ROMANIZACIÓN DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)

Para o comezo da conquista de Galiza por Roma adoita tomarse o ano 137 a.C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o Limia. No 96-94 a.C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a.C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Enre o 29 e o 19 a.C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio). Os romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d.C. Galiza forma parte da provincia Tarraconensis onde permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga). Os romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores, modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel momento.

ACLARACIÓNS 

1. Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade, descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta coas atopadas noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2. Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo suevo do tardorromano. 

 
ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGOLADA
Ara aos Deuses Manes (Ferreiroa): Anaco dunha ara atopada no ano 1953 nun lugar da parroquia non precisado. Lese: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VITALIS/AN(n)O(rum) XXXV", ("Aos deuses Manes. Vitales de 35 anos"). No Museo de Pontevedra.
Estela (Ferreiroa): Como no caso anterior, esta estela moldurada con acroteras aos lados que presenta un remate triangular, foi atopada no ano 1953 nalgunha parte da parroquia. Lese: "CMMA/DMASPVS/DIVMAS/VOVUS". A preimeira liña faría mención ado dedicante, despois o nome da divindade, e por último a fórmula votiva. No Museo de Pontevedra.
Xacementos da Aldea Vella e do Alto de Corros (Ferreiroa): No blogue de Aquam Latam faise mención a estes dous xácigos de época romana. O primeiro está no lugar coñecido como O Brollo. No segundo había unha cista de enterramentos, situando aquí os arqueólogos unha necrópole romana. 
 

 

ARBO
Xacemento de Chan das Eiras (Arbo).  
Explotación aurífera da Lagoa (Barcela): Utilizouse a técnica descrita por Plinio o Vello do aurum arruae, onde a a auga foi utilizada para remover e arrincar a terra aluvial. Restos das canles principais e secundarias e lavado. Segundo o arqueólogo Brais Currás, trátase da explotación romana de ouro máis grande do Baixo Miño xa que, segundo as súas estimacións, extraeríanse 610 quilos de ouro, trav mover un total de 2.000.000 de metros cúbicos de terra. Na actualidade está danada polo polígono indrustrial da localidade.   
Mandelos: Sobrevive unha trincheira mineira.

BAIONA
Restos dunha calzada na parroquia de Baíña. O domingo, día 3 de outubro de 2010, tres energúmenos, entre eles o ex presidente da comunidade de montes de Baíña, Antonio Mijón, agrediron brutalmente, ata deixalo insconsciente, a un veciño por denunciar no concello o vertido de terra e cascallos sobre os restos dunha calzada romana. As ameazas, aínda que ata o de agora só verbais, viñánse producindo dende hai dous anos, cando o veciño puxo en coñecemento das autoridades o atentado que estaba a sufrir unha parte do patrimonio de Baiona. Vaia dende aquí a nosa solidaridade con Fabián. 
Explotación mineira das Insuas (Meidaaldea-Belesar): Xunto coa explotación do caeiro, están moi alteradas polo urbanismo da zona. 
Moedas: Segundo Cavada Nieto, apareceron 973 moedas, todas romanas.

BARRO
Epígrafe: Atopada en Curro, e puído estar adicada a Cosus, a pesares de que só se le DOMI/NO, xa que esta divindade é a máis adorada nesta zona costeira de Galicia, e esta denominación só aparece nas dedicatorias a deuses indíxenas. 
Lombo da Maceira: No ano 2007, dentro do proxecto Vías Atlánticas, arqueólogos da Deputación de Pontevedra realizaron varias sondaxes no Lombo da Maceira o que permitiu establecer un trazado da vía XIX.  
Xacemento da Igrexa (Fonte do Curro-Curro).
 

BUEU
Ara do Monte Liboreiro: Con tres epígrafes. Descuberta no ano 1928 por Julián Pérez Esteso. 
Estela de Sabarigo (Cela): Século III. Adicada aos deuses Manes: "DIBUS M/ANIBUS MEM/ORI(a)M/PUSINC(ae)/AN(n)O(rum). Apareceu reutilizada nun muro. No Museo de Pontevedra.  
Factoría de salgadura do Cantil de Canexol (A Illa de Ons).  
Calzada de Meiro: Ramal da Per loca marítima logo utilizada como verea real que unía O Morrazo con Pontevedra.  
Praia do Canexol (A Illa de Ons-Bueu): Factoría de salgadura destinada á conservación do peixe.   
A Pescadoira: Os restos achados hai máis dunha década atópanse custodiados no Museo Massó de Bueu. Son máis de 10.000 pezas datados en época romana o que demostra, segundo os arqueólogos, que a localidade xa contaba no século II d.C. cunha industria salazoneira que se pode considerar como unha das máis importantes da costa atlántica europea, o que xunto con Vicus Helleni (Vigo) a situaba nun emporio comercial e industrial de primeira orde. Os achádegos inclúen pezas pouco usuais como unha tubería de chumbo que puído servir como filtro nas tarefas de limpeza e lavado na salgadura, un coitelo con mango de óso, columnas do pórtico e o teito da factoría, pesas de rede, pedras de afiar e muíños xiratorios. No caso das cerámicas inclúense cuncas, pratos, olas, pezas destinadas á cociña e á mesa. Tamén se atoparon corenta moedas datadas no século IV d.C., maioría de bronce e dúas de prata.
  

CALDAS DE REIS
Aquis Celenis: Segundo Hipólito de Sá, a romana Aquis Celenis estaría no lugar da Pedregueira (Outeiro-Bemil) onde se atoparon dúas estelas funerarias, tégulas e outro material; aquí estaría asentado un campamento militar dependente da Legio X Gemina. Segundo a tradición a orixe estaría entre a igrexa de Santa María e a aldea de Eirín. No Libro de la Fábrica de Santa María de Caldas (1832), di que nesta zona apareceu unha lápida cunha inscrición romana que contiña "El suceso de su municipio cuando la guerra de Bruto". No Concilio de Toledo, celebrado no ano 400, Caldas consta coa categoría de municipio romano. Ligado ao populus dos Cileni, pobo, segundo Plinio, do convento lucense. Ptolomeo sitúa aos Cilenos entre os Coporos e os Lemavos, nomeando no seu territorio a cidade de Aquae Calidade. O Itinerario de Antonino cítao a Aquis Celenis como quinta mansión da vía XIX, e como primeira da XX, "per loca maritima". O Anómimo de Rávena tamén o nomea como Aquis Celenis. Hai certa controversia canto a identificar Aquae Calidade e Aquis Celenis con Caldas, para algúns autores Aquae Calidade podería estar en Cuntis, destacado núcleo termal en época romana.
Ara a Mercurio: "DEO M/ERCU/RIO FU/SCUS FUSC[i]/[filius] V(otum) ME/(erito) L(ibens) A(nimo)". Desparecida.
Estela: Sampedro y Folgar (1951, fala dunha estela funeraria dun soldado da Legio X Gemina que apareceu nas inmediacións da ponte.
Castro de Follente (Bemil): Romanizado, con cerámicas e moedas do século IV.  
Castro de Segade (Caldas de Reis). 
Santa María (Eirín-Caldas de Reis): arredor da igrexa de Santa María concéntranse o maior número de achados romanos. Cando as obras no cemiterio no ano 1950 apareceron tumbas de tégula, un forno para cocer ladrillos, fragmentos cerámicos e moedas. Reutilizado como material de construción na igrexa apareceu unha estela decorada e unha ra aos Lares Viais. Non moi lonxe da igrexa, na finca denominada Cabezafeita saíron á luz no 1906 tégulas, unha pedra de muíño e muros, e sobre todo un tesouriño con varias moedas que estaban dentro dunha ánfora. Por riba de Cabezafeita está o batolito da Pedra do Pan onde, debido ás obras para facer unha urbanización no ano 1999, atopouse abundante material cerámico.
Tesouriño: Citado máis arriba. No ano 1906, uns obreiros atoparon unha vasilla que contiña entre 60 e 90 moedas na ladeira do monte de Santa María, hoxe en día desaparecidas.    
Rúa Ferrería: Nas sondaxes rexistráronse sete niveis estratigráficos, apareceron sucos, buratos de poste, cubetas, foxas, sigillata, unha ánfora, fusaiolas, tégula, escouras, cravos, un alfinete de bronce, dúas moedas, material cerámico, vasos e fragmentos de pasta vítrea. O xacementos vai do século I ao IV d.C., cun abandono progresivo ata o século V, con reutilizacións en épocas moderna e contemporánea.  
Aras a Edovius (Caldas de Reis): Atopada no ano 1798 nos cimentos da arqueta de auga termal do balneario Dávila; desaparecida, só queda unha réplica na fachada do balneario; a súa pista perdeuse no ano 1909, despois de mostrarse na Exposición Rexional de Santiago; líase: "EDOVIO/ADALUS CLO/UTAI /V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)"; Edovius sería o epíteto ou o deus das termas. No ano 2009, nun solar próximo á burga, na rúa Laureano Salgado, apareceu outra ara adicada tamén á divindade indíxena Edovius, nome relacionado cunha antiga raíz de orixe celta ou bretona que podería traducirse como "o que quenta as augas"; é dos séculos III ou IV d.C. No mesmo lugar apareceron restos de estruturas, un sepulcro e unha moeda datada no tempo do emperador Galieno (253-268). Tamén desapareceron unha ara adicada a Mercurio, que se atopaba na porta dunha casa, e unha estela funeraria para Caius Iulius que formaba parte da parede dun curral.  
Miliario de Constantino: No ano 1896, a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra recibiu un miliario que servía de apoio a un soportal da rúa Real. Lese: "IMP(eratori) F(la)/VIO VAL(erio)/CONSTANTI(no)/IN(victo)/(au)G(usto)". Custodiado no Museo de Pontevedra. 
Ara aos Lares Viais: O Museo de Pontevedra custodia unha ara aos Lares Viais que formaba parte do muro da igrexa de Santa María de Caldas, moi mutilada e desgastada, aparece recortada polos dous lados.  
Estela de Placidina: Foi reutilizada como canzorro románico (cabeza de león visible ao exterior) na igrexa de Santa María de Caldas, descuberta no ano 1879 por Barros Silvelo. No campo epigráfico lese: D(is) M(anibus) S(acrum)/PLACID/INAE. Consérvase no Museo de Pontevedra 
Estela: Estela funeraria adicada a Xulio, reutilizada nunha arqueta do balneario: "[---] IULIO C [---/---]".  
Estela: No Museo de Pontevedra tamén está unha estela monolítica de granito, adicada por un centurión da Legio X Gemina, en honra dos seus escravos Sabinus, Secundio e Lentinus que fora utilizada como material de construción: "SABINUS/AN(norum) XX/SECUNDIO/AN(norum) XXII/LENTINUS/AN(norum) XX/M(arci) AUDASI/MAX(imi) (centurionis) LEG(ionis)/X GEM(inae) (...)". 
Furna cineraria. 




