma de tronco de cono invertido e lixeiramente abombado.     
Castro de Mosteiro: Situado preto da igrexa parroquial. A principios do mes de abril de 2014 localicei un morteiro que foi reaproveitado nunha vella casona, hoxe en día abandonada, proveniente do castro. Un veciño contoume que saíran á luz varias pezas, mesmo basas de columnas.
Castro do Picato: Atopáronse restos cerámicos e unha ara adicada á divindade romana Navia.
Castro da Retorta: Citado por Nicandro Ares Vázquez. Di que ao castro faise mención nun diploma do ano 1088. No ano 1089, a condesa Elvira doa á igrexa de Lugo as posesións que tiña in illo castro antiquo quod est inter Sancta Cruce et Sancto Romano. O castro aparece de novo en documentos dos anos 1123, 1130 e 1167. 
 

O INCIO 
Santalla (Santalla-Bardaos); Castelo (Castelo-Castelo de Somoza); Castragude (Castragude-A Cervela); Cervela (A Cervela); Agro do Castro (As Cortellas-Eirexalba); Roda do Castro (Goo); O Castro (Hospital); A Pena da Roda (O Incio); O Castro (Noceda); Santa Icía (Pacios); Lebón (Reboiro); A Roda (Romariz-Rendar); Tras da Aira (Airexe-Rendar); Novelín (Novelín-Rendar); Rubián (Rubián de Cima); San Pedro (San Pedro de Incio); San Romao (Vilaverde-San Romao do Mao); Os Castros (Cereixido-San Salvador do Mao); O Castro (Valbón-San Salvador do Mao); A Roda do Castro (Castro de Arriba-Santa María do Mao); Monte dos Castros (Sirgueiros); Agra do Castro e O Igrexario (Sirgueiros); Toldaos (Prado de Covas-Toldaos); Toldaos (Toldaos); Igrexario (Santalla-Trascastro); A Roda (Vilarxoán); Belesar (Vilasouto); Bermún e Santa Cristina (O Viso). 
Agro do Castro (As Cortellas): Situado nun outeiro alongado. Posúe unhas medidas de 60 por 20 metros. Ten dous recintos defendidos por foxos e parapeitos.     
Castro de Bermún: Situado sobre un pequeno outeiro de forma ovalada, cun recinto moi ben definido. Ocupado pola aldea de Bermún, con dúas casas no cume. Estaba protexido por un terraplén en todo o seu perímetro. 
Castro do Castelo: Alterado pola actividade agrícola. A principios do século XX apareceron no seu interior unhas pranchas de ouro e un torque. Tamén están documentados fragmentos cerámicos, muíños circulares e machados de pedra puída. 
Castro de Castragude: Mal estado de conservación. Escavacións furtivas. Consta dun recinto de forma eliptica coñecido como A Roda Alta que se atopa arrodeado por unha terraza que que recibe o nome da Roda Baixa. Defendido por parapeitos e terrapléns. Apareceron restos cerámicos, escouras de ferro e un muíño de man. Romanizado. 
Castro de Goo ou Roda do Castro: Alterado. Situado no alto do monte, a uns 700 metros de altura. Ten unhas medidas aproximadas de 42 metros de diámetro. Recinto case circular con dobre parapeito e foxo. Segundo a lenda había un burato na croa que levaba a un tesouro que foi agochado nunhas olas de barro. 
Castro do Igrexario: Moi alterado. Formado por un recinto central e varias terrazas anexas. Ten unhas dimensións de 75 por 50 metros. 
Castro de Lebón: Nun pequeno outeiro entre o río Mao e o rego do Castro. Consta dun recinto principal de forma ovalada. Apareceron fragmentos cerámicos. 
Castro de Noceda: Dun só recinto de forma case circular. As defensas redúcense a un terraplén. Sobre el edificouse a igrexa e o cemiterio.     
Castro de Rendar: Ten uns 100 metros de diámetro, está protexido por un triple foxo. Apareceu un depósito de machados de talón que foi expoliado. No ano 1934 saíron á luz un torque e dous brazaletes de ouro. 
Castro de Santa Cristina do Viso: Levántase sobre un outeiro situado a 565 metros de altitude, encaixado entre os montes circundantes. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 70 por 45 metros, cunha acrópole de 40 por 20 metros. As fortes pendentes cara os ríos Mao e Nenalba que o arrodean polo norte e polo sur actuaban como defensas naturais. Sobre a croa edificouse a igrexa de orixe románica, o cemiterio e o Centro Social; o resto tamén está moi alterado por outras construcións. Atopáronse restos cerámicos, vidros e moedas de época romana. Boa comunicación visual cos castros da Roda de Romariz e de Goo. Segundo a tradición, aquí houbo un castelo en época altomedieval, producíndose un enfrontamento entre as tropas de Afonso II e o musulmán Mahamud.    
Castro de Santa Icía: Lindeiro co concello de Sarria. Ocupa unha chaira na cima dun monte con encostas pouco pronunciadas. Adicado a labradío e plantación de árbores. Posúe un recinto de forma ovalada, protexido polo oeste por un parapeito, e un terraplén en todo o seu perímetro. 
Castro de Valbón: Documenteino o día 18 de xaneiro de 2017, grazas a un veciño da parroquia de San Salvador do Mao. Chamoume a atención que non estivera catalogado xa que é un castro de manual. Presenta unha planta de forma ovalada, defendido por fortes pendentes sobre o río Mao polo nor-leste. O resto do recinto estaba protexido por unha muralla de terra e pedras que nalgúns tramos acada unha altura de tres metros. Segundo a lenda, estivo habitado polos mouros e hai soterradas xoias de ouro. O achado comuniqueillo ao Concello do Incio e ao Servizo do Patrimonio Cultural. (Ver Apéndice: Un castro non catalogado no Incio).  
Castro de Vilarxoán: Alterado polos labores agrícolas. Situado sobre un esporón montañoso entre dous regueiros. Vense algúns restos dos muros da acrópole. Romanizado. Conta a lenda que as mouras saían do castro a estender as sabas que lavaban no río; os que as vían quedaban cativados pola súa beleza ata rematar soterrados.       
Asentamento de Tras da Aira: Segundo o inventario da Xunta de Galicia, nos anos trinta do pasado século XX atopáronse un torque de ouro de sección cuadrangular traballado a martelo e de factura tosca con remates en forma de botón, cun peso de 112 gramos, dous brazais de factura semellante ao torque cun peso de 28 e 23 gramos respectivamente, un machado puído de basalto, muíños de man e anacos cerámicos, ademais dunha construción identificada coma un silo que, a pesares de teren percorrido o lugar en máis dunha ocasión e ter falado cos veciños, non fomos quen de localizar. O lugar atópase bastante alterado por construcións modernas e terreos adicados ao cultivo. Creo que a súa orixe pode estar a finais do Bronce ou inicios do Ferro.
 

 


 

 

LÁNCARA
Armea de Arriba e Leirado (Armea); Monte (Bande); Trascastro (Carracedo); Castrodelo, A Eirexe, Suaxe (Cedrón); Galegos (Galegos); Lagos (Santalla-Lagos); As Croas (A Lama); A Croa e Láncara (Láncara); Cairedo (Monseiro); Monte do Castro (A Agriña-Muro); A Croa, A Airexe (Muro); Airexe (Neira de Cabaleiros); Croa do Castro (Pobra de San Xiao); Diante do Castro, Río e Viládiga (Río); Rañoá (O Barrio-Ronfe); Castelo Vello (Ronfe); Agro do Castro (Seador-Ronfe); Aixor, Cova, Crescón e Gradín (Toirán); Mouro e San Xoán (A Airexe-Toldaos); Seteventos (Toldaos); Croa de Mourillón (Toubille); Tallón (Trasliste); O Castro (Vigo-Trasliste); Vilaesteva (Vilaesteva); A Ermida (Vilaleo); Monte das Penas, Penela (O Curral de Abaixo-Vilarello); Cabezais e O Pacio (Vilouzán). 
O Castro (Toirán): A 640 metros de altitude sobre o nivel do mar, sitúase nunha chaira xunto a estrada local que comunica a aldea de Asteiro e a igrexa parroquial de Toirán, de orixe románica. Prácticamente circular (100x100 metros). Presenta un só recinto arrodeado en todo o seu perímetro por un parapeito terreiro de pouca altura. A entrada estaría polo norte. Moi humanizado, tanto o interior como a contorna etán adicados a labores agrícolas. Próximo ao castro de Gradín. 
Castro de Gradín: Unha capela, posta baixo a advocación da Virxe do Rosario, érguese sobre o castro. No verán de 2014 atopamos tégula en abundancia. 
Castro de Muro: Xunto a poboación de Muro, moi preto da estrada local. Situado a 526 metros de altitude sobre o nivel do mar. Cun só recinto circular, ten unhas medidas aproximadas duns 375 metros de diámetro. Trátase dun castro agrícola protexido por un parapeito que polo interior acada unha altura de pouco máis dun metro, afectada parcialmente por un camiño e polos terreos de cultivo que hai ao seu redor. O interior foi utilizado para labores agrícolas. En bo estado de conservación.
Castro de Trasliste: Situado sobre un pequeno altorelo, a forte alteración ocasionada polos labores agrícolas ao longo dos anos apenas permite adiviñar a súa forma. Conserva parte dun parapeito que, ademais do desnivel do terreo, constituía as súas defensas.
 

 

 

 

LOURENZÁ
Santa Mariña (Lourenzá); Monte da Trinidade, lindeiro coa parroquia de Vilamor, en Mondoñedo e Tacón (Lourenzá); Os Castros (Bouza da Viña-San Xurxo de Lourenzá); Flores (Maroxo-San Xurxo de Lourenzá); As Estocas, San Xurxo (San Lourenzo-San Xurxo de Lourenzá); Santo Adrao (Santo Adrao de Lourenzá); Santo Tomé (Santo Tomé de Lourenzá).
Castro das Estocas: Ademais de xa estaren alterado polos labores agrícolas, foi utilizado como canteira.
Castro de Santo Adrao de Lourenzá: Érguese por riba da aldea e da igrexa parroquial. 
 

LUGO 
Castrillón e Cortiñas de Castro (Adai); Bacurín (Bacurín); Bazar (Bazar); Benade (Benade); Cabanas ou Corvazal, O Recanto, Santa Olaia e Valín (Bóveda); Canedo, Os Castros e Poutomillos (O Burgo); Calde (Calde); Carballido (Carballido); Madanela (Santa María Madanela-Coeses); Valente (Coeses); Gondar e A Pallota (Gondar); Labio (Labio); Agra dos Castros (Marcelle-Lugo); Albeiros (Lugo); Castelo (Mazoi); Meilán e Milleirós (Meilán); Muxa (Muxa); Ombreiro (Ombreiro); Orbazai e Penarrubia (Orbazai); Vilaverde (Outeiro de Camoiras); Alto do Castro e Astrar (Pedreda); Pías (Pías); Barrela e A Croa (Piúgos); Agro do Castro (Prógalo); O Castro (Monte Castrillón-Ribas de Miño); O Castro (Recimil); Rubiás (Rubiás); Cunca do Castro (O Tellado-Romeán); Alfonsín (Saa); Piñeiro (San Martiño de Piñeiro); Taboeiro (San Pedro de Mera); Santa Cristina (San Román); Alto (San Xoán de Alto); As Baradas, Nadela (San Xoán de Pena); Locai, Marcoi e Matelo (Santa María de Alta); O Castro (Santalla de Bóveda de Mera); Carballal (Soñar); Falez (Teixeiro); Rebordaos (O Veral); Cotón (Albazoi-Vilachá de Mera). 
Castro Alfonsín: Apareceu unha figura togada.
Agra dos Castros: Mal chamado da Piringalla. Situado na zona máis alta da ladeira delimitada polos ríos Miño e Rato. Descuberto a raíz das obras de abastecemento de auga da cidade de Lugo. Documéntanse varias etapas de ocupación, a máis antiga da fase final da Idade do Ferro, con foxos, parapeitos e elementos habitacionais. As etapas seguintes son xa de época romana coa aparición de tégulas, un denario de Tiberio, vidros, fichas de xogos, unha lucerna, muíños circulares e obxectos de bronce e ferro. 
Arracada da Agra dos Castros: Atopada no ano 2007 cando as obras de acometida de augas á cidade de Lugo. De tipo "penanular" é de ouro e pesa 1,1 gramos. 
Castro de Bacurín: Presenta un recinto de forma semicircular, bastante desfigurado por varias construcións. Atopáronse muíños de man e fragmentos de tégula e ladrillos de época romana. Nas súas proximidades sitúase un cipo granítico correspondente a un miliario relacionado coa Vía XIX. 
Castro das Baradas: Castro practicamente arrasado. Cando as obras da estrada entre Nadela e Monforte fixéronse unhas escavacións de urxencia. 
Castro de Cabanas: Presenta un recinto principal de forma circular defendido por un parapeito; polo SO hai un antecastro destruído parcialmente por unha estrada. Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas. 
Castro de Calde: Presenta un recinto principal de forma lixeiramente ovalada, defendido cun parapeito con dobre foxo. Un antecastro polo leste que actúa como acceso ao recinto principal. O acceso complétase mediante unha entrada resgardada  por dous posíbeis torreóns. 
Castro de Canedo: Presenta un só recinto de forma elíptica defendido en toda a súa contorna por un terraplén e restos dun parapeito. 
Castrillón (Adai): Presenta un pequeno recinto circular arrodeado por un foxo e unha muralla terreira situado nunha ladeira. Algúns investigadores falan dun castro agrícola, outros dun posto militar romano vencellado ás vías de comunicación. 
Castro de Corvazal: Coñecido tamén como do Recanto e de Cabanas. Escavado por García Lomas no ano 1989, constatouse a ausencia de estruturas arquitectónicas no interior, só quedou constancia dun muro de habitación próximo ao parapeito realizado con terra entre lenzos de pedra. Apareceron restos cerámicos, tégula, unha bassa de columna, moldes de fundición, unha torta de ouro e muíños circulares. Datado no século I d.C. No castro existe unha lenda asociada a unha fonte (en realidade un bebedoiro para o gando) que fala dunha galiña e duns pitos que custodian un tesouro. Tamén se di, aínda que non existen evidencias, que o complexo de Santalla de Bóveda se comunica con este castro por un túnel e unha canle de auga.   
Castro de Penarrubia: Ten a orixe no século VI a.C. Monteagudo cita un machado de talón truncado atopado no castro. 
Castro de Prógalo: Castro agrícola configurado por un único recinto de forma circular defendido por un parapeito de terra, terraplén e un pequeno foxo. 
Castro de Taboeiro: Presenta un recinto principal de forma ovalada defendido por un terraplén con parapeito e foxo. Ten un pequeno antecastro con terraplén e restos dun foxo. 
Castro de Valín: Presenta un recinto circular defendido por un parapeito; tamén se ve un antecastro defendido por un terraplén. 
O nome de Lugo: Segundo algunhas hipóteses, Lugo debe o nome a unha divindade de filiación céltica, pode que asimilable ao Mercurio romano, que é Lug que encaixa co nome de Lucus que significa bosque sagrado. 
 