 

CAMBADOS
Tesouriño: No ano 1999 apareceu un tesouriño formado por moedas romanas (folles) extraído por unha escavadora ao acondicionar un terreo A terra sobrante levouse para unha parcela de Albarellos e alí foron atopadas por unha persoa que pasaba polo lugar. Algunhas pezas foron distribuídas entre amigos ou coñecidos, e unhas poucas depositadas no Museo de Pontevedra; Lino Silva e Gumersindo Mosteiro Díaz, de quen recollo esta información, depositaron outras no Museo do Viño de Cambados. Corresponden ao século IV. 

CAMPO LAMEIRO
Ara: "DIAN(a)E/SACR(um)/SPLD/[ex] V(oto)/[". 

CANGAS
Achádegos no Castro Liboreiro, O Mato, Praia dos Alemáns (Coiro).  
O Redolliño (Coiro): Restos dun forno de cocción rectangular e anacos cermámicos.  
Ara (Castro Liboreiro-Coiro): Lese "AERT(...)?". Filgueira e D´Ors atribúen a dedicatoria a Verore, deus coñecido por catro inscricións atopadas en Lucus Augusti. Outros autores prefiren ver nesta peza unha ofrenda a Aernus, divindade da área de Bragança á que adicaron un altar os membros do Ordo Zoelarum. Neste castro apareceron outros obxectos de época romana e frgamentos ilexibles doutras inscricións.  
O Cunchido (Darbo).   
Villae de Pipín e xacementos de Donón e Nerga (O Hío).  
Vestixios na Praia de Nerga (O Hío). 
Tanques para a salgadura na praia de Pinténs (O Hío). Castro do Castrelín (O Hío). A Vila (O Hío). Aldea do Castro. 
Villae-factoría pesqueira de Eirexiña.  
Villae de Rodeira. 
Santuario do deus lar Berobreo (Monte Facho-O Hío): Nun dos cantís da Costa da Vela, a 157 metros de altitude. Séculos III-V d.C., situado no emprazamento dun castro que desapareceu antes da conquista romana, apareceron máis de 175 estelas en honra do deus do panteón galaico-romano Berobreo, do que non hai precedente na Península, descoñecido polos investigadores ata os anos sesenta do pasado século grazas ás prospeccións levadas a cabo por Bouza Brei e Álvarez Blázquez Os restos do monte Facho abranguen dende o século IX a.C. ao IV d.C. Neste impresionante santuario detéctase a transición entre o paganismo e o cristianismo que, en palabras de Xosé Suárez, arqueólogo responsable da investigación, dá novas pistas sobre a identidade galega. O mesmo Xosé Suárez denunciou no mes de agosto de 2014 a agresión ao santuario; os visitantes crean torres amontoando pedras, algunhas procedentes das antigas construcións, lamentable "moda" que pode afectar gravemente ao xacemento.
 

 


A CAÑIZA
En Valeixe atopouse unha moeda de Galba.
Inscrición: "] III/[---] IIVI/[---]XTX/[---]IIIITP/[---]IXII/[---]IIIX".  

CATOIRA
Ara a Bandua (Aragunte), reutilizada como material da construción, custodiada no Museo de Pontevedra. O deus aparece precedido coa fórmula Deo: "DEO BAN[du(a)e]/TI(berius) CLA(udius) CI(...)/VO(...) DE [o sa]/(c)TO V(otum)/S(olvit) L(ibens)". Segundo Baños, a parte dereita da peza foi rebaixada, eliminando as letras finais de cada liña, polo que a primeira liña debe ser interpretada como "Deo Ban(duae)". 
Estela funeraria (Aragunte), no Museo de Pontevedra.  
Ara aos Lares Viais nas Torres do Oeste, atopada no 1948 por L. Méndez Pidal, custodiada no Museo de Pontevedra: "L(aribus)/V(ialibus)/MARCU(s)", "Marco dedicou este altar aos Lares Viais".
Ara nas Torres do Oeste: "[P]ietati Su/[...] C(...) SEV/[...] V/[".
Fragmento superior dunha ara votiva (Torres do Oeste), reutilizada como material da construción, na actualidade no Museo de Pontevedra.  
Ánforas (Torres do Oeste). 
Lucerna (Torres do Oeste), no Museo de Pontevedra.  
Moedas: denarios nas Torres do Oeste.

  

 


CERDEDO 
Muíño: Fragmento atopado xunto un muro do cemiterio da igrexa de Folgoso.  
Tegula de Filgueira (Castro).     
Ara a Mercurio: Atopada por Calros Solla no ano 2000, entre a ermida de Santa Mariña e a pedrafita do Marco do Vento. Aínda que desprovista de inscrición, a peza é un fragmento dunha máis que probable ara votiva adicada ao deus Mercurio.     
Ara de Cabenca, na igrexa de Cabenca (Cerdedo): ".../NOS/ V(otum) S(olvit?)/".      
Restos calzada xunto as pontes de Pedre e de San Antón (Información achegada por Calros Solla).

 

COTOBADE
Calzada do Pé da Múa.  
Villae de Silvela (Carballedo): Situada ao pé do poboado castrexo da Cruz do Castro onde se atopou un inaure (pendente de ouro) datado nos século II-III d.C.; tamén se atoparon uns calculi, pequenas fichas de pedra ou de arxila utilizadas polos romanos para un xogo semellante aos tres en raia.

CRECENTE
Restos calzada (A Calzada-Filgueira).  
Moedas: Segundo Cavada Nieto, apareceron moedas de Augusto e de Tiberio. 

CUNTIS
Hai certa controversia canto a identificar Aquae Calidade e Aquis Celenis con Caldas, para algúns autores Aquae Calidade podería estar en Cuntis, destacado núcleo termal en época romana. 
Estela de Sobreira (Piñeiro): Consérvase un fragmento. Adicada por Flavia, de 25 anos de idade, aos deuses Manes: "DI(bus) MA(nibus) S(acrum)/FLAV(ia)E/XXV".  
Restos calzada (Vilar de Mato-Cequeril).  
Estela fálica (Cuntis): Situada preto da igrexa parroquial. Hai quen cre que se trata dun miliario. Eu, mantendo todas as cautelas, creo que se trata dunha estela. Carece de inscrición.  
Estela de Soutelo (Piñeiro).  
Ara (Vila do Baño-Cuntis).
Ara de Hervés (Troáns): Ás Ninfas, adicada por Caio Antonio Flavio. Lese: "NYMP/HIS C(aius) A/NTONIUS/FLORUS". 
Castro de Castrolandín: Atopáronse estruturas habitacionais de tradición romana. A Asociación Amigos dos Castros de Cuntis atopou unha ara no centro da vila, nas inmediacións de augas medicinais
Ara: Atopada por Héitor Picallo, da Asociación Cultural O Fervedoiro, na parede dunha corte e adicada a unha divindade indíxena. 
Necrópole: En Cuntis, preto da igrexa, saíron á luz restos dunha necrópole tardorromana.  
Tesouriño: Atopáronse unhas 500 moedas xunto os mananciais dos balnearios da Virxe e O Castro, mais só sete puideron ser estudadas, entre elas un as de Domiciano e outro de Traxano. 
A Asociación Amigos dos Castros de Cuntis atopou unha ara no centro da vila, nas inmediacións de augas medicinais.



DOZÓN
Epígrafe: "RUFI OF/OF/MAR".
Epígrafe: "(c)AIUS IU(lius)".

A ESTRADA
Ara de Matalobos: Localizada por Bouza Brey no ano 1942, no exterior da igrexa de Santa Baia de Matalobos, formando parte da ábsida. Lese: "PA.../SEVE/RVS/VLA/S", "Ao deus (ou deusa)... cumpriu libremente o seu voto a Paulo? Severo"). Mutilada na parte superior e inferior. Mais o estado actual da ara, publicada polo mesmo Bouza no Boletín da Real Academia Galega no ano 1944 baixo o título Ara romana inédita en Matalobos (A Estrada) xa non é a mesma. O día 13 de setembro de 2014 achegámonos ata a igrexa, ao non atopala no lugar descrito, un veciño contounos que cando a finais dos anos sesenta ou principios dos setenta do pasado século XX foi destruída a ábsida semicircular para construír a actual de planta cadrada, a ara foi reutilizada para poñer como pé do altar para o que foi gravemente alterada, convertendo o que eran catro caras rectangulares nun cilindro, perdendo, ademais, a inscrición. 
Ara aos Deuses Manes: "D(is) M(anibus) S(acrum)/SEVERI/NA A/N(n)OR(um)".
Ara aos Deuses Manes: "DIBUS/MA(nibus) VA(...)/OAN(...)/DO(...)". 
Ara aos Deuses Manes: "AN(norum) LXII/MAN(ibus)/DIBUS".
Ara: "DIBU(s?)". 
Castro de Barbude: Estivo habitado, aínda que non de forma continuada, en época castrexa, romana e xermánica. De época romana consérvase no Museo de Pontevedra a estela de Colupata, con remate antropomorfo. Tamén se atopou unha culleriña e un bidente (garfo de dous pinchos) de tradición romana pero que presenta unha decoración máis avanzada, tipo xermánico. Na estela lese: "DD(is) MA(nibus)/COLUP/A ANN(orum)/(...) XLIX".
Castro de Ribela: Bouza Brey, que estudou o castro no ano 1944, atopou un anaco cerámico de época romana coa inscrición "CAMAI".  
Castro de Castrovite (Orazo): Apareceron restos de cerámica fenicia que fornece a idea de que o leito do río Ulla achegou a ese pobo á comarca na procura de estaño dos vales do Arnego, Deza e Ulla onde se documentan a maioría das minas de estaño de época romana en Galiza.
 

GONDOMAR
Conxunto mineiro do Picoto (Chaín): Destaca a mina a ceo aberto das Fundas de Sarmiento (catalogada por Patrimonio como As Covas de Sarmiento). Ten 250 metros de longo e 170 metros de ancho. 

O GROVE
Necrópole tardorromana e villae de Adro Vello (Cantodoxordo-O Grove): O nome de Adro Vello vén dunha igrexa, posta baixo a advocación de San Vicenzo, que funcionou no lugar ata o seu traslado no século VIII. Os primeiros estudos realizounos don Elías Lamelas no ano 1966, mais as primeiras excavacións non encomezaron ata anos despois da man do arqueólogo José Carro que sacou á luz unha vila romana baixoimperial, aínda que en uso dende o século I d.C., cunha actividade relacionada coa salgadura. Superposta atopouse unha necrópole datada entre o século V e VII; o seu escavador tamén cita unha igrexa que data do século VII. O asentamento tiña un patio central en torno ao cal se organizaría a vila, ademais dun atrium ou patio interior pechado. Tamén apareceu unha ara aos Lares Viais, reutilizada como material de construción, que se conserva, moi danada, na Facultade de Medicina de Santiago: "Apio L? C? cumpriu co voto prometido aos Lares Viais".
Ara: "L(aribus?) V(ialibus?)/De) S(ua) [P(ecunia)]/AL[-] V(oto) P(o)S(uit)".
Ara: D(is) M(anibus) I(nferis) CO/AMEA(e)/DAN(nui) FIL(iae)/VM SV/[...] C [". 
Epígrafe: "DEO/D/EVER/...". Descuberto na necrópole do Adro Vello no ano 1972, empotrado no muro norte da igrexa vella.
Moeda de bronce na Balea, en San Vicente do Grove.
 

 

A GUARDA

Castro de Santa Tegra: Apareceron aneis de bronce, un puñal de ferro con remaches en bronce, restos dunha vaíña, un puñal e unha espada de entenas con folla de ferro. Tamén apareceu unha estatua en bronce de Hércules, hoxe desaparecida, datada na época da dinastía Severa. Museo do castro de Santa Trega. 
O Hércules de Santa Trega: En bronce, de 18 cm de alto. Ignacio Calvo (2001), na súa memoria das exploracións arqueolóxicas dos anos 1914 a 1920, sinala unha orixe íbera copiado dos modelos romanos. Foi un achado fortuíto que pasou a unha colección particular polo que se descoñece o seu contexto arqueolóxico primario. Cando a peza foi doada ao castro, foi roubada no ano 1987, facéndose logo unha copia a cargo do escultor José Antúnez Pousa. Aínda que se denomina como Hércules, carece dos atributos máis característicos deste, como a pel de león ou a clava. Sen embargo, a posición do brazo dereito da escultura evidencia que se apoiaba nun elemento perdido, tendo en conta, ademais, de que se trata dun home con barba de aspecto impoñente, todo semella indicar que estamos diante dun Hércules (A. Santos Cancelas, 2015). 
Xacemento: No ano 1983 Antonio Español Gil e Antonio Ferreira Lorenzo descubriron un xácigo cando andaban a percorrer a costa da Guarda para localizar posibles salinas. Foi cando deron cun enlousado no litoral, cuxa maior lonxitude se atopaba ao sur do porto, na zona do Seixal e que se extendía ata Sollás e o Puntal, así como nos límites con O Rosal, na súa costa norte. Ferreira Lorenzo realizou a medición dun tramo que superaba os 180 metros de lonxitude no Seixal. Daquelas, os descubridores puxéronse en contacto con varios museos, mais non recibiron resposta. No mes de agosto de 2015, baixo a dirección de Mar Cortegoso, comezaron as escavacións do xacemento para datalo e coñecer as súas dimensións.
 

 

ILLA DE AROUSA
Necrópole do Campo dos Bufos: Dada a coñecer nos anos trinta do pasado século XX polo médico compostelán Varela Santos. Na Illa, xornal dixital independente da Arousa informou en xullo de 2011 sobre a preocupación de moitos veciños polos danos que puidera ocasionar á necrópole a construción dun sendeiro peonil. O mesmo xornal (xaneiro de 2010) informaba sobre o abandono do xacemento. A necrópole é de orixe prehistórica, logo reutilizada en épocas posteriores; atopáronse cerámicas fenicias e moedas de época altoimperial romana.  
Villae na Punta das Nasas.  
Moeda: No ano 1954 atopouse unha moeda de Domiciano.
 

LALÍN
Igrexa de Moneixas: D. Luis López Barredo, cura párroco de Moneixas, di que no Libro de Confirmados de San Adrao de Moneixas e Santiago de Catasós, que se formou polo mandato do bispo Juan Sáenz de Buruaga, e sendo cura Pablo de Verea y Aguiar, no ano 1763, lese: "No ano 1773 fabricouse na igrexa de Moneixas a capela da Señora Santa Lucía... de cuxo sitio no ano 1737 atopei un colateral de pedra, e a adega, e no sitio que fora un antigo sepulcro atopouse unha lápida pequena, cuns caracteres romanos, que indican ser da Era 139, corresponden ao primeiro século de Gracia e ao tempo de predicación en Galicia dos gloriosos bispos S. Teodoro, S. Atanasio e S. Capitón, primeiro bispo de Lugo, discípulos do noso Patrón Glorioso San Santiago... Ditos caracteres son semellantes a outros que se atopan noutro tempo copiados da Historia intitulada Anales de Galicia; e ademais delo atópanse gravadas noutra lápida dúas cruces, co que se demostra foron da fábrica de Católicos Romanos, e non Arrianos... D. Frei Francisco Armañá, bispo e señor de Lugo, ao tempo fixo visita á devandita igrexa, recoñeceu a lápida e mandouna colocar no sitio onde se atopa. A referida lápida áchase embutida e gravada nunha das cepas do arco da capela de Nosa Señora das Angustias". Continúa D. Luis que tamén no interior da igrexa, xunto a base dereita do arco, hai unha pedra que atopou no horto da reitoral; ten pola parte de atrás unha cornamenta dunha cabra, e pola dianteira, unha carroza romana con algunhas letras ilexibles, algún anagrama e nas catro esquinas unha estrela moi desgastada. Nunha visita que fixen a igrexa o día 17 de xaneiro de 2015, esta última pedra, segundo me contou o sancristán, desapareceu hai anos. O escrito parroquial tamén cita unha "cripta" que non se sabe onde está.
Estelas de Bermés: Catro estelas funerarias dos séculos I-III d.C. adicadas aos deuses Manes; foron descubertas no ano 1978 xunto a igrexa parroquial.  Nunha, despositada no Museo de Pontevedra, lese: "D(is) M(anibus) S(acrum)/MA(n)SU/ETA/AN(norum) LXV".
Castro romanizado de Gresande.   
Ara adicada a Diana (Moimenta): Custodiada no Museo de Pontevedra.   
Minas de estaño de Cercio, Losón, A Cova de Xila (Sello), Vilatuxe e Zobra.   
Fragmento  de ara a Coso, de procedencia descoñicida, atopada na comarca de Lalín. 
Epígrafe: "D(is) M(anibus) S(acrum)/CRESO/PES/AN(norum) LV". 
Epígrafe: "]/AN(norum) XXV".

 

 
A LAMA
Calzada do Camiño da Brea (Verducido). 

MARÍN
Xacemento de Portocelo (Mogor): Apareceron varias moedas atribuídas a diferentes emperadores que gobernaron entre os séculos I e IV (Claudio, Adriano, Gordiano Pío e Teodosio).  
Castro da Suvidá: apareceu unha moeda adicada ao emperador Antonino Pío (138-161), cerámica común, ánfora, alfinetes e outras pezas.   
Miliario, na actualidade no Museo de Pontevedra.  
Moedas: Tanto no casco urbano como en Mogor atopáronse diversas moedas, entre elas, un as de Adriano.  
Praia de Mogor: Apareceu outra moeda de Adriano.  
Praia de Aguete (Aguete-Seixo: Fragmentos de ánforas.

MEIS
A Xesteira (Paradela): Achado.
Epígrafe: AQV/ILIANI(s)/COLI/VO/PER". 
Ara de Santo Tomé de Nogueira: Atopada no ano 1976 detrás do retábulo de madeira da igrexa parroquial de Santo Tomé. Ao parecer fora utilizada noutro tempo como pé do altar. Adicada por Quinto a unha divindade das augas.
 