 

 

 

 

 

 

MEIRA 
Paredes, Piñeiro e San Martiño de Sua (Meira); Cortello da Vella (Leiras-Meira); Pumarín (Seixosmil).  
Castro de Pumarín: Situado nun pequeno outeiro, bordéao o reogo do Porto da Pena. Defendido por foxos e parapeitos. Na croa vense varios muros modernos divisorios de fincas, cuxas pedras foron reaproveitadas do propio asentamento. 
 

MONDOÑEDO 
Coto do Castro ou Cerrallón do Castro e Coto das Covelas (Castro-Argomoso); Castelo do Monte da Arca (Argomoso); Couboeira e Monte Lourido (Monte Lourido-A Couboeira); Os Castros e Coto da Campá (A Couboeira); Casa dos Castros (Penamoura-A Couboeira); Croa de Figueiras ou Croa de San Pedro (Figueiras); Lindín ou As Cárcabas (Lindín); Ardilleiros, Os Castros, Outeiro e A Penela (Masma); Alto dos Castros ou Penelas (limita os concellos de Lourenzá e Mondoñedo-Masma); Casa dos Castros (Marquide-Masma); Os Castros, Estelo, Coto da Recadieira, Croa de Zoñán e O Valiño (Os Remedios); Santo Tomé (Estelo-Os Remedios); Sasdónigas (O Chao da Aldea-Sasdónigas); A Valiña (San Vicente de Trigás); Trigás (San Vicente de Trigás); A Valiña (A Valiña-San Vicente de Trigás); O Castelo ou A Croa, O Castro, Curros, Ferreira de Oural, Xan da Mariña (Santa María a Maior); Os Castros (Ferreira-Santa María a Maior); Castelos (Viloalle); Os Castros (Guillade-Vilamor); San Pedro da Torre e O Souto (Vilamor); A Trinidade (Chao do Val-Vilamor); Os Castelos (Viloalle); Mestas. 
Os Castelos (Viloalle): Aínda que hai que o identifica cun asentamento neolítico, non se atoparon restos deste período. Francisco Mayán, que o estudou a mediados do século XX, di que se trata dun asentamento castrexo; localizou restos cerámicos e de metais aínda que hai dúbidas canto á súa adscrición cronolóxica. Non falta quen sitúe aquí un asentamento medieval. 
Castro do Castelo do Monte da Arca: Foi descrito por Villa-Amil y Castro no seu libro Los castros y mámoas de Galicia (1876). Di que no Monte da Arca existía a que denominaban Medorra da Moura, situada na croa e defendida por un triple parapeito. No mes de marzo de 2016 denunciouse que foi arrasado por maquinaria pesada para unha plantación de eucaliptos. 
Castro de Masma: Apareceron dous torques, dúas arracadas e dúas láminas de ouro, datadas entre os séculos IV-II a.C., foron atopadas no ano 1873. 
Castro da Recadieira: Apareceron tres torques, atopados a finais do século XIX, datados entre os séculos IV-I a.C. Custodiados no Museo de Lugo. No castro está a Pena do Unto que, segundo a lenda, os mouros facían sacrificios enrriba dela. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), di que aquí había un altar druídico.  
Castro de Estelo: Apareceu un machado de talón. 
Os Castros (A Couboeira): Atopouse un puñal de antenas. 
Castro Coto da Campá: Apareceu un machado. 
Coto do Castro (Argomoso): Moi humanizado, apenas se observan restos. Apareceron moedas de bronce da época do emperador romano Adriano. 
Castro da Couboeira: Situado nunha planicie a media montaña. Non se observan estruturas. Apareceu un puñal de antenas. 
Castro de Ferreira de Oural: Castro de planta ovalada atravesado por unha pista. 
Castro da Croa de San Pedro: Moi humanizado, non se observan restos do primitivo asentamento. 
Castro da Croa de Zoñán: As primeiras escavacións remóntanse ao último terzo do século XIX da man de Villaamil y Castro. Sería no último terzo do século XX cando o cronista oficial de Mondoñedo, Francisco Mayán, prospecte o asentamento coa realización dun plano topográfico e o descubrimento dun machado de talón e aneis fracturado, traballo que publicou na súa Historia de Mondoñedo no ano 1994. Dende o ano 2002 estanse a facer os traballos de escavación que xa sacaron á luz varias estruturas habitacionais, ademais de abundante e valioso material. Segundo a lenda, nel vivían os mouros que agochaban grandes tesouros.
Castro de Lindín: Posúe un recinto oval de 300 por 200 metros con parapeito e foxo que arrodea todo o perímetro. 
Os Castelos (Viloalle): Aínda que se asocia a un xacemento medieval, F. Mayán Fernández, en La Prehistoria. El hombre primitivo (1957) di que é anterior. Apareceron puntas de lanza de ferro e frgamentos de cerámica indíxena.       
Castro de Outeiro (Masma): Atopáronse varios obxectos de ouro. 
Castro de San Pedro da Torre: Próximo á capela de San Pedro, nunha penichaira nas estribacións do monte de Padornelo.   
Cerrallón do Castro: Amplo dominio sobre o val. De forma ovalada, cunhas medidas de 375 por 150 metros. Atopouse unha moeda do emperador Adriano. Preto documéntase o topónimo O Castro do Sol onde non se aprecia ningún asentamento. 
 


 

MONFORTE DE LEMOS 
Baamorto e Cinsa (Baamorto); Caneda (Caneda); Riaño (A Lomba-Chao de Fabeiro); Cabo ou A Coroa (Chavaga); Babela e O Castro (Distriz); Figueira, Mourindá, Rodela de Forroedo e Vilamaior (Fiolleda); Feixóo (Ferreira-Marcelle); Marcelle e A Reguenga (Marcelle); San Vicente (Monforte); Castelo de Paderne e Castriño da Ciudá ou de Moreda (Moreda); Nocedas (As Nocedas); O Castro (A Parte); Penela (A Penela); Castelo Pequeno, Castelo Grande e Cornado (Reigada); Rozavales (Rozavales); O Eivedo (San Xillao de Tor); Tor (Tor); Susao (Sindrán); A Vide (A Vide); Pena da Mura (Cimadevila-Vilamarín). 
Castro de Babela: Facilmente localizable nun outeiro situado a man dereita da estrada en dirección a Ourense. Agás algunhas catas efectuadas hai algúns anos nas que se atoparon restos cerámicos e un machado, hoxe en día desaparecido, nunca se tentou poñer en valor o xacemento. O castro confórmase a partir dun recinto duns 70 m de diámetro reforzado por un treito de parapeito de cascallo duns dous metros de altura nalgunha das súas partes. Ten un antecastro aterrazado. No interior e nas faldras do castro cultívanse videiras o que provoucou que fora roturado e, polo tanto, se rebaixara o solo orixinal. Canto ao machado citado, tiña a base en lingüeta simple e os lados apuntados rectos; Pérez y Parga refire que foi localizado no castro de Babela ou nas súas proximidades, como así figura no corpus de análise no ano 1968; máis Delibes e Rodríguez cítano como atopado na Bastida (A Estrada?). 
Castro de Caneda: Forma oval constituída por unha plataforma circundada por un terraplén. Ten unhas dimensións de 180 por 145 metros.  
O Castelo Grande: De forma tirando a ovalada, presenta unha estrutura integrada por unha plataforma superior arrodeada por un terraplén e circundado por unha suave pendente. Érguese preto do Castelo Pequeno. 
O Castelo Pequeno: Nun outeiro que se levanta na parte baixa e chá do Val de Lemos. Nos terzos NO e SE presenta dúas pequenas elevacións amesetadas que se erguen sobre dous cavorcos de pouca altura. Pola súa localización (controla o acceso leste a Monforte)  e máis o seu carácter amesetado pode tratarse tamén dunha vixía de adscrición romana ou medieval. Apareceron restos cerámicos en superficie de época medieval. Moi alterado por diferentes actuacións ao longo dos anos e por unhas naves industriais. 
O Castro (A Parte): Álzase sobre un penedío que se alza no extremo dunha lomba que arrinca dun cordal para asomarse ao canón do río Cabe. Está defendido en case todo o seu perímetro por un abrupto penedío que cae cara o leste sobre o Cabe. Só presenta defensas artificiais no seu lado sur, que é o menos protexido polo relevo, consistentes nunha muralla hoxe en día practicamente arrasada, e ao oeste, onde un cavorco corta o acceso dende a faldra, coroado por unha murallla case derruída. Nalgúns cortes do terreo modernas aprécianse restos de estruturas de pedra.  Moi alterado por torretas eléctricas e un camiño. 
Castro do Cornado: Ovalado cun recinto circundado por unha muralla, agás polo norte, e un aterrazamento. Fronte o castro, na beira oposta do río Cabe, sobre un outeiro rochoso, está o lugar coñecido co evocador nome de Penas das Mouras. Ten unhas dimensións de 140 por 125 metros. 
Castro da Coroa ou Chavaga: Presenta unha planta ovoidal cunhas medidas aproximadas de 170 por 140 metros. Conformado por unha estrutura con dúas plataformas excéntricas entre si circundadas por cadanseu terraplén. Situado nas inmediacións da igrexa parroquial. Aparece citado nun documento do ano 572 como límite do Comitatus Paramiensis: "castrum de Zabaga". 
Castro da Ciudá: Conformado por unha plataforma e un terraplén, presenta unha planta practicamente circular cunhas medidas aproximadas de 60 metros de diámetro. Inzado por árbores e pola matogueira, está afectado por camiños e outras obras. 
Castro do Eivedo: Sobre un esporón montañoso flanqueado polo regueiro Eivedo. Ten unhas medidas aproximadas de 190 metros no eixo máis longo e 150 no menor. Presenta unha plataforma superior circundada por unha sucesión de muralla, aterrazamento, muralla e terraplén. Polo norleste aprécianse tres liñas de murallas con dous foxos intermedios. Apareceron tégulas, ladrillos, unha ánfora e moedas de época romana. 
Castro Feixóo: Presenta un recinto de forma semicircular delimitado por un afloramento rochoso e por unha muralla. Evidencias dun foxo. Ten unhas medidas aproximadas de 135 por 100 metros.  
Castro de Fiolleda: Pode que un documento do ano 572 faga alusión a un castro de Fiolleda: "Fenoli castrum".  
Castro da Parte: Estrutura formada por unha plataforma oval circundada por un terraplén. As súas dimensións son duns 80 por 65 metros. 
Castro da Pena da Moura: Un único recinto de duns 70 por 50 metros delimitado por unha muralla e dous foxos. Romanizado.   
Castro da Penela: De forma irregular, circundado por un terraplén.  
Castro da Reguenga: De forma oval, delimitado por unha sucesión de murallas, foxo, e muralla e terraplén. Ten unhas dimensións de 145 por 130 metros. 
Castro de Riaño: Localizado sobre un outeiro no remate dunha lomba unida a relevos superiores por unha forca. Ten unhas dimensións de 150 por 120 metros. Artéllase en torno a unha croa duns 80 metros de diámetro. Aos pés do cavorco desenvólvese unha superficie aterrazada que asenta sobre o terreo natural. Baixo esta terraza, polo sur, obsérvase unha pequena superficie aterrazada que pode coincidir co acceso orixinal. Polo nordés apréciase un pequeno antecastro. Sobre o extremo SL da croas pódense apreciar restos dun parapeito, na actualidade moi rebaixado. Apareceu cerámica castrexa e ocre. Nun emprzamento destacado que domina o norte do Val de Lemos. Construíuse unha capela adicada a Santa Euxea. O día 19 de marzo de 2016 achegámos ata o castro para buscar a ermida pero non a atopamos, se ben no Chao do Fabeiro confirmáronnos que hai uns corenta anos aínda conservaba a porta. Un veciño díxonos que el máis un seu irmán, cando eran mozos, foron co can ata o castro para buscar o cobil dun zorro; cando o atoparon puxéronse a sacar a terra, eles cuns paus, o can coas patas, mais, de súpeto, o chan afundiuse, salvándose por pouco de caer nun enorme pozo; tiraron pedras dentro, comprobando que aínda tardaban un bo rato en bater co fondo; contounos que na croa había un túnel que ía ata o río Cabe por onde pasaban os mouros para levar a beber aos cabalos.    
Castro de Rozavales: Pequeno recinto cunha plataforma circundada por un terraplén.   
Castro de San Vicenzo: Descuberto no ano 2007 no monte de San Vicenzo do Pino, emblemático lugar da cidade de Monforte, que acolle o mosteiro bieito, a igrexa e os restos do castelo dos condes de Lemos onde salienta a Torre da Homenaxe. O achado do castro pode confirmar o que ata o de agora só era unha hipótese: Que esteamos diante do lendario castro Dactonio, capital do pobo dos Lemavos. O día 19 de marzo de 2016, un veciño do Chao do Fabeiro contoume que cando fixeron o ambulatorio descubriron un túnel que, disque, ía dar á cima do monte de San Vicenzo. 
Castro de Susao: Sen catalogar. Documentámolo o día 19 de novembro de 2016 grazas á información duns veciños. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 120 por 85 metros. Defendido por terrapléns, o desnivel do terreo e un foxo pola parte máis vulnerable. Contáronnos que dende o Monte da Medorra (onde documentamos unha mámoa e os primeiros petroglifos do concello) parte un túnel por onde os mouros baixaban ata o castro e o río dos Covos.  (Ver Apéndice: Mámoa, petroglifos e castro inéditos en Monforte). 
Castro da Vide: De forma tendente a ovalada, cunhas dimensións de 100 por 90 metros. O perímetro está arrodeado por un terraplén. No recinto hai unha torre de alta tensión. 
Castro de Vilamaior: Un único recinto de grandes dimensións que semella conservar os restos dun ancho foxo na parte norte e muralla na sur.   
No Museo de los Caminos de Astorga hai un epígrafe que reza: "Fabia Eburi f(ilia) Lemava C(invertido) Eritaeco a(nnorum) XL; Urius Caessi f(ilius) Lemavos C(invertido) eodem an(norum) hic s(iti) s(sunt); Caesius". Como se pregunta don Nicandro Ares: En que parte da Terra de Lemos estaba ese castro Eritaeco citado no epitáfico?
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MONTERROSO 
Agro do Castro ou Moreira (A Moreira-Bidouredo); Leira do Bispo, Leira do Millo e Trasmuro (O Bispo); Castriño ou Graña (A Graña-Fente); Ferreiros (Os Ferreiros); A Castronera e Predios da Escrita (Fufín); Lardeiros, Ligonde e Pena do Convento (Ligonde); Lodoso (Lodoso); Cercio (O Castro-Novelúa); Naval do Castro ou Novelúa (Novelúa); Leira das Cortellas, O Monelo e Outeiro de San Cristovo (San Cristovo-Pedraza); Vacaloura (Penas); Salgueiros (Salgueiros); Cotela e Cova da Xea (San Breixo); A Croa, O Penedo e Satrexas (Satrexas); Xirigas (Sirgal); Goimil, Santa Mariña e Sucastro (Sucastro); Pena da Forca (Tarrío); San Pedro (Vilanova); Ansar (Viloide). 
Agro do Castro: Hai unha lenda coñecida como O Encanto da Moreira que di que no castro hai unha trabe de alcatrán que é de lume, outra negruzca pero branda, e outra de ouro que se alguén ousa tocalas prenden lume. 
Castro Cercio: É o mellor conservado do municipio. Obsérvase nidiamente a muralla de terra e pedras arrodeada por un foxo en todo o seu perímetro. 
Castro da Cotela: De pequenas dimensións, a simple vista non se aprecia ningún tipo de defensa artificial. Segundo a lenda, no castro habitaban as meigas que cando se as perseguía voaban cara o Sucastro. 
Castro de Ligonde: Coñecido como Os castros de Ligonde xa que está dividido por unha gran muralla describindo un percorrido case semicircular e a distintos niveis. Tamén o denominan Castro dos Mouros. Segundo a lenda, nel habita unha moura moi fermosa que garda uns pitos que se alguén vai a collelos desaparecen. 
Castro de Novelúa: Aprécianse restos das murallas a ras do chan, as pedras foron reaproveitadas para pechar as fincas. Atopáronse anacos de muíños circulares.   
Castro de Salgueiros: É o castro situado a máis altura de todo o concello. Ten dous antecastros unidos á croa. Está rodeado por unha muralla de terra e pizarra circundada por tres foxos. Segundo a lenda, o apóstolo Santiago expulsou aos mouros do castro. 
Castro de Satrexas: Presenta un recinto amurallado de terra e pedras e un terraplén. Nas inmediacións, no lugar coñecido como Caracacho, atopouse unha peza granítica que semella un porco.
Castro de Sirgal: O castro ergueuse sobre un outeiro rochoso onde logo se construíu un castelo en época medieval. Uns veciños contáronme que dende o castro baixaba un túnel cara o río para que os cabalos baixara a beber. Tamén me dixeron que as pedras das fortaleza foron utilizadas na construción da Torre de Penas e na Casa Grande de Monterroso. Ao pé do monte hai unha pía, posiblemente unha tumba antropomorfa (situada xunto unha capela hoxe en día desaparecida cuxas pedras, disque, foron reutilizadas na construción da igrexa actual) que sempre estaba chea de auga e que era utilizada polas mozas na Noite de San Xoán para botarlle flores e lavarse coa auga aromática á mañá seguinte.
Sucastro: Sobre o castro ergueuse a igrexa románica. 
 