MOAÑA
Ara de Domaio: Foi atopada no ano 1983 nunha praia de Domaio, entre os escombros procedentes da autostrada Pontevedra-Vigo. Rota na parte superior, con base e cornixa. Na cornixa restos de decoración xeométrica e molduras. Pola esquerda está cortada de arriba abaixo.  
Castro de Monte Alegre: Nas escavacións efectuadas por Losada Diéguez nos anos 1925 e 1926 saíron á luz estruturas habitacionais redondas e ovaladas, ademais de fíbulas e moedas de época romana.   
O Casal: Localizáronse foxas semiesféricas, algunhas con vasillas de cociña e de almacenamento.   
Facho de Donón: Posible faro de orixe romana.  
Moedas: Moedas de ouro e prata en Domaio. 
Epígrafe: "[---]VCI LOI/[---]ILCLROI/[---]ONIO F(i)L(io) D(ulcissimo)".

 

MONDARIZ
Ponte de Cernadela: Apareceu unha ara e restos cerámicos o que fai supoñer que a ponte formaba parte dunha calzada romana. 
Inscrición: "(...)/V(otum) S(olvit)/(...)".
Inscrición: "(...)SIUS/CUDATO F(ecit?)". 

MORAÑA
Xacemento do Petouto (Paraños-Gargantáns): Localizado ao realizarse un desmonte para a construción do campo da festa. Apareceron tégulas e pedras de cor negruzca, con abundantes carbón e cinsas. Quizais se trate dun forno romano. 

MOS
Busto bifronte, no Mueso de Pontevedra. Divindade clásica de dúas caras, que apareceron xunto outro busto. Un corresponderíase con Xano e o outro coa súa muller. Figuras asociadas a restos da vila romana de Dornelas.    
Lápida funeraria de mármore en Cela. De Tito Cananio Marceliano: "TITO CANANIO/MARCELIANO/ANN(orum) XVII/CANANIUS MONTANUS/FABIA MARCELLA/EX T(estamento) DOMINO PIISSIMO/F(aciendum) (...)". No Museo de Pontevedra.   
Estela de Louredo de Fronto Loveyo Siculo: "FONTO/LOVEIU(s)/SEICUIUS AN(norum)/LX H(ic) S(itus) EST M(onumentum)/F(aciendum) C(uraverunt) F(ilii) DUO". No Museo de Pontevedra. 
Miliario do Marco (Vilar de Infesta): Coñecido tamén como Anta da Mamiola, actuaba como marco divisorio entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Guizán e Louredo (Mos). Coa última denominación coñecíase na Idade Media. Piñeiro atribúello a Traxano (s. II d.C.). Aínda se atopa no lugar orixinal, preto da capela de Santiaguiño das Antas, antigo Camiño Real. A primeira inscrición está moi deteriorada. Creses que os veciños e devotos ao non entender a lenda latina, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer, cristianizándoo. Ao seu redor aínda se practican certos rituais: santiguarse cando pasan ao seu lado, dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra para seren fértiles. No ano 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, facendo unha réplica para substituílo, mais os veciños opuxéronse ao seu traslado a pesares do mandato á Garda Civil de cargar contra eles, que impediron Sampedro Folgar e Filgueira Valverde. E alí quedran o miliario orixinal e a réplica.  
Miliario de Guizán: Anepígrafo. Dado a coñecer no ano 1898.  Actuaba como marco divisorio entre os concellos de Mos e Redondela. 


AS NEVES

Canle de auga (Vide).  
O Monte (Tortoreos): Escavacións realizadas por Santiago Ferrer Sierra. Apareceron catro fornos de diferentes dimensións, de planta circular na zona da cámara de calor e cinco arcos para a sustentación da grella. Adicados á cocción de tellas e ladrillos. Datados nos séculos III-IV d.C.  
Castro do Coto de Altamira: Romanizado, apareceron un Mercurio en bronce do século III d.C., fragmentos de estatuas e pezas de bronce (árula e pé descalzo). Brazo en bronce pertencente a unha estatua, rota por riba do cóbado, coa man estendida. Lucerna decorada realizada en bronce. Moedas, unha de Galieno. 
 

 

NIGRÁN
Praia da Medorra (Panxón): Mosaicos con temas mariños, cunha gran calidade técnica, cuxo motivo principal é un gran peixe rodeado de flores de auga, ameixas, etc., moedas e ánforas.   
Ara a Mercurio (Panxón):  Cusotodiada no Museo Quiñones de León de Vigo. Lese: "MERC/URIO/ARA/FESTUS/FICIT". É probable que o tal Festo fose un comerciante e que mediante esta ofrenda tentase favorecer as súas transacións comerciais.
 


OIA
Restos calzada xunto a ponte de Viladesuso (Viladesuso). 
Pilón de Mougás: Segundo algúns estudos servía para queimar ás vítimas dos cultos realizados por un tal Silius Eorinus. Lese: "SILI EORINI HOS(tiarum)/LACUS".
Xacemento de Boa Ventura: Os traballos de preparación dunha plantación de kiwis arrasaron o xacemento (onde tamén se atopa unha estación de gravuras rupestres da Idade do Bronce). O Instituto de Estudos Miñoranos presentou unha denuncia ante o Seprona o que obrigou á Dirección Xeral do Patrimonio a ordenar ao Concello a paralización das obras, mandato do que o alcalde fixo caso omiso, dicindo (cita de La Voz de Galicia): "O único que pode paralizar a obra é o alcalde, e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser obstáculo". Sen comentarios.  
Castro do Bosque: Moeda de bronce de Claudio.
 

PAZOS DE BORBÉN
Mansión Burbida: A situación desta mansión non é compartida por todos, J.J. Moralejo aduce que é imposible a menor continuidade regular fonolóxica e gramatical, dubidando de que o actual Borbén poida remitirse a un *Burbid-én- derivado do antigo Burbida. 

PONTEAREAS
Vila de Angoares: No lugar onde se levanta a igrexa parroquial de Angoares atopouse un hipocausto, tégulas e moedas.  
Capitel tardorromano (Couso-Guláns): Ao parecer foi atopado no monte de San Cibrán, forma parte do basamento dun cruceiro. Outras noticias falan de que estaba na ermida adicada a San Martiño. 
Miliario de Ribadetea: No libro Anotes históricos de Puenteareas, de Piñeiro Grova, faise mención a un miliario que os veciños utilizaron de pesa para prensar as uvas. Descoñécese o seu paradoiro. (Información de Jhonathan Zúniga).  
Tesouriño: No lugar de San Mateo de Oliveira, parroquia de Arnoso, atopouse no ano 1947 unn tesouriño dunhas 150  moedas de prata.   
Castro de Troña: Moedas de época romana. 
 

PONTECALDELAS
Explotación mineira de estaño de Tourón.
Mansión: Turoqua no Itinerario de Antonino e Turaqua no Anónimo de Rávena, que adoira situarse en Tourón (e tamén en Pontevedra), hipótese da que dubida J.J. Moralejo. Manuel Santos sinala ao castro da Peneda, en Soutomaior.

PONTECESURES
Ara aos Lares Viais (Requeixo): Atopada no ano 1918 cando a demolición da capela de San Xián de Requeixo; ata o ano 1931 exhibíase nas ruínas de San Domingos de Pontevedra; non existen datos sobre as súas dimensións xa que só se conserva unha foto do Museo de Pontevedra. Líase: "S(ulpicius)LUPUS/VO(tum) S(olvit) L(ibens)/LARIBUS/VIALIBUS", ("Sulpicio Lupo cmpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade"). 
Fragmento de ara a Xúpiter: Atopada xunto a ponte. Lese: "IO(vis)/OPTI/MO MAX/IMO/A(ram) P(osuit) T(itus) LI/CIN (us?)". No Museo de Pontevedra.
Ara: "]/VOT(um)/RR T/ULIT".
Ara: "L(ucius) ACI/[...] VRI".
Moedas: moeda de ouro de Tiberio, unha de prata de Vespasiano e varias de Augusto, Tiberio e Vespasiano, unha de Domiciano, dúas de Nerva, unha de Traxano, dúas de Carteia, unha de Agripa e varias de Constantino III.
 

 