MURAS 
O Castro (A Balsa); Fraga do Castro (O Burgo); O Castro (Muras); Campa da Forca e Castrosol (Silán); Silán (A Torre-Silán); Campo da Feira, Castrillón, Susana e A Picheira (Viveiró).
O Castro (Muras): Segundo a tradición neste pequeno outeiro houbo un castro e un castelo medieval cuxa cisterna comunicaba co río Eume. Domínase os núcleos do Burgo e Muras. 
Castro da Torre: Presenta un antecastro duns 100x80 metros e unha croa ben definida duns 40 metros de diámetro.

NAVIA DE SUARNA 
O Castro (Mera-Barcia); Vilares (Os Vilares-Barcia); O Cantón (Cabanela); O Castro (As Ferreirúas-Cabanela); O Castelo e Coea (Castañedo); Folgueiras (Folgueiras); Teso do Castro (Galegos); Moía (Moía); Legua (Marcelín-Mosteiro); Coedo (Mosteiro); Embernallas (Embernallas); O Castro (Larxentes-Muñís); Penamil (Penamil); Pin (Pin de Arriba-Pin); O Castro (Vilagoncide-Pin); Corola do Castro (Liñares-Queizán); Aigas e Meda (Rao); Penedo do Castro (Savane); As Casas do Río (As Casas do Río); O Castro (Robledo de Son-Son); Vilela (Vilela-Son); Os Castros (Virigo-Vilarpandín). 
Murias: No mes de agosto de 2011, cando visitei a Pena de Murias para ver unha explotación mineira de época romana, un veciño faloume do achado de restos cerámicos e de muíños circulares. En efecto, nunha casa da aldea puiden ver restos de muíños e fragmentos doutras pezas atopadas nos lugares coñecidos como O Treitoiro e As Pereiras, posibles asentamentos prerromanos logo reutilizados polos propios romanos. 
Para saber máis sobre os castros de Navia de Suarna, pódese consultar o meu blogue Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares. 
 

 

 

NEGUEIRA DE MUÑIZ    
O Castro e O Castriño (A Gamalleira-Negueira); Carballín (O Carballín-Ouviaño).
Para ver toda a información, pódese consultar o meu blogue Patrimonio Cultural do Concello de Negueira de Muñiz. 
 

 

 

AS NOGAIS 
Castelo (Noceda); A Chousa do Castro (As Cabanas-Nullán); O Castro ou A Coroa e Sinllán (Nullán); O Castro (Quintá); A Croa (Vilabol-Quintá); Fonte do Cando (Santo André); Santo André (Santo André); Monte do Castro, Torés e Vilaesteba (Torés); Lameira dos Mouros.
Para saber máis sobre os castros das Nogais, pódese consultar o meu blogue Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares. 
 

 

 

OUROL 
Penagateira (Bravos); O Porcallo e Viladóniga (Merille); Chao dos Castros, preto de Pena Luísa (Pedrafita-Miñotos); Chao dos Castros, Medorras de Miñotos e Pedrafita (Miñotos); O Carrusco e Paredes (O Sisto); Castrilló, O Goio e Vilachá (Xerdiz). 
Castro do Carrusco: Situado nun outeiro de forte pendente. Presenta forma circular e chan no cume. 
Castro do Goio: Sobre o castro érguese a capela de Santa Apolonia, do século XVI. 
 

OUTEIRO DE REI 
Arcos (Arcos); Aspai (Aspai); O Pazo de Santa Comba (Santa Comba-Aspai); A Engrovia (Caboi), Candai (Candai); Castelo, Tras os Castros (Castelo de Rei); A Madorra dos Castros (Quintián-Cela); Castelo de Ferreiro (Francos); Guillar (Guillar); Tourón (Guillar); As Croas e San Paio (Parada); O Castro da Medorra (O Castro-San Fiz de Paz), Montemaior e Picos do Castelo (San Fiz de Paz); Castelo de Picato (San Lourenzo de Aguiar); Agro de Paradela (San Tomé de Gaioso); Os Castros de Gaioso (Santiago de Gaioso); Riazón (Riazón-Sobrada de Aguiar); Sobrada (Gabín-Sobrada de Aguiar); Vicinte (Vicinte); Vilanova (Vilela Grande-Vilela).   
Castelo do Picato: Cóntase que no castro vivía xente encantada pola soberbia dos pais; dispoñían de lareiras con guindais de ouro. 
San Fiz de Paz: En Riazón atopouse un muíño de man completo pero fragmentado, aparentemente fóra de contexto arqueolóxico.    
Penas das Rodas: Trátase de dúas enormes penas graníticas en forma de esfera. Segundo algúns investigadores, a sua creación, ao contrarío do que se cría, débese á man do home e terían relación cun lugar de culto que marcaría o inicio dos solsticios. Ao parecer, no solsticio de verán, dende unha grade de pedra que se conserva, o sol sitúase xusto entre os bolos. As penas utilizaríanse como estación astronómica para a predición de datas do ciclo agrícola. Seguindo a liña recta que dende este punto marca o sol, chégase ata a Pena do Mouro, no concello limítrofe de Begonte, formada por tres enormes piares de seis metros de alto sobre o que asenta unha pedra en forma de ril.    
Vicinte: Consérvase un morteiro castrexo (Información e foto de Brais Rodríguez Romero).
 

 

PALAS DE REI  
Albá (Albá); O Castro (Ambreixo); Camoira, Aurela ou Ourelas (Cebral-Augas Santas); San Xurxo (Augas Santas); Carballal (O Carballal); Carteire (Pallares-Carteire); Gontá (Coence); Cuíña (Cuíña); A Mámoa e Fontecuberta (Ferreira do Negral); Remonde (Filgueira); Sucastro (Lestedo); Castrillós (Maceda); Marzá (preto da igrexa parroquial-Marzá); Merlán (Merlán); Remonde (Remonde); As Seixas (O Castro de Seixas-Merlán); O Castro (Moredo); Groudin (Ribeira); Camiño (San Xiao do Camiño); Repostería (San Xusto de Repostería); A Aurela, Galeira e San Vicente (Ulloa); Vilar do Monte (entre as parroquias de Meixide e Quindimil); Monte do Castro.  
O Carballal: Segundo Bouza Brey e Florentino Cuevillas, en Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza, atopouse un machado plano de cobre de talón cóncavo e lados rectos. Tamén Maciñeira fixo referencia ao achado. 
Castro Ourelas ou Aurela: Aproveita unha elevación do terreo que apenas supera os 600 metros pero que destaca respecto da súa contorna. A croa está formada por un recinto elíptico moi monumental, franqueada por dous parapeitos que a circundan.
Castelo de Pambre: Segundo información publicada por La Voz de Galicia o día 30 de xaneiro de 2014, recollida de culturagalega.org, as obras de rehabilitación do castelo están supoñendo unha auténtica surpresa para o equipo responsable da reforma. Na capela do castelo, un espazo que sempre resultou un enigma pola súa ubicación fóra da fortaleza, apareceron materiais de época tardoantiga e sueva. Tamén se atoparon materiais de época castrexa e galaicorromana (cerámica, moedas e un puñal de antenas). 
Castro de Remonde: Situado nun outeiro a 460 metros de altitude, na marxe dereita do río Pambre. De forma redondeada, ten unhas medidas aproximadas de 100 x 80 metros. Posible antecastro. Os traballos dirixidos por Antón Malde no ano 2015 sacaron á luz un posible alxibe. Os terreos foron adquiridos pola fundación Eira Xoana, de Adega.  
Castro de Repostería: No castro apareceu unha pulseira de prata, exposta no Museo Provincial de Lugo. 
 

PANTÓN 
Aúde (Cangas); Castillón e A Xesteira (Castillón); O Castro ou Castro dos Mouros (Guítara-Eiré); Santa Mariña (Eiré); Torre do Castro (Espasantes); Ferreira (A Torre-Ferreira de Pantón); Castrelo de Paderne (Moreda); Bornogueiras (Pantón); Bazal, O Regueiro e Vilamirón (Pombeiro); Guende e O Castro (Guende-San Fiz de Cangas); A Cova de Ouro (San Fiz de Cangas); Amedo (Toiriz); Sitio dos Castros (Toldaos); Vilamelle (Vilamelle); Amboade e Marce (Vilar de Ortelle). 
Castro de Castillón: Sobre un pequeno outeiro localizado no treito medio dunha lomba que arrinca dun cordal para asomarse ao Val de Lemos, do que se ten unha ampla panorámica. Consta dun recinto oval defendido en parte por un parapeito que vai dos dous aos seis metros de altura. Polo nordés, onde o parapeito se rebaixa, desenvólvese unha superfice aterrazada a xeito de antecastro de ata dez metros de ancho, que ascende ata case chegar ao nivel do recinto central ao leste. Polo sur esténdese, a un nivel inferior, unha terraza que arrinca en forma de rampa un posible acceso paralelo ás defensas que polo SL chega ata o nivel da croa. Nas inmediacións descubriuse unha vila romana escavada no Arias Vilas, entre as igrexas de San Vicenzo e Santiago. Di a lenda que os mouros colgaban a roupa para secar ao sol. 
Castro de Guende: Sobre un outeiro localizado nunha lomba que arrinca do Monte de San Paio. Cofórmase a partires dun recinto central circular de bo tamaño. Unha superficie aterrazada esténdese aos pés. Apréciase un posible acceso á croa en forma de rampa que ascende en paralelo ás defensas. Un potente foxo no arco SO-NO, cunha profundidade duns seis metros e unhan anchura de ata quince metros. No interior da croa vese unha importante acumulación de pedras que, ao menos en apariencia, non forman estrutura algunha. Unha estrada que discorre polo exterior estragou parte dun foxo. En xeral presenta un bo estado de conservación. 
Castro de Ferreira: Forma circular. Apenas quedan restos das súas defensas que desapareceron ao facer muros das fincas. Dise que hai enterrado un tesouro custodiado polos mouros, e que estes adoitaban acodir á feira da localidade. 
Castro de Guítara ou Castro dos Mouros: Situado no treito medio da faldra do monte Sampaio, de escasa pendente. É de destacar que o castro non aprovitase para o seu emprazamento ningún accidente do terreo debido a que se desenvolve sobre unha superfice lisa, aínda que en pendente, da faldra. Resulta visible a certa distancia e articúlase en torno a un recinto circular duns 60 metros de diámetro defendido por un parapeito perimetral que acada os tres metros de altura, seguido dun foxo duns cinco metros de ancho e dun novo parapeito. O conxunto está protexido en todo o seu perímetro por un último foxo. Debido ao seu emprazamento, o xacemento presenta unhas notables defensas. Guítara, segundo a Historia Sagrada dos PP. Flórez e Risco (1747), é citada coa forma castrum Quitar, como límite do Comitatus Paramiensis. Di a lenda que se comunicaba co castro de Santa Mariña mediante un camiño subterráneo, e que ambos os castros estaban unidos baixo terra por unha cadea de ouro.; a cadea era tan fina nalgúns tramos que os carros rozábanna ao pasar. Outra lenda conta que un veciño de Eiré, axudado por un libro, gruiou a un grupo de veciños ata o castro; Alí fixeron algunha escavación, mentres uns escavaban, outros lían o libre para alonxar o demo. 
Castro de Marce: O lugar é coñecido como Pena do Castelo ou O Castro. Segundo  Castro López, apareceron tellas, ladrillos e muíños de man. Sobre o castro construíuse unha fortaleza na Alta Idade Media coñecida como Castellum Minei (ver a entrada adicada aos castelos) cuxas evidencias de ocupación dataríanse entre os séculos IV e VI. Está emprazado nun esporón rochoso que controlaba o paso do río Miño. Este tipo de fortificacións alto medievais deben relacionarse principalmente con puntos de control territorial por parte de elites supralocalis da Galicia tardorromana-sueva. Próximo á fervenza de Augacaída. 
 

 

 

PARADELA
Aldosende (Aldosende); A Croa de Barán (Barán); Mosteirovello e San Mamede (Castro); Cortes (As Cortes); Delle e Ferreiros (Ferreiros); Francos e Guimarás (Francos); Castrelo e Moimentos (A Laxe); Croa do Toural e Paradela (Paradela); Croa de San Martiño (San Martiño de Castro); Rosende (San Vicente de Paradela); Santa Cristina (Santa Cristina). 
Castro da Croa de Barán: Dado a coñecer por Vázquez Seijas no ano 1933. Entre os anos 1991 e 1993 realizáronse tres intervencións baixo a dirección de Antonio Álvarez Núñez. Situado nun outeiro, presenta croa, foxo e aterrazamentos. Atopáronse, ademais das cabezas citadas a continuación, unha lousa con gravados, unha fíbula, moedas, etc. O día 23 de febreiro de 2013, nunha visita que fixen ao castro, contabilicei, ao menos, unha ducia lugares escavados furtivamente o que continúa a amosar o nulo respecto que para algunhas persoas se ten polo noso patrimonio.
Castro de Cortes: Castro de planta elíptica dun só recinto.
Castro de San Mamede: Segundo Vázquez Seijas atopáronse unhas sepulturas formadas por catro pedras chantadas verticalmente no chan ao rebaixar o terreo do camiño da igrexa a principios do século XX.
Castro de San Martiño: Segundo Vázquez Seijas (1943), os veciños atoparon evidencias de estruturas, unha sepultura de lousas grandes co esqueleto completo, un anaco de cadea e o posible pé dunha copa. 
Cabezas de Barán: Atopadas por Vázquez Seijas, están depositadas no Museo Provincial de Lugo dende o ano 1932. 
Cabeza de Cortes: Labrada nun pequeno bloque granítico, existen dúbidas canto á súa adscrición á Cultura Castrexa. Trátase dunha cabeza humana esculpida nun bloque de granito, con aspecto cadavérico, como se estivera feita a partires dunha máscara funeraria. Foi atropada o día 12 de novembro de 1934 por don Ángel Rodríguez López nunhas escavacións non oficiais, e entregada en depósito ao Museo de Lugo. 
 

 

O PÁRAMO
As Croas do Mato ou Friolfe (Friolfe); San Pedro (San Pedro-Friolfe); Barrosa (Eiras-Gondrame); Pinte (Gondrame); Quintela (Quintela-Gondrame); Moscán (O Castro-Moscán); Albaredo (Santa Cruz-Moscán); Eirexe ou Aira do Castro (Moscán); Neira (Neira); Coroa de Piñeiro (Piñeiro); Pedrouzos (Ribas de Miño); Vilar (Ribas de Miño); Gándara ou Ribeira (A Ribeira); Escarlán (Sa); Teiquisoi (Teiquisoi-San Vicenzo de Gondrame); Croa de San Martín e Xestros (A Torre); Neira ou A Coroa (Vilarmosteiro); Paredes (Paredes-Vilarmosteiro); Outeiro (Vileiriz).  
Castro de Moscán: Situado nunha pequena elevación do terreo, é practicamente circular. O único recinto está protexido en todo o seu perímetro por unha muralla terreira que nalgúns tramos acada unha altura duns catro metros. Polo sur está cortado pola estrada local, e polo oeste un camiño de acceso ao interior do recinto cortou a muralla. A entrada estaría polo leste. A simple vista non se observan restos habitacionais. Plantado con algunhas árbores, adícase a cultivo. 
Castro da Torre: Situado nun pequeno outeiro. De forma ovalada, ten unhas dimensións de 125 por 95 metros. Alterado polos labores agrícolas.
 

 

A PASTORIZA 
A Coroa dos Poles e Miñotelo (A Aguarda); As Croas de Álvare (O Vilar das Pedras-Álvare); Olga, A Rea da Cruz e Vilar das Pedras (Álvare); Os Castros e Saa (Baltar); Bretoña, O Castrillón, As Croas e Corroa de Seselle (Bretoña); Os Castros (A Carballeira-Cadavedo); Os Castros (Castro dos Freires-Corvelle); As Coroas e Sitio das Covas (Crecente); Os Castros (Corvelle); Cerralleiro (Candás-Fonmiñá); O Castro (Gueimonde); A Mudia (As Amoras-Loboso); Outo do Castro (Pastoriza); A Coroa (O Castro-Piñeiro); O Castro (Pousada); O Castelo (A Regueira); As Coroas (Reigosa); As Cortiñas do Castro (Saldanxe); Os Castros (Úbeda); Alto do Castro ou Vián (Vián). 
Castro de Bretoña: Crese que no lugar onde o bispo Mailoc fundou a igrexa mosteiral de Britonia había un castro. Na actualidade o lugar está ocupado pola igrexa parroquial.    
Castro de Cerralleiro: De forma elíptica defendido por unha muralla aterraplanada, complementada con restos dun foxo. Apréciase un núcleo secundario acaroado ao principal. 
Castro das Croas: Atopouse unha estela antropomorfa, exposta no Museo Provincial de Lugo. 
Castro das Coroas (Crecente): Un único recinto de planta tendente a circular. Case destruído polos labores agrícolas.    
Castro das Coroas (Reigosa): Practicamente arrasado pola concentración parcelaria. Segundo os veciños dispuña dun sistema defensivo formado por unha muralla aterraplanada, da que só quedan algúns restos, foxo e contrafoxo. Apareceron muíños de man, pedras de afiar e fragmentos cerámicos.  
Castro da Mudia: A pesares de tratarse dun importante asentamento, na actualidade apenas se observan restos, apreciándose unha pequena elevación duns 50 metros de diámetro. Arrasado pola concentración parcelaria. 
Castro da Rea da Cruz: Completamente destruído polos traballos agrícolas.  
Castro de Saa (Baltar): Situado entre as parroquias de Baltar e Crecente, e un dos máis monumentais da provincia de Lugo. Salienta polo seu complexo sistema defensivo de murallas e foxos sucesivos. No castro hai unha cova que foi descuberta de forma casual por uns cans; hai quen cre que puído estar poboada con anterioridade. Foi adquirido polo Concello para protexelo das actividades agropecuarias e forestais que puderan estragalo. A finais do mes de decembro de 2012 ou principios do de xaneiro de 2013 as súas murallas foron danadas por uns coches todorreo que deixaron profundas pegadas das rodas. 
O Castro (Pousada): Practicamente destruído pola concentración parcelaria. Segundo os veciños estaba defendido por un triple parapeito.    
Os Castros (Baltar): Formado por un único recinto de forma elíptica, defendido por unha muralla perimetral con alturas que van dos 2 aos 3 metros que puído estar complementada por un foxo. Moi alterado pola concentración parcelaria de principios dos anos setenta do pasado século XX. 
As Cortiñas do Castro: Destruído, na actualidade só se conserva o topónimo.    
Outo do Castro (Pastoriza): Destruído cando a construción de casas na Pastoriza. Atopáronse muíños e anacos cerámicos.     
Arracada de Bretoña: Atopada por uns veciños ao derrubar unha casa construída xunto o castro de Bretoña quen lla entregaron a Chamoso Lamas cando dirixía as escavacións no ano 1971. Exposta no Museo Provincial de Lugo. 
 

 

 
 

PEDRAFITA DO CEBREIRO
Santalla (Santalla-Lousada); A Torre (Lousada); Chan da Pena ou Chan do Castro (Santalla-Lousada); Louzarela (Louzarela); A Escrita ou Tralocastro (Pacios); San Pedro (Riocereixa); Pena das Abellas (Riocereixa); As Torres (San Pedro-Riocereixa); O Paredón (Riocereixa); O Igrexario (Zanfoga); Cerracín (Os Casares-Zanfoga).
Para saber máis sobre os castros de Pedrafita, pódese consultar o meu blogue Mámoas, petroglifos e castros da comarca dos Ancares. 
 

 

 

A POBRA DO BROLLÓN 
Abrence (Abrence); A Roda (O Castro-Barxa de Lor); A Lama (A Lama-Barxa de Lor); Monte do Castro (Canedo); Castroncelos (Castroncelos); Santa Mariña (Castrosante); Alende ou San Lourenzo (Cereixa); Predio do Castro (Eixón); A Medorra (O Castro-Fornelas); A Roda (Lamaigrexa); Xunqueira (Óutara); Piño (Piño); Fondorallo (Saa); Domiz, O Pereiro e Roda do Castro (Salcedo); Salcedo (Beirán-Salcedo). 
Castro da Alende: Sobre un pequeno lombao do que parte unha elevación do terreo sobre o val do do río Sá. Confórmase a partires dun recinto elíptico rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de pedra en bo estado de conservación. O leste da muralla presenta a pecualiaridade de estaren construída con lousas de pizarras colocadas verticalmente. Aprécisae un parapeito de terra. Un destacado foxo defende o arco oeste-norte do xacemento, complementado por un parapeito que se estende a modo de antecastro ao leste. O acceso orixinal estaría polo SL. Apareceron fragmentos cerámicos e un muíño de man. Un antigo camiño comunicaba o castro cun escoiral preto do río, de aspecto moi semellante a unha mina romana. Unha mina de ferro cortou as estruturas no lado SO do xacemento. A periferia sur está ocupada por un prado. Sobre a croa alzouse unha capela da que hoxe en día só se conservan os cimentos. Puído estar relacionado coas explotacións mineiras de época romana. 
Castro da Lama: Situado aos pés da corta mineira de época romana de A Lama. Presenta planta ovalada co eixo maior orientado de leste a oeste, con dous recintos, un polo oeste e outro polo norte. Ten unha escarpada ladeira como defensa natural, complementado cun terraplén artificial. 
Castro da Medorra: Asenta sobre un outeiro localizado nun meandro do río Cabe. Recinto elíptico con restos de muralla na croa. Un foxo circunda o recinto polo noroeste. Un camiño percorre a base do cavorco que defende a croa onde se aprecian pequenos cortes de factura reciente. 
Castro de Piño: Situado sobre un outeiro que domina o val do Teixugo. Presenta un recinto circular moi alterado polos labores agrícolas. Ten foxo e restos dunha muralla pétrea. No interior pódense ver restos de vivendas circulares, posiblemente de construción posterior. Sobre a croa érguese unha capela, hoxe en día en ruínas. Un camiño percorre a periferia nordés do cavorco que delimita a croa, aproveitando o trazado dun aterrazamento. Boas condicións defensivas e un salientable control visual da contorna. 
Castro da Roda: Sobre un outeiro sobre o río Lor. Confórmase a partires dun recinto central de forma circular elevado sobre un cavorco natural reforzado ao SO e O por un profundo foxo. Consérvase un sector da muralla que pechaba a croa no seu lado leste, feito con lousas e grandes bloques de cuarcita. No lado oeste as roturacións rebaixaron as defensas, e próximo localízase o lugar de Castro. Vencellado moi probablemente á próxima mina romana do Medo, así como a un treito de calzada que neste punto se bifurcaría en dous ramais que irían á Pobra e Monforte. Estariamos, pois, diante dun castro mineiro galaico-romano. 
Castro de Xunqueira: Limítrofe co concello de O Incio. Situado na parte máis alta dun pequeno esporón na ladeira do Chao da Gándara. Consta dun recinto defendido por un foxo. 
 