PONTEVEDRA
Foi Ceán Bermúdez no 1832 quen deu noticias da existencia de restos romanos na cidade de Pontevedra entre os modernos edificios. A Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da man de Sampedro y Folgar, documenta os primeiros achados, todos casuais, sen intervención arqueolóxica, panorama que pouco muda nas décadas seguintes. É a partires dos anos oitenta cando se pode empezar a falar de investigación arqueolóxica (De la Peña Santos, García Escudero, Soto Arias...). As primeiras teorías sobre a orixe da cidade están na mitoloxía, tomando como referencia os clásicos Estrabón, Plinio, Silio Itálico..., sinalando aos gregos como fundadores do primeiro asentamento e cuxa fundación se debía ao heroe Teucro, como así o recolleu no século XVI Florián de Ocampo e Pedro de Medina, mito ao que non son alleos o P. Sarmiento e o P. Flórez no século XVIII. Claudio González Zúñiga escribe Historia de Pontevedra, o sea de la antigua Helenes fundada por Teucro (1846). Da segunda metade do século XVI é a inscrición colocada na antiga Casa do Concello: "Fundote Teucro valiente de aqueste río en la orilla para que en España fueses de villas la maravilla", o simbólico centro do gremio de mareantes coroado por unha figura de Hércules que o propio texto da peza identifica como Teucro, e mailas representacións escultóricas de idéntico heroe, suplantando iconograficamente a descoñecida imaxe de Teucro, existentes na fachada e cresterías da basílica de Santa María. Murguía dáballe unha identidade céltica á cidade. As investigacións levadas a cabo nos últimos tempos desbotan unha fundación anterior á época romana (F. Pérez Losada, 2002). Os achádegos arqueolóxicos sinalan que Pontevedra puído ser a antiga Turoqua na vía romana XIX. A mansión situaríase xunto a ponte sobre o río Lérez, moi posiblemente no século I d.C., para protexer o seu paso. Crese que esta ponte estaba un pouco máis abaixo da actual do Burgo, seguindo o trazado dunha calzada logo tapada.
Mansión: Seguindo a J.J. Moralejo, a cidade de Pontevedra deixou de ser Ad Duos Pontes da via per loca maritima, e pasou a ser Turoqua (Itinerario de Antonino) ou Turaqua (Anónimo de Rávena) da vía XIX. Identificación que dá pé a lembrar o mito citado por Estrabón e Xustino que pon nas costas galegas ao heleno Teucro, mito que parece ser de tempo renacentista (Filgueira 1962, e Peña 1996). Hai investigadores que a sitúan en Tourón (Ponte Caldelas), e Manuel Santos inclínase polo castro da Peneda, en Soutomaior.   
Miliario de Caracalla (Alba): Dado a coñecer no ano 1955; formaba parte da xamba da entrada dunha casa; datado no ano 213 d.C. De difícil lectura xa que as letras atópanse moi erosionadas. Custodiado no Museo de Pontevedra.  
Miliario de Cerponzóns: Adicado a Magnencio e datado entre o 350 e o 353 d.C.; dado a coñecer no ano 1955, actuaba como columna dun alpendre. Lese: "D(omino) N(ostro) MAG/NO MAG/NE(n)TIO PIO/FELICI AU/GUSTO BONO/RE(li)I PUBLI/(c)AE NATO". 
Miliario da Ponte do Couto: Descuberto a finais do século XIX cando as obras do ferrocarril; adicado a Maximino e Máximo e datado entre os anos 235 a 238 d.C. Custodiado no Museo provincial de Pontevedra.
Relevo de Vestio Alonieco: Representa nun baixorrelevo unha figura cunha gran cabeza que leva dous cornos e cabeleira ou un casco con dous cornos. Ten dúas enormes mans cos dedos abertos. Preto do lugar deste achádego atopáronse un anaco de ara anepígrafe e dúas adicadas a Vestio Alonieco (ver Ara a Vestio Alonieco). Xa dende o primeiro momento relacionouse o relevo co deus ao que fan referencia as aras. Na proximidade das pezas hai un castro e apareceron un miliario de Adriano, sepulturas de tégulas, unha tampa de estola e 80 bronces romanos, así como unha phalera datada nos séculos IV-V d.C. Sobre esta peza, chamada sempre Vestio Alonieco sen máis base que o nome das aras, verquéronse moitas opinións. O relevo foi asimilado a Ares, Marte o Galo, Cermunnus e ao Minotauro cretense. Tamén se dixo que os cornos non fosen tal, senón unha coroa floral. Popularmente asociouse co demo, e Benoit, nun estudo icónico de Mercurio, demostra que baixo esa figura aparécese moitas veces o demo cristiano. Datado entre os séculos I-III d.C. Custodiado no Museo de Pontevedra. 
Ara de Campañó: Actúa como pé do altar da capela do San Paio. 
Ara de Tomeza: Posúe a curiosidade de que ten que ser lida do revés, de dereita a esquerda.  
Ara a Vestio Alonieco (Lourizán): Unha das aras das que falamos máis arriba, exposta no Museo de Pontevedra, di: "DEOV/ESTIO/ALONI/ECO AR/AM/PSEV/ERA". 
Inscrición (Campañó): Segundo Baños, a lectura das dúas primeiras liñas corresponde ao nome da divindade (SANN/OAUA), cuxa lectura é segura, aínda que o nome puidera estar mal escrito. Tampouco se pode concluír se a denominación é dun só elemento ou composta de dous.  
Miliario adicado aos emperadores Maximino e Máximo atopados durante unhas obras do AVE en Salcedo, exposto nas ruínas de Santo Domingo.  
Miliario de Adriano (Salcedo): Situado na vía XIX que discorría entre Braga e Lugo, foi dado a coñecer por Martín Sarmiento no ano 1762 como procedente do lugar de Alumíña; segundo algúns investigadores, o miliario pode ser a proba que identifique a cidade de Pontevedra coa mansio Turoqua; aquí habería unha ponte romana que curazaría o río Lérez. A inscrición reza: "IMP(erator) CAES(ar) TRAIANUS HA(d)/RIANUS AUG(ustus) P(ater) P(atriae) PO/NT(ifex) MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate)/XVIII CO(n)S(ul) III A L(uco) AUG(usti) M(ilia) P(assum) LXXXXV". Está no Museo Provincial de Pontevedra.
Miliario de Adriano (Ponte do Burgo): Descubero no ano 1998 preto da Ponte do Burgo. Adicado a Adriano, está datado no 133 d.C. Recuperado no ano 1988, estaba no Museo de Pontevedra. O día 25 de abril de 2015, Ramón Rozas, nun espléndido artigo no Diario de Pontevedra, denuncia que foi trasladado para o restaurante La Ultramar, no edificio Sarmiento. Lamentable ubicación entre mesas, altavoces, pratos, mobles, etc. Claro exemplo do Patrimonio utilizado como mercadoría.      
Miliario (Salcedo): Adicado a Licinio, ano 311-322 d.C. 
Rúa Princesa: Apareceron restos dunha casa con hipocausto dos séculos III-IV.
Tesouriño: No ano 1847, nunha leira denominada O Coto, na parroquia de Santa María de Xeve, apareceu un tesouriño formado por varias moedas que abrangue dende Nerva ata Valentiniano II. 
Moedas: No castro de Bora apareceu unha moeda da época de Cómodo. No castro de San Cibrán atopouse unha moeda de Vespasiano. En Deiro (Tremoedo), moedas de Valentiniano I, Valentiniano II e Arcadio. En Lourizán arredor de 60 moedas. En Tomeza moeda tipo caetra e bronce de Vespasiano.


 

 

O PORRIÑO
Estelas funerarias de Atios: Unha, a de Severus, presenta unha figura humana que porta dous recipientes nas mans e debaixo a inscrición funeraria; lese: "DIBUS MANIB(u)S D(e)SCE(ssit) SEVERUS AN(n)OS...". A outra é anepígrafa e discoidea, cunha cruz insculturada dentro do círculo. 
Xacemento de Quintela (Mosende). Xacemento do Monte das Penizas (Caselas-San Salvador de Budiño).  
Ponte das Amiadosas (As Gándaras de Budiño): Xunto o pontillón da Granxa, parece que discorría unha antiga vía romana.
 

PORTAS
Vestixios nos lugares da Estación e Parada (Portas). 
Castro romanizado do Monte do Castro (Romai Vello), atopáronse ánforas e muíños circulares e naviformes. 
Ara: "QVID/FVI Q". 
Ara votiva do Peso (Romai Vello): Atopada a finais do 1975. Do s. I d.C. adicada a Coso. Só se conserva un fragmento. Cómpre destacar que, mentres o nome do fillo é indíxena (ao igual que o deus), o do pai é romano: "DEO CO/SOESO/AEGO FLA/VUS/ VICTO(ri)S (V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
 

REDONDELA
Estela de Sobreira (Santa María do Viso): Parte superior dunha estela que representa dentro dun nicho un busto feminino, togada e con veo. A inscrición está moi desgastada, só se le: "CA(...) CARII". 
Restos calzada (Cesantes).  
Miliario de Cesantes: Adicado a Marco Aurelio, exposto na Casa da Torre. Foi localizado na leira denominada O Sobreiro, próxima á Fonte dos Frades no ano 1975.
Miliarios de Outeiro das Penas (Cesantes): Un, anepígrafo, foi atopado nunha leira no ano 1975. Un segundo foi descuberto a finais do século XIX no lugar de Sobreiro, no barrio de Outeiro das Penas, durante a construción do ferrocarril Redondela-Pontevedra; lese: "IMP(eratori) CA(esari) P(io) F(elici)/NUMERI/ANO/INVICTO/AUG(usto)", ("Dedicado ao césar emperador Numeriano, pío, feliz, invicto, augusto"); custodiado no Museo de Pontevedra.  
Miliario de Quintela: Adicado a Decencio no ano 351 d.C. Foi localizado pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra no ano 1896 facendo de soporte a unha mesa de pedra situada xunto a igrexa parroquial. Di: D(omino) N(ostro)/DECENTIO/CAESASR(i)VICTOR(i)". Foi despositado na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra polo cura párroco no ano 1896. Atópase no Museo de Pontevedra.  
Miliario do Marco (Vilar de Infesta): Coñecido tamén como Anta da Mamiola, actuaba como marco divisorio entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Guizán e Louredo (Mos). Coa última denominación coñecíase na Idade Media. Piñeiro atribúello a Traxano (s. II d.C.). Aínda se atopa no lugar orixinal, preto da capela de Santiaguiño das Antas, antigo Camiño Real. A primeira inscrición está moi deteriorada. Creses que os veciños e devotos ao non entender a lenda latina, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer, cristianizándoo. Ao seu redor aínda se practican certos rituais: santiguarse cando pasan ao seu lado, dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra para seren fértiles. No ano 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, facendo unha réplica para substituílo, mais os veciños opuxéronse ao seu traslado a pesares do mandato á Garda Civil de cargar contra eles, que impediron Sampedro Folgar e Filgueira Valverde. E alí quedan o miliario orixinal e a réplica.   
Miliario de Saxamonde: Descuberto no ano 1877 polo arcebispo Malvar. Adicado a Adriano, esnaquizado en catro cachos e logo recuperado. Dous anacos foron localizados no lugar de Padrón (Saxamonde) e os outros dous na parroquia de Quintela que actuaban como postes nunha viña. Lese: IMP(eratori) CAES(ari) TRA(xa)NO/PONTIF(ici) MAX(imo)/TRIB(unicia) POTES(ate) (XVI) II/CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) A TU(de)/M(ilia) P(assuum) XVII".  dATADO NO ANO 134 d. C. Custodiado no Museo de Pontevedra. 
No castro da Peneda apareceron unha gran cantidade de pezas de bronce.  
Vila de Veiga de Vila (Cedeira): Aprécianse estruturas habitacionais; recolleuse abundante cerámica: terra sigillata, ánforas, tégulas e cerámica galaico-romana.
No lugar do Pazo (O Viso) apareceron unhas sepulturas de laxas de pedra e moedas de mediados do século IV.   
Castro do Coto de Negros: Apareceron tégulas e restos de ánforas de época romana. Dominaba a calzada romana que viña de Tui. 
Soutoxuste. Fragmento dunha estela.