 

 

POL 
Castromaior, Finca dos Castros e Chousa do Cura (Arcos de Frades); Brea e Os Catros (Caraño); Os Castros (Carazo); A Croa (Rois-Cirio); Ferreiros e A Santa (Ferreiros); Hermunde (Hermunde); Trasín (Luaces); A Troia (Pol); Lúa (San Martiño de Lúa); A Poula (San Martiño de Ferreiros); Andión, Fonfría e Pozo dos Castros (Silva); Igrexa (Suegos); As Croas (Torneiros); Valonga (xunto a igrexa parroquial-Valonga). 
Castro de Andión: Do tipo de casto agrícola. 
Os Castros: Situado nunha chaira xunto a aldea de Os Castros, presenta un recinto tirando a circular e arrodeado por unha muralla de terra e pedras. Cuberto por árbores e matogueira, foi afectado por varias construcións, hoxe en día en desuso. 
Castro da Croas de Torneiros: Situado nunha chaira, destaca a croa arrodeada por murallas. 
Castro de Hermunde: Castro de pequenas dimensións situado nun pequeno outeiro, defendido por dous parapeitos e dous foxos. 
Castro de Suegos: Apareceu un pendente de ouro de época castrexa, custodiado no Museo Provincial de Lugo. 
Castro de Trasín: Alterado, entre outros, por unha enorme nave de bloques de cemento. 
Castro de Valonga: Practicamente destruído por unha vivenda e anexos, camiños e pola pista asfaltada que vai cara a aldea. 
 

 

 

 

A PONTENOVA 
Pico da Serra, Chao da Lagoa, As Coroas e Coto do Frade (Bogo); O Vilar (Conforto); Os Goios ou San Briz (A Pontenova); Bispo (Currás-Rececende); Castro Vello (Roxas-Rececende); Santo Estevo (Santo Estevo de Rececende); Vilaboa (Vilaboa); Pico do Castro, A Picota ou Vilameá e O Teixo ou Mariélez (Vilameá); Pena das Vellas (Vilarmide); Salmeán, Fincas dos Castros e Forno dos Mouros (Vilaoudriz); As Coroas (Eirexúa-Xudán). 
Castro do Bispo: Situado nun pequeno outeiro preto do río Torto, afluente do Eo. Baixo a matogueira vense restos de estruturas defensivas e/ou habitacionais. Atopáronse restos cerámicos.  Segundo a tradición apareceron pequenas olas cerámicas con restos de ouro que romperon e esparexeron pola chan crendo que era po. 
Castro do Coto do Frade: Conserva parte dos muros defensivos. 
Castro da Pena das Vellas: Dime Esperanza Barnanoba que tamén é coñecido como O Castelo. Tiña forma alongada. Na actualidade apenas se aprecia, inzado polos toxos e os eucaliptos. 
Castro de Salmeán: Apenas quedan restos.
Castro do Teixo: Sufriu varias actuación furtivas ao longo dos anos. Obsérvanse algunhas estruturas. Dise que hai un pozo onde tiraban pedras e ao chegar ao fondo soaba cun grande estrondo. Hai anos atopouse un sártego que foi levado por un veciño para utilizar como bebedoiro do gando.  
Castro Vello: Á parte do topónimo non se observan restos de ningún asentamento castrexo. Hai noticia de que nos arredores da aldea atopáronse restos cerámicos. 
Castro de Vilaboa: Segundo información achegada por Esperanza Barnanoba, xa non queda nada da finca chamada das Coroas. Nos anos corenta atopáronse muíños de man. 
Castro de Vilameá ou da Picota: Forma un triangulo cos castros de Vilaoudriz e Os Goios. Na parte máis alta, coñecida como O Murio, apareceron restos dalgunha construción que, dise, actuaba como atalaia de observación do propio castro.   
O Vilar: Segundo a lenda, aquí viviron os mouros. 
 

 
 

PORTOMARÍN
Castromaior (Castromaior); Cunca do Castro (Nespereira); Castrolovixe (Portomarín); A Virxe (Sabadelle); Soengas (Soengas de Arriba-Soengas); O Castro e San Martiño (San Martiño-Vedro); Vilaxuste (Vilaxuste). Raxo.
Castromaior: En excelente estado de conservación. Próximo ao Camiño Francés a Santiago. Situado nun lugar dominante, ocupa unha extensión de catro hectáreas. Arrodeado por murallas, foxos e antecastros, cálcúlase que estivo habitado durante 600 anos. Proposto como Ben de Interese Cultural.
Cunca do Castro: Castro de tipoloxía agrícola circundado por un parapeito. 
Cunca do Castro (Nespereira): Citado nun documento do ano 572 como límite do condado de Pallares como castrum Nesperariae.
Castro de Vilaxuste: Castro de tipoloxía agrícola alterado polos labores agrícolas do que se conserva parte do parapeito; o interior está plantado de piñeiro. 
 

 

 

 

 

QUIROGA
Ares, Augasmestas e Cereixal (Augas Mestas); Penadominga (Bendollo); Monte da Rodela (Bustelo de Fisteus); A Poula (Cereixido); Sesmil (A Enciñeira); Os Castros (A Ermida); Os Castros (Fisteus); Alto do Castelín, Barreiro, Barxa, Rodela e Souto (Hospital); Anguieiros, Centeais e Ermidón (Montefurado); Penedo dos Mouros (O Outeiro); Pacios (Pacios da Serra); Paradaseca (Paradaseca); Esmorille, Santo André e Sobrado (Quintá de Lor); Augas Mestas (Rairos); As Medas e Quiroga (Quiroga); Coroa do Castro (Ferreirúa-A Seara); Os Mouros e Soldón (Soldón-A Seara); Os Novais (Sequeiros); Vilanuide (Vilanuide); Ares (Alto de Aldriz-Vilar de Lor); Lamas (Lamas de Lor-Vilar de Lor); Alto do Capelo e Xestoso (Vilar de Lor); Parada e Rugando (Vilarmel); Dous castros en Vilaster (Vilaster); O Castrimouco.
Castro de Augasmestas: Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial e o cemiterio. Romanizado, atópase moi estragado. Restos dun foxo e dun pequeno tramo de muralla pétrea. Ao seu pé discorre o río Lor.
Os Castros (A Ermida): A igrexa parroquial, onde estaba o famoso Crismón, o cemiterio e outras construcións asentan sobre un castro do que apenas se conservan restos, agás un pequeno  tramo dun parapeito.
Castro de Ermidón: Castro romanizado situado xusto por riba da boca do túnel de Montefurado. 
Castro de Penadominga: Castro mineiro situado nun emprazamento prominente nun escarpado peñón rochoso sobre o río Sil. Localizouse un tesouriño do século IV e dúas pracas de cinturón de bronce de tipo visigodo (séculos VI-VII). Neste castro, preto da área mineira de Quiroga, atopouse entre as súas murallas un alquerque de nove gravado sobre a rocha o que amosa que foi reocupado posteriormente, quizais cumprindo algunha función militar.   
Castro de Soldón: Trátase de tres castros, un deles emprazado nun esporón rochoso que conserva en bo estado as súas estruturas defensiva. 
 

 

 

 

 

RÁBADE 
O único que pode relacionar Rábade coa existencia dun castro é a toponimia. Aquí está o Sitio do Castro, denominado tamén Agra do Castro, que aparece nos interrogatorios do Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII. Nos Padróns da Callehita (1737 e 1766) tamén aparece o lugar de Castro como punto de encontro para formar concello entre os habitantes das freguesías. En Protocolos notariais do século XIX, ano 1843, e na obra de Amor Meilán segue a figurar o lugar de Castro. O nome tamén figura noutros documentos posteriores. Brais Rodríguez Romero máis eu puidemos comprobar no verán de 2015 que o topónimo continúa vixente entre os veciños, se ben non atopamos restos, quizais a que o sitio se atopa xusto xunto a capital municipal e foi totalmente alterado por terras de labor, casas, camiños e estradas.

RIBADEO
A Coroa (Fondo de Vila-Arante); Os Castros (As Cerdeiriñas-Couxela); Pumarega (As Anzas-Covelas); O Móndigo (Covelas); San Vicente (San Vicente-Covelas); Meirengos e Vilandriz (A Devesa); Os Castros (A Rochela-A Devesa); Cárcovas (Ove); Os Castros ou Fornelo (Barreiro-Piñeira); Os Castros (Porto de Arriba-Santalla de Vilaosende); Os Castros (A Torre-Santalla de Vilaosende); Grobas (O Morgullón-Vilaselán). 
Asentamento de Esteiro (A Devesa): De tipoloxía non precisada. Apareceron restos cerámicos nos perfís que dan á praia de Esteiro. No extremo leste da praia localizouse un muro cortado contruído con lousas de xisto.  
Castro de Cárcovas: A croa está defendida por dous parapeitos e dous foxos escavados na propia rocha. 
Castro da Coroa: Presenta forma ovalada, protexido por un parapeito na parte máis alta e un foxo que case circunda o seu perímetro. 
Castro das Grobas: Castro costeiro de planta semicircular dendido por un alto cantil e por muralla e foxos nas partes máis vulnerables; tamén se aprecia un antecastro protexido por un foxo. 
Castro de Meirengos: Emprazado nunha punta costeira. No sistema defensivo combínanse os compoñentes naturais cos artificiais compostos por unha muralla de terra que pecha o recinto, circundado por tres liñas de foxo paralelas.  
Castro de San Vicente: A igrexa edificouse sobre o asentamento que destaca na parte baixa dunha ladeira. 
Os Castros ou Fornelo: Castro costeiro situado nunha punta que irrompe no mar, uníndose á zona costeira mediante un itsmo rochoso. Ao norte desta península atópase a denominada Illa do Castro. O asentamento está conformado por un recinto protexido polos cantís e dous parapeitos na cara SE intercalados por un foxo.  
Os Castros (Couxela): Referencia toponímica. 
Os Castros (Porto de Arriba): No cumio dun esporón rodeado polo rego da Veiga. Divísase a ría de Ribadeo. Ten un único recinto de forma ovalada delimitado por un parapeito de terra e un foxo.  
Os Castros (A Rochela): Nunha punta costeira. Conta con boas defensas naturais. Polo sur deféndese cun parapeito duns tres metros de altura e un foxo de anchura considerable. No centro construíuse unha vivenda moderna. Apareceu cerámica común romana, sigillata e moedas baixo-imperiais. Tamén se documentaron as estruturas dunhas tumbas de inhumación realizadas con laxas de xisto.  
Os Castros (A Torre): Forma tirando a circular cuns 100 metros de diámetro, defendido por foxos e parapeitos. A croa está protexida por un terraplén circundado por unha liña de foxo e parapeito.  
Carneiro alado de Ribadeo: Depositado no Museo de Lugo no ano 1976, proveniente da colección particular de Álvaro Gil Varela, volveu ás mans dos seus herdeiros en outubro do ano 2013 por un contencioso coa Deputación Provincial. Trátase dunha figuriña formada por láminas de ouro decoradas con granulados e filigranas. As primeiras informacións sobre achado aseguraban que fora atopada durante as obras de dragado da ría de Ribadeo. Mais, a finais dos anos setenta, Felipe Arias Vilas puido comprobar que nesas datas non tiveran lugar tales obras. Logo de analizar a figuriña, Arias chegou á conclusión de que, polas técnicas utilizadas, debía de tratarse dunha peza de tradición do Mediterráneo desenvolvida na área tartésica ata os séculos VI e V a.C. Con posterioridade téñense formulado moitas outras teorías que a datan tanto en períodos anteriores coma posteriores, adscribíndoa a distintos ámbitos xeográficos. No mes de xuño de 2013, a Deputación de Lugo chegou a un acordo coa familia de Gil Varela para lle mercar, entre outras, esta peza. 
Diademas de Ribadeo: Existe certa controversia canto ao lugar onde se atoparon as tres diademas que formaban parte dun lote ofrecido nos anos corenta do pasado século a museos e coleccións privadas. Segundo información tirada dun artigo de María José Boveda Fernández, As Diademas castrexas de "Galicia" (Centro de Estudos do Patrimonio da Universidade portuguesa de Guimaraes), trátabase de tres pezas case idénticas que, segundo os vendedores, procedían dunha comarca próxima a Ribadeo. As diademas foron mercadas polo Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, o Louvre de París e o Museo da colección de Lázaro Galdiano, esta última atópase hoxe en día no Musee St Germain-en-Laye. 
Torque de Ribadeo: No Museo Arqueolóxico Nacional.
 

 

 


 
 

RIBAS DE SIL    
Castro de Abaixo (Nogueira); Penas do Castro (Piñeira); Pousanova e Santa Bárbara (Ribas de Sil); Os Castros (San Clodio); Os Castros (Igrexa-Soutordei). 
Castro de Abaixo: Cóntase que as pegadas do cabalo de Santiago déixanse ver nas penas de Augasmestas, preto da igrexa de Covas, cando loitando contra os mouros fixo forza e saltou sobre o río para o Castro de Abaixo. 
Os Castros (San Clodio): De forma oval, arrodeado por un terraplén de terra e pedras e defendido pola forte pendente. No lado sur completábase cun parapeito de terra. Na parte superior vense restos de estruturas. Cortado por unha pista que vai a Vilardonas. 
Castro de Soutordei (Igrexa-Soutordei): Moi alterado pola construción da igrexa, o cemiterio e outras casas, hoxe en día en ruínas. A estrada local cortou dúas terrazas polo lado leste, e tamén un camiño de acceso á igreexa e ao cemiterio. Conta cun antecastro que, como o recinto principal, estaba ben defendido pola forte pendente do terreo en todo o seu perímetro. 
Castro de Torbeo: Amor Meilán atribúelle ao P. Sarmiento a suposición de que Torbeo era un dos pobos Turodoros citados por Ptolomeo. 
 