 


RIBADUMIA
Castro Monte do Castro: Entre as numerosísimas pezas cerámicas castrexas, tamén saíron á luz algunhas de época romana.
 

RODEIRO
Agro do Campo e Val de Abaixo (Vila-Rodeiro).  
Xacemento dos Cortizos (Vilachá-Fafián).  
Villae de Fafián (Porta de Arcos-Fafián): Descuberta no ano 1969 e escavada no ano 1972 polo Museo de Pontevedra. Xunto coas estruturas habitacionais saíron á luz fragmentos cerámicos, tégulas, ferramentas de ferro, cravos, bronces e vidros. Tamén se atopou material cerámico asinado por un oleiro de nome Rufianus. As pezas pódense ver no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal de Rodeiro. 
Ara Santa Baia de Camba: Descuberta no ano 1964 no muro do lavadoiro da casa reitoral. Trátase dun fragmento, posiblemente adicado ás Ninfas. Lese: "UCCA [---------]". Segundo me contou o párroco o día 11 de abril de 2015, hai uns dez anos cedeu a ara ao Museo Municipal de Rodeiro. Cando quixemos visitar o museo non puidemos facelo porque estaba pechado; uns veciños contáronnos que apenas abre as portas, e cando o fai é só pola semana porque no mesmo edificio está a Biblioteca. 
Ara aos deuses Manes: Adicada por Lucila Vitalis, do castellum Olca: "D(is) M(anibus)/LUCILA/VITALIS/(C invertida) (castello) OLCA/AN(norum) XI".
Miliario (Saa-Pescoso): Atópase no patio da casa coñecida como Casa Grande de Saa. Anepígrafo.
Miliario (Saa-Pescoso): No xardín da Casa Grande de Saa. Anepígrafo.
Miliario (Saa-Pescoso):  Serve de columna no interior dunha corte. Anepígrafe.
Ara aos Lares Viales en Rodeiro. 
Museo Municipal de Rodeiro. 
Os Chousiños (O Corroliño-Pescoso): Ao arar unha terra apareceu un pé de muíño, dous fragmentos de muíño circular, carbóns, sigillata e cerámica común.

 

 

O ROSAL
Inscrición de Eiras: Restos dun texto gravado en xisto que actuou como tampa dunha sepultura. Foi atopada no ano 1953 no lugar coñecido como Adro Vello. Aparece unha referencia na Gran Enciclopedia Galega (1974). Unha ilustración da inscrición foi publicada en La vía romana "per loca marítima" por el Bajo Miño y Costa Atlántica (J. M. del Tamuje, 1975), "MEDA/MUS/CORA/LI/HIC SITUS/EST/AN(norum) XXV", "Medano, fillo de Coralo, foi (ou está) enterrado aquí á idade de 25 anos". 
Ara a Mercurio (Marzán-O Rosal): Apareceu na capela do San Vicenzo xunto con outros restos romanos. Servía de apoio á pía. Atópase no Museo Diocesano de Tui. Lese: "DEO/MER(curio)/FRO(nto) /EX V(oto) P(osuit)". O culto a este deus romano debéuselle tributar ata o século IV, coa chegada do cristianismo.   
Niño do Corvo (Morán-San Miguel de Tabagón): Explotación mineira de ouro e estaño. 
Cumieira de Arriba e As Medas: Restos de explotacións mineiras. A explotación das Medas queda en Sandián, preto do castro do Monte de Francia. Moi alterada pola construción dunha estrada, unha vivenda e polos labores agrícolas. Trátase dun gran corte no terreo onde había varios túneles, tapados na actualidade. 
Moedas: Un denario e unha moeda tipo caetra. No castro do Calvario un áureo de Honorio e unha caetra tal como recolleu o académico da Historia Juan Domínguez de Fontenla. No monte Cornás varias moedas. 
 

 

SALVATERRA DE MIÑO
Na parroquia de Fiolledo atopouse unha lucerna, custodiada no Museo Provincial de Pontevedra.  
Tesouriño de moedas atopadas entre os anos 1913 e 1920 xunto á muralla das épocas de Vespasiano, Domiciano, Traxano e Adriano.
 

SANXENXO 
Xacemento do Seixal (Adina): Cando as prospeccións arqueolóxicas da vía rápida Sanxenxo-O Grove saíu á luz abundante material cerámico. 
Necrópole de Pardillo (Aios-Noalla): Sarcófago de tégulas recuperado a principios dos anos cinconta do pasado século que foi trasladado para o Museo de Pontevedra. O propietario da finca xa atopara a principios dos anos trinta mías tumbas feitas de laxes, non coñecendo as que se puideron destruír. Tamén se localizaron fragmentos de tégulas e cerámicos cando se abriu unha gabia para levantar un muro o que podería indicar a presenza dun xacemento habitacional. 
Xacemento da Lanzada: As primeiras escavacións datan dos anos cincoenta do pasado século XX da man de Filgueira Valverde. Nos anos setenta continuounas Francisco Fariña quen atopou un sector habitado por mercaderes cartaxineses. Tamén sacou á luz as primeiras evidencias óseas en Galiza de época romana. Ademais dunha necrópole pagá e cristiá do século III e IV, localizouse outra altomedieval con tumbas feitas con laxes de pedra e orientadas cara o leste. En xuño de 2010 retomáronse os traballos da man de Xurxo Ayán, codirixidios polo arqueólogo do CSIC, Roberto Aboal. Nunha soa semana atoparon máis de 900 pezas, datadas entre os séculos III-IV d.C., entre outras, un mango de óso pertencente, posiblemente, a un puñal no que aparece a marca do fabricante, moedas de bronce... Mais tamén cerámica, vidros e peites de óso de época castrexa.     
Moedas: En Padriñán recolleronse varias moedas, unha delas de Adriano. Na Lanzada, moedas de Constantino II, Maximimano, Alexandre Severo e Claudio II. En Noalla, moedas de Vespasiano e de Galieno.



 

SILLEDA
Ara aos Lares Viais (A Graba): Foi reutilizada como material de construción na parede da ábsida da ermida de Santa Mariña. No ano 1902 foi doada á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, conservándose hoxe en día no museo. Lese: "LARIBUS/VIALIBUS/ARAM PU/BLIUS O/PTATIUS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", "Ara dedicada aos Lares Viais. Publio Optatio compriu o seu voto con ánimo compracido".
Ara: "D(is) M(anibus) [S(acrum)]/A[...]O/AN(norum) XX".   
Carboeiro: Nas minas de estaño apareceron moedas de época romana.
 

SOUTOMAIOR
Mansión: Turoqua no Itinerario de Antonino e Turaqua no Anónimo de Rávena, que adoita situarse en Tourón (e tamén en Pontevedra), hipótese da que dubida J.J. Moralejo. Manuel Santos sinala ao castro da Peneda, en Soutomaior.  
Miliario de Arcade: Descuberto a finais do século XIX xunto a igrexa parroquial. O epígrafe presenta unha lectura complexa debido ao mal estado de conservación. Atribuído a Caracalla, está datado no ano 213 d.C. Marca a milla 66 dende Braga, un dato de moito interese xa que é o derradeiro valor numérico sinalado dende Braga, de aí que o convento bracarense e o lucense debería atoparse preto. Consérvase no Museo de Pontevedra. Tamén en Arcade apareceron varias moedas de cobre.
 

TOMIÑO
Villae dos Medos (Currás): Vila tardorromana e necrópole que os seus escavadores identificaron como xermánica. Localizáronse varias tumbas das que se escavaron vinte e unha. Polos datos cos que se contan, non resulta doado saber se se trata dunha necrópole cristiá ou dunha que dura dende a época baixoimperial ata a sueva. Tamén saíron á luz un hipocausto, outras edificacións secundarias, restos cerámicos castrexos, vidros, tégulas con signos, etc. As primeiras escavacións foron efectuadas polo Grupo Arqueolóxico do Baixo Miño no ano 1972. 
Xacemento de Figueiró.  
Xacemento do Espírito Santo (Goián).  
Explotación mineira das Chans de Tebra (Tebra).  
O Burato da Moura ou Buracos dos Mouros: Explotación mineira de época romana. Situada no Alto de Pinzás, ao leste da Serra da Grova. Ten uns 500 metros de longo e 80 de ancho., con gabias mineiras que van máis alá dos 700 metros, practicamente desaparecida pola actividade forestal. En parte foi explotada directamente sobre a rocha. Calcúlase que se recollerían 160 quilos de ouro. 
Torre dos Ratos (O Pazo-Goián): Aquí está documentado un asentamento de época ormana datado entre os séculos I e II d.C. Apareceron tégulas, restos cerámicos, fragmentos con e sen decoración, etc.). Tamén apareceron restos de muros e estruturas de combustión. No século XVII levantouse aquí unha torre de vixiancia durante as guerras con Portugal que xa foi citada por Frei Martín Sarmiento. Coa construción da ponte internacional  no ano 2004 arrasouse gran parte da torre.    
Imaxe: Posible imaxe de Ianus.
 