RIBEIRA DE PIQUÍN
Pena Nuria e Pico do Castro (Navallos); Cabaceira e A Insua (Santalla); Teixeira e Os Vaos (Os Vaos). 
Pico do Castro: Obsérvanse restos dos foxos e parapeitos. Acháronse varios machados de pedra, unha punta de lanza e unha fíbula de ferro. Foi plantado de eucaliptos. Nas inmediacións atópase a coñecida como Fonte do Castro. 
Castro de Santalla: Apareceron anacos de cerámica cstrexa e galaico-romana. 
Castro dos Vaos: Sobre un pequeno outeiro situado nun pronunciado meandro sobre o río Rodil, tributario do Eo, só accesible polo NO. Sobre el ergueuse a igrexa, o cemiterio e outras construcións. Amplo dominio da maior parte das aldeas colgadas sobre a ribeira do Rodil.
 

 

 

 

 

RIOTORTO  
O Castrillón (A Igrexa-Aldurfe); Agro do Foxo (A Ermida); O Castro (Espasande de Baixo); Os Castros (A Veiga de Galegos-Galegos); Meilán (Meilán); O Castro e O Vilar de Santiago (A Muxueira); As Penas do Castelo (O Porto das Rozas-Órrea); O Castro (Riotorto); A Croa (As Rodrigas-Riotorto); Croa de San Pedro.   
Castro da Croa: O primeiro en achegar información é Villaamil y Castro no último terzo do século XIX. No ano 1869 recuperáronse un torque e un brazal. El atopou unhas enmangaduras de ferro, restos cerámicos, muíños de man e outras pezas. No 1876 escribe que atopou uns muros pequenos que pertencerían a vivendas de planta curva.   
Torques e brazal de Riotorto: No ano 1869, un labrego atopou dous torques de ouro que ao parecer foron fundidos. Un ano despois, Villaamil y Castro deu a coñecer o achado dun brazalete de ouro datado entre os séculos II-I a.C. Custódiase no Museo Provincial de Lugo. 
 



SAMOS 
Castrocán (Castrocán); Estraxiz (Estraxiz); Formigueiros (Formigueiros); Escanlar e Margarida (Freixo); Loureiro, Lourido e Roxofrei (Loureiro); Castro da Medorra de Bustofrío e Trascastro (Lóuzara); Pascais (Pascais); Romelle (Romelle); Nande (San Cristovo do Real); Moura (Frexulfe-San Cristovo de Lóuzara); Alto do Castro (A Casela-Santalla). 
Castro de Formigueiros: Ocupado entre os séculos III a.C. e I d.C. Situado na serra do Édramo. Defendido por un complexo e rexo sistema defensivo formado por unha muralla protexida por foxos e parapeitos que gardan vivendas de planta cadrada construídas en lousa. Acháronse varias lousas insculpidas, pertencentes ao pavimentado dunha praciña arrodeada por bancos de pedra, con representacións de peixes, cabalos e un labirinto. Nun dos soportes aparecen uns caracteres que segundo o director da escavación, Gonzalo Meijide, lembran os alfabetos ibéricos. Estaremos diante da primeira escritura prerromana aparecida en Galiza? 
Castro de Lóuzara: Situado a case 1.000 metros de altitude, data do século III a.C. Nunhas escavacións realizadas no ano 1994 atopáronse restos habitacionais construídos con laxas de pizarra, cerámica, muíños planos, pesas, unha fusaiola e unha lámina de bronce. 
Castro de Margarida: Líndeiro co concello de O Incio. Situado no alto dun cumio cuberto de vexetación de monte baixa. Mo alterado. 
Castro da Moura: De forma ovalada, consta dun único recinto de pequenas proporcións. Con motivo da instalación dun repetidor de televisión, foi escavado de urxencia destapándose unha estrutura circular que podería corresponderse co fondo dunha cabana onde destaca gran cantidade de buratos de postes dispostos en círculo. No ano 1994 Hervés localizou unha estrutura pétrea de laxes de xisto e partes do fondo dunha cabana. Fálase dunha ocupación de entre o século III a.C. e época romana, se ben estes datos hai que tomalos con cautela. Apareceron restos cerámicos con marcas de torno, muíños planos, unha fusaiola decorada con tres círculos concéntricos e pesas de xisto para a fixación do tellado. Tamén saíu á luz unha lámina de bronce. 
 

 

 

 

 

SARRIA 
A Devesa (A Devesa-Barbadelo); Barbadelo (As Paredes-Barbadelo); A Coroa (A Rañoá-Barbadelo); Chao do Castro (Rente-Barbadelo); San Martiño (Barbadelo); Casanova (Casanova-Belante); A Casilla e Betote (Betote); A Croa ou Agro do Castro (Casanova-Belante); Castromeixe (Castromeixe-Biville); San Miguel (San Miguel-Biville); Aguiada, Alariz e Calvor (Calvor); San Mamede (O Camiño); Castelo (Castelo dos Infantes); A Roda (Cesar); Casanova (Casanova-Corvelle); Corvelle (Corvelle); Chanca (A Chanca); Chorente (Chorente); Lagarteira (Vilariño-Farbán); Froián e Teilonxe (Froián); Outeiro (Goián); Mondín (Lier); Santa Icía (Santa Icía-Loureiro); Loureiro (Loureiro); Tosal (Tosal-Lousadela); Louseiro (Louseiro); Santo Estevo (Maside); Rosende (Rosende-Ortoá); Eirexe ou A Vela (A Pinza); San Breixo (San Breixo-Piñeira); Santa Icía (Santa Icía); Tosal e Vilar de Fieito (Lousadela); Barreiros (Ortoá); Rosende (A Pena); Requeixo (Requeixo); Rubín ou Pozo do Mouro (Rubín); Santa Eufemia (San Antolín); Callás (Callás-San Fiz de Reimóndez); Tremeado (Tremeado-San Fiz de Vilapedre); Carballo (Carballo-San Miguel de Vilapedre); San Miguel (San Miguel de Vilapedre); Guitián (San Pedro de Froián); A Roda (Teilonxe-San Pedro de Froián); Santo André (Santo André de Paradela); Seteventos (Seteventos); San Pedro (San Fiz de Reimóndez); Callás (Callás-San Fiz de Reimóndez); Tremeado (Tremeado-San Fiz de Vilapedre); Agraceira (Santo André de Paradela); Seteventos ou Fonteaguín (Seteventos); Fonteabuín (Veiga); A Igrexa (Veiga); Vilamaior (Vilamaior); Vilar (Vilar de Sarria); Padriñán (Padriñán-Vilar); Vilar de Freito (Padriñán-Vilar); San Cosmede (San Cosmede-Vilar); Vilanova (Vilanova-Vilar); Castelo do Carballal (O Carballal-Vilar de Sarria); Os Petos (Vilar de Sarria); Vilar de Arriba (Vilar de Arriba-Vilar).
Torques de Vilar do Monte: Dous torques de ouro atopados no ano 2004 preto do castro de San Pedro, no lugar de Vilar do Monte, cando se procedía ao acondicionamento dunha aira. Ambos están enteiros, son ríxidos e de sección cuadrangular; os remates tamén son lisos, un en "tripla escocia" e o outro en tipo piriforme. Todo apunta a que se atopaban fóra do seu emprazamento orixinal. Custodiados no Museo do Castro de Viladonga.
Castro de Betote: Alterado por edificacións e terras de cultivo. De  forma ovalada, presenta restos dun terraplén no recinto central. Apareceron restos cerámicos. Ao seu carón está a igrexa de Betote, con elementos románicos. Nunha visita realizada o día 13 de abril de 2013, atopeime con que estaban a construír un muro pertencente a unha vivenda e que unha das columnas chantaba sobre o mesmo castro. O atentado púxeno en coñecemento do Concello e de Patrimonio.
Castro de Calvor: Sobre o Castro Astorica in villa Calvaria edificouse a igrexa de Santo Estevo cuxa primitiva edificación formaría parte dun cenobio fundado no século VIII, posto baixo a advocación dos santos Estevo e Paulo. O cemiterio tamén ocupa parte do xacemento. O resto do recinto, do que aínda se aprecia parte dun parapeito, está ocupado por terras de cultivo e as instalacións dunha empresa de grava.
Castelo dos Infantes: Formado por varios recintos aterrazados e separados por terrapléns. Na parte norte da croa obsérvase un muro de xisto que puído formar parte dunha torre medieval. Gravemente alterado polo núcleo de poboación.
Castro de Mandín: Obsérvanse restos de muros na croa.
Castro de Rosende: Arrasado polos traballos de concentración parcelaria. Atopáronse restos cerámicos.
Castro de San Cosme: Sobre el edificouse unha capela posta baixo a advocación de San Cosme.
Castro de Santo Estevo: Castro de forma ovalada cun antecastro polo leste situado nunha zona con abundantes afloramentos rochosos. Ten unhas dimensións aproximadas de 145 x 80 metros. Obsérvanse posíbeis restos dun parapeito. Nas inmediacións hai varias estruturas escavadas na rocha a modo de pías. Adicouse a cultivo. Segundo a tradición, o castro foi reutilizado polos templarios.
Castro de Seteventos: Sobre o castro edificouse a igrexa románica, o cemiterio e outras construcións. De forma ovalada, ten dunhas dimensións de 190 no eixo máis longo e de 160 metros no menor. O recinto central está delimitado por unha liña defensiva a xeito de parapeito. Hai un segundo recinto delimitado por un terraplén que dá a un camiño e a un foxo no SO, rematado por un terraplén exterior. Conserva parte da croa. Dise que a pía bautismal da igrexa foi traída do castro e que estaba alí colocada para amedoñar aos mouros. 
Castro de Vilapedre: Situado xunto a igrexa. Practicamente circular cun antecastro e unha croa arrodeada por un recinto amurallado. No lado sur obsérvase unha estrutura defensiva anexa á muralla. Atopouse un ídolo de feitura antropomorfa que algúns autores atribúen ao deus Hermes e restos cerámicos de época romana.
 

 

 

 

 

O SAVIÑAO  
O Castro (Abuíme); Santalla (Bardaos); Monte do Castro (A Broza); Os Castros e Marzán (Chave); Bexán e Portela (Diomondi); Arxeriz (Arxeriz-Fión); Fión (O Castro-Fión); Aira da Vila (Aira da Vila-Fión); A Torre (Freán); San Vicente (Eirexafeita); Val (Fondo de Vila-A Laxe); A Veiga (Laxe); Illón ou Ribada e Santalla (Licín); Marrube (Eirexe-Marrube); Felón e Vilaseco (Marrube); Mourelos (O Castro-Mourelos); O Castro (Ousende); Portela (Portela-Piñeiró); Vilachá (Piñeiro); A Bugalla e Torre (Rebordaos); Quián (Reiriz); Teibel (Reiriz); Corveixe ou Madredauga (Rosende); Regueiral (Santo Estevo de Ribas de Miño); A Rodela (A Cerca-San Vitoiro de Ribas de Miño); Os Castros (Segán); Orxaínza (Sobreda); Amedo e Vilacaiz (Vilacaiz); O Castro (Vilaesteva); Peagos e Ribada ou Illón (Escairón-Vilasante); Leira Rapada e Vilatán (Vilatán); Piago ou Besta e Vilelos (Vilelos); A Cibdá e Xuvencos (Xuvencos).
Castro de Abuíme: Sobre un outeiro situado nun planalto. Recinto oval defendido por unha muralla terreira de catro a seis metros de altura. No extremo noroeste do recinto apréciase unha elevación do terreo coroada polos posibles restos dun parapeito. Cara o leste vese un acceso ao castro configurado por unha rampa de terra. Non se aprecian restos doutras estruturas. O interior está moi roturado e toda a periferia do xacemento está adicada a prado o que afectou ás estruturas hoxe en día existentes. Apareceron muíños de man, moedas romanas, cerámica e un martelo mineiro de pedra. Hai dúas pedras con coviñas.
Castro de Arxeriz: No ano 2013 encomezaron os traballos de rehabilitación do castro, campaña promovida pola Fundación Xosé Soto de Fión (propietaria do museo). Os traballos consisten na consolidación dalgúns elementos construtivos que foron descubertos durante a primeira campaña arqueolóxica. Polo de agora non se atoparon restos de época romana o que fai supoñer aos investigadores que o lugar fora abandonado antes da chegada dos romanos. Na campaña do 2014 descubriuse na croa un posible silo para almacenamento de cereal, e na do 2015 dous máis de aspecto semellante e que teñen en común o que parecen uns piares de pedra que deberon servir para soster unhas estruturas de madeira; estase á espera de practicar as análises palinolóxicas para determinar se nos lugares aparecen restos de pole. Tamén se atopou o que podería ser un patio no que se practicaría a moenda do cereal. Entre outras pezas, tamén saíron á luz un anel, fíbulas de bronce, muíños de man, etc.
Castro da Cibdá: Sobre un outeiro. Apareceu cerámica castrexa e común romana e tégulas. 
Castro de Corveixe ou Madredauga: A 657 metros de altitude. Ao parecer, daquí proceden dúas aras romanas, unha, ao menos, está reutilizada nunha casa. A algunhas casas foron parar muíños de man e outros obxectos. O vocábulo "madre" pouco ten que ver do que unha muller é para os seus fillos, ou a femia dun animal para as súas crías. Deriva de mater aquae, referido ao nacemento dun manancial, canle dun río ou presa de auga. Mais coido que aquí non resulta descabelado que nos adentremos no terreo da mitoloxía e relacionemos o topónimo coas tres Matres Gallaiciae célticas. A nai galega é unha deusa trinitaria, baixo cuxa protección se colocaban os nosos antepasados, designándoas co nome do terreo que ocupaba cada tribo, trinidade divinal que dende a antigüidade está presente no panteón galego. En Coruña del Conde, provincia de Burgos, territorio da antiga Gallaecia, atopouse unha epígrafe de hai dous mil anos que Murguía leu do seguinte xeito: "T. Fraternus-Matribus-Gallaicis-v.s.l.m", cuxa tradución pode ser: "Tito Fraterno pagou de boa vontade o seu voto ás madres galegas". Estas deidades era avogosas da fertilidade e da prosperidade, atinxindo as virtudes sandadoras doutras divindades acuáticas e que estaban vencelladas aos mananciais mineiro-medicinais. O topónimo Madre tamén o temos no castro de Boa Madre (entre Allariz e Maceda) e Madre de Auga en Cervantes.  
Castro de Fión: Sobre un outeiro, presenta un recinto elíptico cunha superficie aterrada a xeito de antecastro. O extremo noroeste cortouse e desmontouse para construír unha casa. 
Figura de Mourelos: Atopada nunha casa preto do castro de Mourelos, dada a coñecer no ano 1992. Trátase dunha figura de xisto de lousa, de feitura tosca onde o autor tentou destacar a cabeza sobre o resto da representación. Sobre os ombreiros destaca un torque groso e liso. 
Castro da Leira Rapada: A 600 metros de altitude. Asentamento de forma circular, cun diámetro duns 85 metros. Está arrodado por unha muralla moi achandada, circundada á súa vez por un terraplén, nalgúns tramos de orixe natural, con caídas verticais que chegan ao quince metros de altura. Na parte máis vulnerable, ao do leste, construíuse un parapeito duns seis metros de altura. Na parte norte, o terreo foi ampliado con aterrazamentos. No interior da acrópole atopáronse restos cerámicos e pedras que posiblemente foron utilizadas como contrapesos de teares. Ao pé do outeiro, nun terreo inclinado, atópase o coñecido como "Dolme" de Leira Rapada, con gravuras de círculos concéntricos na pedra cobertoira. Segundo a lenda debaixo do castro viven os mouros, un día ao ano prenden lume, levantando unha enorme fumareda. 
Castro de Mourelos: De forma circular, posuía un parapeito arruinado pola construción de casas. Atopáronse tégulas, muíños romanos e unha estatua castrexa de factura romana. 
Castro da Portela: De forma circular, conta tamén cun antecastro.     
Castro de Orxaínza: Arrodeado por un gran terraplén. Apareceron muíños de man e pezas cerámicas. Segundo a lenda os mouros tocan música dende o castro.     
Castro Ribada ou Illón: Apareceron muíños barquiformes, cerámica castrexa e romana, xerras, dúas asas e fusaiolas. Tamén se atoparon fragmentos de palla-barro, escoiras de ferro, fogares e unha estela radial. 
Castro de Vilacaiz: Na croa, cuberta de maleza, apareceu abundante terra sigillata e vidros romanos, tamén se atoparon restos cerámicos e espadas que están no Museo Provincial de Lugo. (Información de Fernando da Laje).  
Explotación mineira de Licín: Reaproveitada polos romanos, xa fora explotada con anterioridade. 
 

 

 

 




 

SOBER 
A Castrela (O Pacio-Amandi); Agro do Castro ou San Marcos (Arxemil-Anllo); Campo do Castro e Castinande (Anllo); Xabrega (preto do embarcadoiro de Chancís-Monte Xabrega-Anllo); Arroxo (Arroxo); Os Castros (Vilanova-Barantes); A Cividade e Cotarro do Castro (Bolmente); Burato das Mouras (Vales-Bolmente); A Mota (Brosmos); As Borreas, A Coroa, Escalleiro, Lugar do Castro, Pena do Castelo, Petouto dos Mouros (Doade); Roda do Castro (Gundivós); Os Castros (Seoane-Gundivós); Vilanova (Vilanova-Gundivós); O Castro (Liñarán); Morería (Lobios); A Roda (Neiras); Castro das Medorras ou Cadeiras (Cadeiras-Pinol); O Castriño e Fonte do Castro (Sampaio-Pinol); O Castriño (Sampil-Pinol); Francos e Proendos (Proendos); Ribas (Rosende); Sober (Sober); Vilaescura (Vilaescura). 
A Castrela: A 589 metros de altitude. Outeiro con afloramentos de xisto con pendentes naturais moi pronunciadas, cunhas dimensións de 132 por 117 metros. 
O Castriño (Sampil): AS 509 metros de altitude. Nun esporón sobre o río Sil, con foxo polo norte. Di a lenda que do castro partía unha cadea de ouro que ía ata unha pena que hai no río.    
Os Castros (Gundivós): Situado na parte alta dun promontorio no fondo dun encaixado val fluvial. Confórmase a partires dun recinto defendido por un cavorco duns catro metros de altura, situado no extremo SL dunha elevación do terreo aos pés da cal se estende unha pequena terraza de poucos metros de ancho. Neste mesmo sector abundan acumulacións e pedras ou derrubes de orixe incerta. O lado sur do xacemento está defendido pola parede do pendedío que se asenta a croa. É de salientar a morfoloxía do extremo NO da elevación que na distancia semella un enorme antecastro inclinado cara o SL. No interior hai unha cova de factura moderna duns oito metros de profundidade, quizais realizada para unha furtiva busca de tesouros. Cóntase que, por veces, pódese ver unha muller moi fermosa peiteando os seus longos cabelos louros. 
Castro das Borreas: A 547 metros de altitude. Esporón de xisto limitado en parte por un foxo e restos de muralla.   
Castro de Castinande: Situado sobre un cume granítico arrodeado por terrazas a distintas alturas, adaptándose ao terreo e aproveitando un escaso espazo. Restos de foxo. 
Castro da Cividade: A 724 metros de altitude. Nun esporón granítico sobre o río sil, separado do monte por un foxo; polo resto aproveita o desnivel do terreo. 
Castro do Escalleiro: A 561 metros de altitude. Ocupa a totalidade dun outeiro. Ten unhas dimensións de 191 por 274 metros. 
Castro das Medorras (Pinol): Aínda se poden ver restos de muros e pedras espalladas polo xacemento, moitas reaproveitadas como recheo na estrada a Doade. Na croa hai unha rocha con petroglifos que presenta unha ducia de cazoletas. 
Castro da Mota: A 456 metros de altitude. De considerables dimensións, 386 por 276 metros. Esta conformado por unha croa aplanada protexida por un parapeito. Restos dun foxo.    
Castro da Pena do Castelo: Sobre o río Sil. Consérvanse restos dun foxo. Romanizado. No ano 2004 levantouse no castro unha capela dedicada ao San Amaro, que substituíu a outra máis antiga da que se descoñece onde estaba ubicada con exactitude. Lenda de mouros que ían beber á fonte do San Xermunde. 
Castro de San Marcos: A 500 metros de altitude. Ocupa a cima dun monte onde, a pesar das alteracións, apréciase a sucesión de dúas terrazas con terrapléns. De forma ovalada, ten unhas dimensións de 280 por 185 metros. No cume atópase a capela de San Marcos onde se celebra a romaría do San Vitoiro. 
Castro de Xabrega: A 339 metros de altitude. Situado nun alongado outeiro granítico a ourelas do río Sil, defendido por pronunciados desniveis naturais e foxos. Aprécianse os vestixios dun antecastro.    
Castro de Vilaescura: Sobre unha pendente que marca o inicio do canón do río Cabe. Presenta un recinto ovoidal defendido por un parapeito e un cavorco que cae sobre o río Cabe. Tamén ten un parapeito de terra e pedras. Na croa apréciase un foxo de violación realizado furtivamente. As estruturas pétreas foron reaproveitadas polos veciños.    
Cabeza da Pereira (Barantes): Situada no muro dunha casa. 
Cabeza de Pinol: O día 13 de xullo de 2011 a Voz de Galicia, na súa edición de Lemos, recolle a descuberta da gravura dunha cabeza humana no muro dunha casa próxima á igrexa de Pinol, que dá ao cemiterio, por Alfonso Campos, membro da asociación cultural O Colado do Vento, quen di que a pesares de pasar polo sitio moitas veces nunca se fixara no motivo. O arqueólogo Iván Álvarez sinalou que a figura mostra unnha gran semellanza coas representacións de faces humanas atopadas en varios castros aínda que, precisou, polo de agora convén tomar o achado con cautela xa que este tipo de motivos tamén é frecuente atopalos na Idade Media e en construcións dos séculos XVIII e XIX. Nas proximidades atópase o castro das Medorras.    
Trísceles de Arxemil (Anllo): Forman parte dos muros dunha propiedade privada. Ao parecer proveñen do castro do Agro do Castro. 
Tríscele de Pacios (Proendos): Forma parte do muro do patio dunha casa.  Procede do xacemento de Proendos. 
Tríscele en Proendos: Reaproveitado nos muros dunha casa. 
Sexasquele de Santa Baia (Doade): Apareceu ao desfacerse a escaleira dunha casa. Procedente do castro do Escalleiro. 
 

 

 

 

TABOADA 
Cal de Mourelle (Ansar); San Roque (Bembibre); Lugar do Castro e Sitio do Castro (Bouzoa); Relás (Carballo); Castelo (Castelo); Carboeiro (Cerdeda); Predio das Arcas (Fradé); San Lourenzo (Gondulfe); Sonán (Sonán-Insua); Insua (Insua); Cumbraos (Mato); Ato da Torre (Monte da Mama-Meixonfrío); Moreda (Moreda); A Aldea (Piñeira); O Castro (Piñeiro); Friamonde e Pena dos Mouros (Friamonde-San Xián da Insua); A Laxa (Sobrecedo); Fontefría e Tomade (A Torre); Cabalos (Vilar de Cabalos); Vilela (Vilela); Xián (Xián). Coto de Lucenza; Coto Rubio, A Moa de Novoa, A Viña. 
Castro de Castelo: Recinto principal de forma circular, arrodeado por outro recinto que recibe o nome de Castro de Abaixo. Cada noite do 7 de setembro, véspera das festas patronais, celébrase neste recinto a "queima das fachas", unha antiga tradición que consiste na colocación no perímetro do castro duns fachos que lle prenden lume á entrada da noite. Estes fachos son unhas grandes teas feitas de madeira e agucios; utilízase como base un tronco delgado e recto e sobre el vanse enlazando os agucios, uns arbustos moi combustibles. 
Castro de Moreda: Situado a 570 metros de altitude. Protexido por fortes pendentes naturais. As súas pedras foron reutilizadas noutras construcións.
Guerreiro de Ralle (Vilela): Cabeza de granito descuberta nunha casa de labranza no ano 1992 con cubrecaluga e torque no pescozo. Ten unha altura de 0,82 centímetros. O primeiro en estudar a peza foi o arqueólogo Laureano Fernández Carballo quen afirmou que a escultura está destinada a converterse nunha icona clásica da estatuaria celta. A estatua estivo durante anos nun estado de conservación moi deficiente, mesmo chegou a seren utilizada como soporte para macetas e como "pouso" para montar a cabalo. Ante o interese espertado pola peza e por medo a que a roubaran, no ano 2001 os propietarios mesmo aseguraron que fora esnaquizada. 
 

TRABADA 
A Croa ou Croa do Barreiro (Sante); Trabada (Trabada); Vidal (Vidal).
Castro da Croa: A principios do ano 2014 depositáronse varias toneladas de escombros no castro, feito que foi denunciado pola asociación MariñaPatrimonio. Os eucaliptos plantados no xacemento poden causar danos irreversibles. 
 

TRIACASTELA 
Cancelo (Cancelo); Biduedo (Lamas de Biduedo); Santa María (O Monte); Lagares e Santalla (Santalla de Alfoz); Cileiro (Toldaos); San Adrián (Fonpernal-Toldaos); Triacastela (Triacastela); Vilavella (Vilavella). 
Castro Cileiro: Situado nun esporón sobre o regueiro de Ríos. De forma case circular, presenta un recinto de pequeas dimensións delimitado por dous foxos. Romanizado. Moi alterado. 
Castro de Lagares: Sobre un outeiro entre os ríos Teixedo e Santalla e cun bo domininio visual sobre a contorna. De planta tirando a circular, está delimitado en todo o seu perímetro por un parapeito. Polo norte e oeste presenta uns foxos seguidos dun pequeno parapeito que reforza o asentamento. Moi alterado polos labores agrícolas. 
Castro de San Adrián: Situado sobre un outeiro, presenta forma ovalada cun terraplén que delimita todo o recinto. No castro apareceu unha cama de ferro (disco de ferro que vai colocado en cada extremo da boca do cabalo) de época romana (s. IV-V). 
Castro de Santa María: Situado sobre un pequeno outeiro na marxe dereita do regueiro de Ríos e de onde se domina unha ampla panorámica. De forma ovalada, trátase dun asentamento de boas dimensións delimitado por un terrplén que arrodea todo o recinto. Tamén presenta unhas formas aterrazadas adicadas na actualidade a prados. Moi alterado. No castro apareceu unha cama de freno ou pasarrendas de bronce (peza circular que vai colocada lateralmente, unha en cada extremo, da boca do cabalo unidas por un eixo) de época romana, datada no século IV e que se custodia no Museo Provincial de Lugo.
Castro de Triacastela: Entre o río Santalla e o regueiro Ribeira. Trátase dun asentamento de pequenas dimensións que domina boa parte do curso de ambos os dous ríos e practicamente toda a contorna. Consta dun recinto principal de forma case circular cun parapeito que o delimita ao seu redor, sendo máis acusada a pendente polo sur, mentres que polo NL reforzan a súa función dous foxos seguidos doutros dous parapeitos. Moi alterado. 
 

 

 

 

O VALADOURO
Castrillón (Budián); Coto da Croa (Pereiros-Budián); Monte dos Castros (A Laxe); A Croa (Moucide); Recaré (Recaré); San Tomé (Santo Tomé de Recaré); Pazos (Pazos-Santa Cruz do Valadouro); Santa Cruz (lugar da Igrexa-Santa Cruz do Valadouro). 
Chao de Currás (Budián): No ano 1871, Villamil y Castro atopou unha vasilla de bronce. 
Castros de Recaré, San Tomé e Santa Cruz: As igrexas parroquias érguense sobre as croas. Atopáronse restos de muíños de man. No de Recaré, Villamil y Castro cita un forno. 
Torques do Valadouro: Tres torques de ouro dos que se descoñece a localización.
 