TUI
Tude/Tyde aparece citado na Historia Natural de Plinio o Vello do ano70 d.C. ("A Cilenis conventus Bracarum Helleni, Grovi, castellum Tyde, graecorum subolis omnia", "Despois dos Cilenos vén o convento Brácaro cos Helenos, Grovios e o castellumm Tyde, todos eles descendentes dos gregos"), na Púnica de Silio Itálico do século I d.C. ("Et quos nunc Gravios violato nomine Graiun Oeneae misere domus Aetolaque", "E aos que agora pola descendencia da saga de Eneas e a orixe Etolia de Tyde lles chaman Gravios, unha vez transformado o nome de Graios"), na Xeografía de Ptolomeo do século II d.C., no Itinerario de Antonino do século III d.C., e no Anómimo de Rávena, recompilación baseada en documentos viarios dos séculos IV-V d.C. ("Limea, Tyde, Bonisana..."). As orixes gregas de Tui foron defendidas por Florián de Ocampo, Pedro de Medina e Bartolomé Sagrario no século XVI, Fr. Prudencio de Sandoval e Felipe de la Gándara no século XVII, e por Joaquín Fernández de la Granja a finais do XIX. Tui sería un núcleo importante do territorio prerromano dos Grovios, pobo citado por Pomponio Mela na súa Chorographia. Fr. Prudencio de Sandoval cría que a orixe de Tui estaba no monte Aloia, logo trasladado ao val. Ouros defensores da orixe grega doron Ceán Bermúdez, Rodríguez Blanco e Noya Picón. Murguía é o primeiro en cuestionar esa hipótese, posicionándose a favor da tese celtista. O núcelo romano de Tude estivo situado nos lugares de Santa Eufemia, Manteigada e Rebordáns. Autores do século XIX mantiñan que en época romana Tui estivo arrodeado por unha muralla.  
Rúa dos Loureiros: Posible asentamento con taller onde se traballaba o vidro, logo abandonado que pasou a ser lugar de enterramento a finais do século VI. Nas escavacións efectuadas no ano 1993 por Acuña Piñeiro saíu á luz unha necrópole tardorromana.
Pazos de Reis: Necrópole romana no lugar da Subida ao Anxo.  
Rebordáns: A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns levantouse sobre unha necrópole romano-sueva. Saírón á luz once tumbas co fondo de ladrillo e as paredes construídas con materiais reaproveitados, datados nos séculos V e VI. Aquí atopouse unha estela figurada datada entre os séculos IV e V. No lugar coñecido como Campogrande atopouse unha moeda de Augusto.  
Inscrición en Rebordáns: Bloque de granito recortado por arriba e polo lado esquerdo, reutilizado en posición horizontal nunha das paredes do piso inferior dunha vivenda en ruínas, próxima á igrexa de Rebordáns: .../CIO.../OS.../VITEA/ANL V(...)".
Inscrición: "CAEPOL ET GENIO/CONVENTUS BRACARAUG(ustanorum)/TI(berius) CLAUDIUS CLAUDIANUS PRAE(fectus)/C(o)HO(rtis)". Atopada en Rebordáns. 
Dedicatoria da Marte (Rebordáns): "MARTI CAI/RIOGIECO/L(ucius) HISPANI/US FRONTO/EX VOTO/SACRUM". 
Ara a Xúpiter: Apareceu formando parte dun muro na parroquia de Pazos de Reis. Trátase do fragmento superior de ara de granito: "[.]OVIA/...".   
Epígrafe (Pexegueiro): Apareceu ao derrubar a Casa do Concello anexa á igrexa parroquial de Pexegueiro. Praca de granito, fragmentada polo lado dereito e inferior que ten unha perforación que non chegou a atravesala nas liñas catro e cinco. En mans particulares, lese: "D M M/RVANA/FLAO M/(...) AVIAM/FLIO A/ P A V M". 
Santa Eufemia: Miliario descuberto no século XIX adicado ao emperador Gaio Mesio Quinto Traxano Decio, datado no ano 250-251 d.C. Aquí tamén se atopou o fragmento doutro miliario anepígrafo dado a coñecer no ano 1852; Ávila y la Cueva, que deu a coñecelo, di que a parte non conservada tería unha inscrición. Ambos os dous custódianse no Museo de Pontevedra. A escavación de Vilaseco no 1996 localizáronse formas de fundición de vidro.
Moedas: de Lépida e Emérita preto da catedral.

 

VALGA
Ara de Martores: Do século I d.C., adicada a Mercurio, atópase na capela de Martores, formando parte da escada. Lese: "MER/CURIO/SEVE/RUS/PRO VO/TO". 
Turris Augusti: Nos lugares de Agramar e Cortinallas, a Universidade de Santiago realizou varias prospeccións destinadas a localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I d.C. 
Epígrafe: "]/AE LIB/ERTIS/[".
Porto do Agro de Xaz: Coñecido tamén como Mercado dos Mouros. A finais do mes de outubro de 2014 confirmouse que os restos atopados serían os dun terceiro porto de época romana identificado no río Ulla, que se sumaría ao espazo Pontecesures-Ponte do Porto e ás Torres do Oeste. Debeu de ter unha vinculación especial co río, aproveitando a chegada de produtos por vía fluvial para logo comercializala cara o interior.  
Setecoros: Capiteis tardorromanos, custodiados no Museo da Catedral de Santiago. De mármore. Núñez apuntou a posibilidade da súa importación, ou ben a súa execución por un taller foráneo itinerante. Schluk sinalou o paralelismo da súa decoración con algúns capiteis andaluces.
Xacemento de Forniños ou Soaviña (Carracido-Cordeiro): Apareceron fragmentos cerámicos e escouras de mineral de ferro.
Xacemento do Gandarón (Cernadas-Setecoros): Descuberto a raíz das obras do gasoducto Valga-Tui. Apareceron tégulas, cerámica común, unha moeda e tres pezas de granito coa superficie puída, unha das cales se pode corresponder cun muíño.
Xacemento da Igrexa Vella (Balleas-Cordeiro): As escavación permitiron datar varias ocupacións ao longo dos séculos. A máis antiga corresponde a un xácigo tardorromano (s. IV), coa estrutura dun muro que foi reaproveitado para facer tumbas paleocristiáns, un forno para a fabricación de metais ou vidros, tégulas, terra sigillata, ladrillos, bronces e un epígrafe tardorromano reutilizada na fachada da igrexa.
 

 

 