 

O VICEDO
A Pena (Cabanas); A Garita (Riobarba); A Insua de San Martiño (Negradas); Castelo (O Pazo-San Román do Val); Pontellás ou Moutillós (San Román do Val); Medas do Castro e Suegos (Suegos); Punta do Castro (O Vicedo Vello-O Vicedo); Santo Estevo (O Vicedo); A Tarroeira ou O Redondo (O Vicedo); Castropando e Garita do Cacho (Vilasuso-O Vicedo); Xilloi (Xilloi).
Castro de Santo Estevo: Moi alterado pola construción da igrexa, o adro, a casa reitoral, accesos, etc.
Castro de Suegos: Érguese sobre o Mar Cantábrico. Conserva parte do foxo que o arrodeaba pola parte máis vulnerable. 
Castro da Tarroeira: Unha tala de eucaliptos afectou ao xacemento. 
Moutillós, castro ou asentamento vikingo?: O xacemento atópase na enseada coñecida como O Porto, custodiada polos Castelos, dous conxuntos de grandes rochas, xunto a praia de San Román. Aínda que ata o de agora estaba considerado coma un castro, a asociación MariñaPatrimonio cre que se trata dun asentamento temporal construído polos vikingos, pobo que fixo varias incursións depredatorias ao longo da costa galega durante a Alta Idade Media. Segundo a asociación, o asentamento ten unha estrutura idéntica aos motte & bailey, fortificacións que constaban dun montiño de terra sobre o que se erixía unha especie de castelo de madeira protexido por muralla e foxo na súa parte máis baixa. Estas construcións levantábanse de forma rápida, co obxecto de asegurar unha zona e poder avanzar cara a conquista doutra. O topónimo, segundo a asociación, pode ser significativo xa que en Galiza denomínanse motas a este tipo de pequenas elevacións existindo, ademais, bastante similitude co devandito motte & bailey, topónimo, polo demais, abundantísimo na microtoponimia galega (tamén nalgunhas mámoas e castros) e mesmo nos nomes de varios núcleos de poboación esparexidos polo país (Mota, Mouteira, Moutillón, Mouta, Moutada, Moutras, Moutarelle, Moutarón), e non só costeiros, tamén no interior. Cómpre clarexar que o lugar está moi alterado polas obras que hai anos se realizaron para a construción dun campo de fútbol que endexamais chegou a finalizarse, e por un acceso á praia. Eu continúo a pensar que se trata dun castro costeiro que, polas obras anteditas, foi moi alterado. Non moi lonxe, na coñecida como Pena de Xan Vidal, á que se pode acceder en marea baixa, apareceron hai anos restos cerámicos prerromanos e moedas modernas. De verificarse a súa pertenza a unha construción normanda, sería o primeiro caso rexistrado en España. A principios do mes de decembro de 2011, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu a coñecer un informe no que indica que os técnicos non atoparon indicios que demostren que en Moutillós existise un asentamento normando. No verán de 2014, MariñaPatrimonio realizou unhas sondaxes cuxos resultados sairán á luz unha vez estudados os materiais atopados. Segundo información aparecida na prensa no mes de febreiro de 2016, referidos ás escavacións realizadas no verán de 2015, apareceron restos de madeira queimada e cerámicos de cor marrón claro por un lado e escura polo outro, con anacos de desengrasante e de cuarzo, que despois de realizadas as probas de C14 dataríanse dende o século III a.C. ao I d.C. Os veciños din que na praia apareceron muíños barquiformes.
Máis información sobre os castros de O Vicedo no meu blogue Patrimonio do concello do Vicedo. 
 

 


VILALBA
Os Castros (Árbol); Outeiro e Os Penedos (Belesar); Os Castros, Vilar de Pedrosa e Vixil (Boizán); San Roque e Trascastro (Carballido); Codesido e Trascastro (Codesido); Goiriz (xunto á igrexa-Goiriz); San Cosme (Goiriz); Gondaísque (Gondaísque); Ladra (Ladra); Lanzós ou do Adro (Lanzós); Legua Dereita (Nete); O Castro (Oleiros); Samarugo (Samarugo); Sancovade (Sancovade); Barrio do Castro e Vilamaior (San Simón da Costa); Santaballa e Trastoi (Santaballa); Vilapedre (Vilapedre); San Colás (A Ermida-A Torre); San Paio ou Xoibán (Xoibán).
Os Castros e Vilar de Pedrosa: Na escavacións de urxencia que se fixeron cando as obras da autostrada saíron á luz fragmentos cerámicos, pezas metálicas de bronce, adornos, ferramentas, moldes e estruturas construtivas. 
Castro de Codesido: De forma tirando a circular, conserva parte do parapeito. No interior construíuse a igrexa e o cemiterio. Alterado tamén por unha pista asfaltada que destruíu parte do recinto.  
Castro de Gondaísque: Tamén coñecido como Cunca do Castro. Conserva unha muralla dobre. Dentro da croa hai un manancial de auga. Segundo a lenda, aquí atópase a aldea asulagada de Eimil.
Castro dos Penedos: Segundo a lenda, os mouros soterraron no castro un tesouro.
Castro de Ladra: Dise que hai un túnel que comunica este castro co de Boizán.
Castro de Lanzós: Situado nunha chaira, consérvase un muro defensivo e unha fonte no medio. 
Castro de San Roque: No Pico de Arriba hai unha capela posta baixo o padroado do San Roque.  
Castro de Trastoi: Situado no medio de terras de labor, conserva parte do seu sistema defensivo formado por unha muralla terreira circular. 
Trascastro: Segundo a lenda estivo habitado polos mouros. Apareceu un machado de tope truncado e lados rectos dado a coñecer por Santiago de la Iglesia quen o doou á Universidade de Santiago. 
Castro de Vilamaior: De planta ovalada, conserva o muro defensivo así como a entrada orixinal. Atopáronse restos cerámicos de varias cores, machado e mesmo útiles paleolíticos e neolíticos. No ano 2004, a propietaria das terras onde se atopa o castro denunciou publicamente o desleixo da Xunta de Galicia ante os repetidos intentos realizados dende finais dos noventa para que se protexera o xacemento. 
Castro de Vilapedre: De planta circular, está situado nunha pendente. Ten un terraplén e unha muralla de terra e pedras. 
Castro de San Paio ou de Xoibán: A 474 metros de altitude. Forma ovalada, fefendido en todo o seu perímetro por un parapeito de terra e pedras e foxos. 
 

 

 

VIVEIRO  
Condomiñas (Boimente); Monte Castelo (Celeiro); Loureiro (O Castro de Abaixo-Chavín); Lourido (Calvoso-Chavín); Rego do Castro (Galdo); Sobrevila (Galdo); Casa dos Mouros (Souto-Galdo); Campo da Forca (Landrove); O Coto (Magazos); Loureiro e O Pousadoiro (San Pedro de Viveiro); Casós (Fontecova-Viveiro). 
Castro dos Casós: De forma semi-elíptica presenta un complexo sistema defensivo. Unha muralla pétrea arrodéao en todo o seu perímetro, reforzada por un foxo e un parapeito pechados por dúas murallas que forman unha estreita entrada. Apréciase un antecastro. 
Castro do Campo da Forca: Unha muralla, en relativo bo estado de conservación, defendía o recinto principal. Os socalcos que circundan o castro actuaban como defensas naturais. As pedras das construcións habitacionais foron reutilizadas para a construción de vivendas. Unha tala e posterior repoboación con eucaliptos afectou ao xacemento. 
Castro de Condomiñas: Ten forma ovoidal. Distínguese un antecastro moi alterado. A muralla que arrodea o recinto principal presenta un desigual estado de conservación, protexida por un desnivel natural e un foxo defensivo. Atopáronse restos de cerámica, contas de colar e muíños circulares de man. 
Castro do Coto: Apenas se conservan restos, moi humanizado pola construción de casas e dos labores agrícolas. 
Castro de Loureiro: Forma ovoidal, conserva parte da muralla que defendía o recinto. Unha forte pendente cara o río Xudreiro actuaba como defensa natural. Alterado por unha casa e un hórreo en ruínas, antigas roturacións agrícolas e unha plantación de eucaliptos. As talas de eucaliptos están a afectar ao xacemento. 
Castro de Lourido: Moi alterado, o castro utilizouse como canteira. 
Monte Castelo: Monte situado a 181 metros de altitude sobre o nivel do mar dende o que se domina a ría de Viveiro. Trátase dun promontorio rochoso onde se aprecian algún tipo de estruturas. Apareceron restos de muíños de man. No ano 2012, Adega e MariñaPatrimonio denunciaron a agresión ao castro onde se fixeron movementos de terra con escavacións para abrir novas pistas. A obra foi autorizada pola Xunta de Galicia que ten a obriga de protexer o patrimonio arqueolóxico. 
Castro do Pousadoiro: Case circular, protexido por unha muralla pétrea ao longo do seu perímetro, con foxo e pronunciada pendente que actuaba como defensa natural. Dise que unha ermida, posta baixo a advocación de San Antón, ergueuse coas pedras das vivendas castrexas. Afectado polas plantacións e talas de eucaliptos. 
Torque de Viveiro: Datado entre os séculos II-I a.C. Despois de varios anos custodiado no Museo Provincial de Lugo, no mes de outubro de 2013 vovlveu ás mans dos herdeiros de Álvaro Gil por un contencioso coa Deputación Provincial. Da mesma colección é outro fragmento dun torque castrexo atopado en Mondoñedo ou Viveiro. 
 

 

XERMADE  
As Testas e Xemaré (Burgás); O Castro (As Testas-Burgás); Airas dos Mouros, O Castro e Vilacide (Cabreiros); A Igrexa (Cazás); O Castro e Regueira (Momán); Monte Castrillón (Roupar); O Castrillán (A Torre-Roupar); A Graña (A Graña-Roupar); Sucastro (Sucastro-Roupar); Xermade (Xermade). 
Castro do Castrillán: A 670 metros de altitude. Forma elíptica. Arrodeado por un parapeito. Atravesado por dúas pistas forestais. 
Castro da Igrexa (Cazás): Moi alterado por varias construcións e a estrada local que atravesou o castro. Segundo a lenda hai unha galiña que pón ovos de ouro.   
Monte Castrillón: Situado nun lugar dominante a 700 metros de altitude sobre o nivel do mar. Apenas se conservan restos das estruturas defensivas e habitacionais. A croa apréciase nidiamente. Cóntase que as xentes do lugar vían saír do castro unha galina con pitos de ouro na Noite do San Xoán.
 

XOVE   
Alto de Lago e Vilar (Lago); Penido do Cabazo (As Penas Agudas-O Monte); Coto da Vela (Aldea de Arriba-Morás); O Castelo (Portocelo); Punta de Mechiluide e Santo Tirso (Portocelo); O Canaledo, Penido do Castro, Randea, Rigueira e O Torrillón (A Rigueira); As Fontes e O Castro (Sumoas); Os Castros da Cabana (O Cabo-Sumoas); Chan da Armada e Os Parceiros (Os Parceiros-Xove); O Couto (O Pumariño-Xove); A Croa (Arxemil-Xuances); Ceranzos, Illade ou Cabo de Vila, Pereira Boa, Prada e Vilar (Xuances). 
Castro do Castelo (Portocelo): No mes de outubro de 2015, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incluíu no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos o castro do Castelo despois da solicitude feita pola asociación MariñaPatrimonio no mes de agosto. Actualmente plantado de eucaliptos, é un recinto fortificado arrodeado por un parapeito.    Castro do Canaledo: Situado sobre un outeiro e bordeado polo curso do regato de Rigueira. 
Castro de Ceranzos: Segundo a lenda estivo habitado polos mouros. Situado na fachada litoral, presenta unha planta de forma ovalada que aproveita en parte a morfoloxía da Punta Campanario. 
Castro do Coto da Vela: Sobre un elevado promontorio dende onde se domina unha ampla panorámica. Formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Adega e MariñaPatrimonio denunciaron a primeiros de xuño de 2011 dúas novas agresións ao noso patrimonio. Neste castro e no de Pereiraboa fixéronse amoreamentos de terra con excavadoras para abrir novos camiños para acceder a unha plantación de eucaliptos, estragando os parapeitos. 
Castro da Croa (Antemil): No mes de outubro de 2015, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incluíu no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos o castro do Castelo despois da solicitude feita pola asociación MariñaPatrimonio no mes de agosto. Trátase dun castro costeiro no que se observa un sistema defensivo composto por dous parapeitos e un foxo. O sistema defensivo vese reforzado pola estratéxica situación e pola altura do cantil no que se atopa. 
Monte Medela: Neste monte do concello de Xove hai quen quere ver a ubicación do Medulio, o mítico monte citado por Floro, historiador latino de finais do século I d.C., e logo por Paulo Orosio no século V: "In Minium flumine inminentem", imprecisa alusión ao derradeiro baluarte dos galaicos fronte ás lexións romanas quen, logo dun longo asedio e antes de caeren escravizados, preferiron morrer por medio do veleno do teixo e das propias armas. 
Castro de Punta de Mechiluide: Emprazado nun saínte costeiro que se una a terra polo oeste, sendonesta parte onde se concentran os elementos defensivos artificiais. A construción neste espazo da antiga igrexa e cenobio de Santo Tirso, de finais do século VIII, supuxo unha profunda modificación do mesmo. 
Castro de Prada: Moi alterado, non se observan estruturas defensivas artificiais. 
Castro do Santo Tirso: Costeiro. Sobre o castro construíuse un mosteiro no século VII. 
Castro de Sumoas: En maio de 2011, Adega e MariñaPatrimonio denunciaron ante o Seprona e o Servizo de Protección do Patrimonio da Xunta de Galicia o verquido de toneladas de terra transportada en camións e que foron despositadas sobre o castro de Sumoas. Por mor da denuncia, o Concello de Xove encargou unha prospección arqueolóxica na finca que mercou para destinala a zona recreativa. As catas remataron, segundo o alcalde, sen atopar restos da existencia do castro que, ao parecer, podería ubicarse cara o norte da igrexa. 
Castro do  Torrillón: Segundo a lenda, no castro vivía unha serpe que mataba a todo aquel que ousaba roldar polo lugar. 
 

 

 

Castros de Galiza/Galicia (Provincia de Lugo
o noso patrimonio
Xabier Moure