VIGO
Ao contrario do que acontece noutras partes de Galiza, as fontes literarias clásicas non fan mención a este importante enclave. Autores do século XIX situaron en Vigo a cidade de Lambrica, citada por Pomponio Mela, dándolle unha orixe céltica ou grega. Tamén localizaban aquí a mansión Vicus Spacorum da vía XX do Itinerario de Antonino, tese defendida xa no século XVIII por Fr. Martín Sarmiento, entre outros, e por un número importante de investigadores no século XX (Monteagudo, Filgueira Valverde, Tranoy...). No plano arqueolóxico, as primeiras referenzas debémosllas a Taboada y Leal (1840), coa localización dos restos do Areal, investigacións que ao longo do tempo se foron estendendo a outras zonas que levan proporcionado abundante información o que está a demostrar que Vigo debía de ser un asentamento romano importante.  
O Fiunchal (Praia de Santa Baia, no Alcabre): No ano 1896, durante a construción dunha fábrica de conservar foron localizados unha estela, ukn mediano de bronce da época de antonio Pío, muíños de man e outras pezas. Nunha escavación de 1995, dirixida por J. Castros, saíron á luz tres tanques de salgadura e muros. No mes de outubro de 2013, denunciáronse varios espolios no xácigo, principalmente de moedas.    
Factoría da rúa Marqués de Valladares.  
Factoría de salgadura da Praza de Compostela.  
Factoría de Punta Borralleiro.  
Villae na praia do Cocho, xunto o Museo do Mar: Hidalgo Cuñarro documentou unha vila romana no ano 1989, cunha cronoloxía entre os séculos III-IV. Ao outro lado do Museo do Mar atópase o chalé Zulueta onde está documentada a existencia dunha necrópole romana.
Villae-factoría da Sobreira (Alcabre).  
Villae de Ríos (Teis). Restos na Praia da Mourisca, colindante co Museo do Mar de Galicia.
No Museo Quiñones de León poden verse as estelas funerarias atopadas no municipio, entre outras as primeiras, descubertas no ano 1953 na rúa Pontevedra, adicadas por Quinto Arrio Mansueto, un rico comerciante proveniente de Clunia (Coruña del Conde-Burgos) que se instalou en Vigo e que posuía negocios relacionados coa industria pesqueira.
Estela de Attilia: "ATTILIA AM/MIO C(ai) F(ilia)/CLUNIENS(sis)/AN(norum) LXX/H(ic) S(ita) E(st) S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)/Q(uintius) A(...) M...) MATRI/(...)I". 
Estela de Alla: "VALERIA AL/LA TITI F(ilia) CLUN(iensis)/AN(norum) XXI H(ic) S(ita) E(st) /S(it) (T(ibi) T(erra) L(evis) Q(uintius)/Arrius MAN(suetus?)/UXSORI(?) (...)". 
Estela de Severa: "D(is) M(anibus) S(acrum)/P(...)/VOA/AN(norum) (.../...)".
Epitafio de Rebilus: "D(is) M(anibus) S(acrum)/PLACIDUS/ET POLLIO/P(atri) REBILO/ANN(orum) LX/R(ecordationis) C(ausa) F(ecerunt)". 
Epitafio de Marítimo: "S(acrum)/D(is) M(anibus)/MARI/TIMO/FILIO/ANN(orum)) XX/V M/ATER POSU/IT IN/P(a)ER/EGR(a)/E".
Castro de Vigo: Atopouse un dedal e unha agulla, despositados no Museo Quiñones de León.   
Praza de Compostela: Jaime Garrido, no seu libro El origen de Vigo, inclúe unha fotografía na que se poden ver os restos dunha fábrica de salgado de peixe de época romana ubicada na Praza de Compostela. No ano 2008, a Dirección Xeral do Patrimonio autorizou o desmonte dos restos (que foron parar a un almacén) xa que considerou que non valía a pena conservalos in situ. A desaparición do xacigo arqueolóxico permitiu que se concluíra un proxecto de rehabilitación dun edificio de luxo.   
Rúa Marqués de Valladares: No ano 2008, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para musealizar a factoría de salgado de peixe que, a día de hoxe (maio de 2011) non se cumpriu. 
Tumba romana: A principios do ano 2016, durante as escavacións no pazo dos marqueses de Valadares, apareceu unha sepultura escavada no chan, semellante ás atopadas no Casco Vello. A novidade a respeito das outras é que nesta apareceron cravos no interior o que indica que o cadáver foi enterrado dentro dun ataúde. A súa cronoloxía apunta a unha romanización tardía. No mesmo lugar saíron á luz tumbas feitas con tégulas e ladrillos de época non moi clara, que iría dende o século III ao VII.  
Villae da Illa de Toralla: Vila tardorromana construída entre os séculos IV e V d.C. na que vivían os propietarios e a servidume. A súa actividade principal era a obtención de sal. A vaixela pintada de grande tamaño atopada na vila, proveniente das costas de Tunicia, amosa tanto o elevado nivel económico dos propietarios como a relación do Vigo primitivo co comercio atlántico e mediterráneo. Do mosaico que decoraba o baño, destruído ao se afundir as columnas que sostiñan o piso, consérvanse numerosos fragmentos. Tamén apareceu unha necrópole, posiblemente da mesma época. A vila foi erixida sobre un antigo asentamento castrexo.   
Torres de Padín: Lugar que amosa o desleixo polo noso patrimonio. Ademais do castelo do século XIV, atopáronse vestixios da ocupación humana da Idade do Bronce, da época dos castros e da romanización. Mais de dous mil anos de historia arrasada polos espoliadores da memoria, encarnados, neste caso, polos que planificaron a construción dunha autoestrada e unha nave industrial sancionada por danar os poucos restos que se conservan.   
Anel Illas Cíes: Século II d.C. Anel de ouro que leva engarzado un nícolo (ágata de dúas capas), decorado cun xabarin macho e sobre el unha inscrición: HEAPRV que podería transcribirse po HE (Iviius-a) ou HE (renius-a) APRU(cunlus) que correspondería ao nome do posesor.     
Castro de Vigo: Nas escavacións do ano 1970 atopouse un as de Traxano.    
Finca Mirambell: Próxima á vila romana de Toralla. O descubrimento produciuse durante as sondaxes coas que se buscaba garantir que as obras do centro de interpretación non danasen ningún resto arqueolóxico sensible. Entre os achados atópase un edificio teitado de carácter residencial, vigas de madeira, restos de cerámica doméstica e vidros o que amosa unha nova vila que, segundo os investigadores, pode ser a máis importante descuberta ata o momento. Ademais apareceu un espazo de carácter funerario. 
No Museo Quiñones de León (Vigo) están expostas algunhas pezas de época romana provenientes da provincia e unha ampla mostra de aras, estelas, ánforas, etc. da cidade de Vigo.
 

 

 

 

 

VILABOA
Miliario de Licinio (Paredes): Adicado ao emperador Caio Valerio Licinio Liciniano, datado entre o 308 e o 324 d.C.  
Miliarios de Paredes: Un, adicado a Carino, foi descuberto a finais do século XIX durante a construción da estrada entre Ponte Valga e Ponte Sampaio, sen que se coñeza exactamente onde se atopaba, se ben hai quen defende que se localizaba en Paredes. Consérvase no Museo de Pontevedra. Un segundo, datado no ano 305, estaba adicado a Caio Valerio Severo: "CAIO VALERIO/SEVERO CA/ES(ari)". 
Miliario de Río Ulló: Do ano 134, foi atopado no ano 1806 ao facer o Camiño Real entre Ponte Valga e Pontesampaio. A interpretación é: IMP(erator) CAES(ar) DIVI TRA/IANI PARTHICI FIL(ius) DIVI/NERVAE NEPOS TRAIANUS/HADRIANUS AUG(ustus) P(ater) P(atriae) PONT(ifex)/MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate) XVIII CO(n)S(ul) III/A L(uco) AUG(usti) M(lia) P(assuum) CIII",  ("O emperador César Augusto Traxano Hadriano, pai da patria, pontífice máximo, desempeñando a décima oitava tribunicia potestade e o terceiro consulado, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva. Milla 103 dende Lucus Augusti"). Custodiado no Museo de Pontevedra.  
Miliario da Ponte do Couto: Do ano 238, adicado a Maximino e Máximo.  
Miliario do 305 ou 306 adicado a Flavio Severo. 
Miliario de Ponte da Valga (Figueirido): Anos 283-285, adicado a Carisio. Recollido polo arcebispo Malvar no século XVIII.   
Miliario de Salcedo: Adicado a Licinio (311-322).  
Vestixios dunha calzada que ía dende Braga a Santiago.
 

VILA DE CRUCES
Castelo de Sulago (Merza): Coñecido tamén como Eira dos Mouros. No lugar levantouse unha torre ou un castelo; apareceron pedras e tellas. Tamén saíron á luz tégulas polo que con anterioridade puido acoller un castro romanizado ou un asentamento romano.  
Mina de estaño de Fontao. 

VILAGARCÍA DE AROUSA

Xacemento de Vistalegre.
Ara: "OPVS MERCENARIII NONM/APVT TE VSQR A OMANR". 
Ara a Neptuno: Atopada por Bouza Brey e Florentino Cuevillas no ano 1940 ao pé do castro de Alobre; fragmentada en dúas metades, custódiase no Museo de Pontevedra. Lese: "NEP/TUN(o)/SACRUM/Q(uintinus?) C(assius ou ilenus?)/E(x) V(oto)/L(ibens) P(osuit)", "Quinto Casio (ou Cileno) dedicoulle, ledo, este altar a Neptuno". 
Ara de Trabanca: O CSIC, da man do profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista Cuadernos de Estudios Gallegos, cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabancas, desaparecida hai máis dun século. A peza foi atopada entre o 1885 e o 1890 na parroquia de Arealonga, perdéndoselle o rastro arredor do ano 1909. Os documentos foron asinados entre 1909 e 1917 por Juan Fernández Gil e Casal, cronista de Vilagarcía, que proporcionan o texto íntegro, as características do soporte e as circunstancias do achado da ara de Trabanca da Torre. A existencia desta ara fora posta en dúbida por varios investigadores. Non hai consenso se estaba adicada ao deus grego Ares, ao romano Xúpiter ou a unha deidade indíxena, teoría esta última apuntada por Blázquez en 1996. Con estas novas achegas, o autor pretende ofertar aos epigrafistas unha serie de documentos inéditos que poidan achegar algo de luz, e animar aos investigadores para realizar novas pescudas na súa busca. No Museo de Pontevedra consérvase unha augada da ara que, aínda que non ofrece novidades acerca da morfoloxía e o epígrafe que reflexa o debuxo custodiado na Real Academia Galega, serve para testemuñar a presenza do manuscrito aínda que non da peza orixinal, na Exposición Rexional Galega de 1909. Presenta unha inscrición votiva na que se le claramente o dedicante, QVINTINVS Q.F., e a fórmula votiva, V. S. L. M. Cando se atopou servía como cuberta parcial dun receptáculo antropomorfo que fErnández Gil cualifica como urna cineraria construído con tégulas e lastras de pedra. (Información extractada recollida de historiadegalicia.gal). 
Necrópole: Cuevillas e Bouza Brey tamén atoparon no castro de Alobre unha necrópole con máis de trinta tumbas de época romana.    
Inscrición (Arealonga): Líase: "AR(...)ONIO?". Segundo os editores da Carta Arqueolóxica de Pontevedra xa estaba desaparecida no ano 1953. Existe unha copia de orixe descoñecida no Museo de Pontevedra. 
Moedas: No castro de Alobre, na parroquia de Arealonga, atopáronse dúas moedas, un as de Antonino Pío e outra de Marco Aurelio. Segundo Cavada Nieto, no concello tamén apareceron outras moedas de Galieno e Constantino.
 

 

VILANOVA DE AROUSA
Achados illados na Praia do Naso. 
O Campanario: Segundo noticia aparecida a primeiros de maio de 2015, o Concello de Vilanova vai escavar a zona do Campanario onde apareceron restos de tégula. Hai anos xa se localizaran moedas de época romana, e no Museo de Pontevedra consérvase un sártego da mesma época. As escavacións tamén servirán para arroxar luz sobre a historia do mosteiro de Cálago (século VII), que a tradición sitúa no lugar do mesmo nome pero que ben se puído ubicar no Campanario, xunto a antiga igrexa.  
Moedas: Apareceron nas proximidades da igrexa de Tremoedo. Segundo Cavada Nieto, apareceron sesenta denarios de Augusto a nome de Caio e Lucio e moedas do século IV. En Tremoedo, máis de 700 moedas de bronce, a maioría dos séculos III e IV, publicadas por Bouza Brey no ano 1955. 
O Carregal (Oubiña): Cando a realización dunha pista para a concentración parcelaria no ano 2013 apareceu gran cantidade de tégula que semella de época romana.



Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Pontevedra)
o noso patrimonio